15 artistas contra a violencia de...

49
cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero Unidade Didáctica para Educación Secundaria

Transcript of 15 artistas contra a violencia de...

cartas de amor:15 artistas contra a violencia de xéneroUnidade Didáctica para Educación Secundaria

AUTORAGloria Isabel Serrato Azat

Esta unidade didáctica baséase na exposición Cartas de Amor: 15 artistas contra a violencia de xénero.Unha produción de El Patito Editorial

para a Secretaría Xeral da Igualdade. Vicepresidencia. Xunta de Galicia

© 2013 Gloria Isabel Serrato Azat, polos textos© 2010 Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Primitivo Marcos, Jack Mircala, Javier Olivares,

David Pintor, Pirusca, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez e Óscar Villán, polas ilustracións

Depósito legal C 183-2013Deseño e maquetación Fausto Deseño Asociados

2013

24 z Actividade nº 7. O amor e a liberdade van da man

28 z Actividade nº 8. Quen ben te quere, farate chorar?

31 z Actividade nº 9. Eu, no teu sitio...

33 z Actividade nº 10. Ata onde?

36 z Actividade nº 11. A relación amorosa

38 z Actividade nº 12. Pódese amar e ser libre á vez

43 z Glosario

47 z Bibliografía

3

4 z Presentación

6 z Introdución

9 z Actividades

11 z Actividade nº 1. Que é ser un home? Que é ser unha muller?

14 z Actividade nº 2. Falemos de amor

16 z Actividade nº 3. O mito do amor romántico

18 z Actividade nº 4. O coidado das relacións

20 z Actividade nº 5. A linguaxe

22 z Actividade nº 6. Que din as cancións?

índice

ALei 11/2007, galega para a prevención e o tratamen-to integral da violencia de xénero, aposta decidi-damente pola prevención da violencia de xénero, e

dedica o capítulo III do título I ás medidas no ámbito edu-cativo. Entre elas destaca o desenvolvemento e difusiónde “proxectos e materiais didácticos actualizados, dirixi-dos a todos os niveis educativos, que conteñan pautas deconduta que transmitan valores de respecto e igualdade,de xeito que se favoreza a prevención de actitudes e situa-cións violentas”.

Nos últimos anos detéctanse moitos casos de relaciónsde parella entre adolescentes cunha forte carga de vio-lencia verbal e incluso física. Na busca de solucións pre-ventivas e co obxectivo de atallar este problema, aSecretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Con-sellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusti-za da Xunta de Galicia puxo en marcha unha serie deaccións encamiñadas a que os e as adolescentes reflexio-nen sobre a existencia de violencia nos seus modos de serelacionaren.

Unha delas foi unha mostra expositiva, titulada “Cartasde amor”, que pretendía establecer un paralelismo entre omundo romántico das primeiras relacións de parella e acrueldade que, ás veces, vai asociada a elas. Para isto, pro-púxoselles a varios e varias debuxantes que plasmasennunha imaxe situacións ou momentos que considerasenviolentos entre adolescentes, co obxectivo de pór demanifesto a necesidade de mudar esas actitudes poroutras nas que prime o respecto á parella. Deste xeito,xurdiron traballos como os dos dous premios nacionais deilustración, Miguel Calatayud, e de cómic, Paco Roca, noano 2009; así como figuras galegas, como Patricia Caste-lao, Pirusca, David Pintor e Óscar Villán. Tamén participa-ron autoras e autores que están acadando grande éxitoentre a xente máis nova, como Eva Vázquez, Javier Oliva-res, Primitivo, Sonia Pulido, Jack Mircala ou Sergi SanJulián, e o deseñador Fausto.

Dada a boa acollida que obtivo a mostra expositiva encada un dos centros educativos nos que estivo presente,na Secretaría Xeral da Igualdade decidimos elaborar, ao

4

presentaciónSusana López Abella Secretaria xeral da Igualdade

Agardamos que este material sexa útil e que sume ungran máis ao esforzo colectivo que nos compete a toda asociedade por educar en igualdade e na non violencia, eavanzar así no camiño a prol da eliminación da violencia dexénero.

amparo da dita mostra, unha unidade didáctica que permi-ta ao profesorado incidir na prevención e abordaxe da vio-lencia de xénero dende o ámbito educativo. Sabemos queeste ámbito é o primeiro e o máis axeitado para traballarnesa liña e para rachar cos tópicos sobre a violencia con-tra as mulleres.

5

A coeducaciónA coeducación está consagrada na lei como transversal, édicir, coa intención de que cada profesor e profesora nasúa aula, na súa materia, eduque recoñecendo a presenzae achegas das mulleres dando e sostendo a vida, así comocreando e contribuíndo historicamente a todos os ámbi-tos do coñecemento.

Este recoñecemento das mulleres e as súas achegas éfundamental para previr unha lacra social profundamenteinxusta e intolerable, como é a violencia de xénero, é dicira violencia que sofre unha muller polo feito de ser muller.

Se miramos cara ao pasado inmediato, hoxe pódenossorprender gratamente a xenerosidade con que un bonúmero de profesoras e profesores abordan, crean ecomparten as súas experiencias coeducativas na aula enas súas materias. Este profesorado nalgúns casos levaanos desenvolvendo un labor coeducativo e, a raíz dadenuncia e sensibilización sobre a violencia cara ásmulleres, empezou a preguntarse sobre as causas da súaexistencia e a necesidade de abordalo tamén dende oámbito da escola.

A s obras que conforman a exposición “Cartas deamor” foron pedidas aos seus autores e autoras,co fin de que ilustrasen o que eles e elas interpre-

tan como situacións ou momentos violentos nas relaciónsentre parellas adolescentes, para facer evidente a exis-tencia desta parte da realidade e como convite “a reflexio-nar, a escoitar o que o corazón nos di, sempre pensandotamén no respecto e na liberdade das persoas que estánao noso lado.”

Este documento é un dobre convite ao profesorado desecundaria: en primeiro lugar a reflexionar en primeirapersoa sobre a violencia e en segundo lugar, a compartiloco alumnado, a través da realización das actividades quese propoñen.

6

introdución

Na escolaUn xesto, un golpe, un insulto, facer que non oes,menosprezar, ameazar, ridiculizar, marxinar...nunha palabra: excluír; todo isto son manifesta-cións da violencia na escola que afectan a cadanena e a cada neno: ao seu corpo, á súa forma deentender o mundo, á súa sexualidade, á visión queteñen de si, á súa dignidade...1

Estas palabras sobre o que é a violencia sérvennos paraabordala dentro do ámbito escolar porque na escola a so-fren as nenas, as rapazas, e os nenos, os rapaces, que nonresponden a un modelo masculino patriarcal. De aí que naescola, para previr a violencia, é moi importante ter enconta que a violencia se exerce tamén cara ao considerado"tradicionalmente feminino" en xeral e con moita virulen-cia cando o expresa un neno ou un rapaz.

Recuperar o sentido orixinal de autoridade na aulaA autoridade, auctoritas, que entre outras acepcións ten ade 'facer crecer', xéraa quen, coa súa sabedoría, a súa es-coita e as súas palabras, favorece que outras, outros, poi-dan manifestar os seus desexos, os seus pensamentos.Implica amor e confianza, sentimentos fundamentais nun-ha relación educativa se queremos que elas e eles nos es-coiten de verdade, nos falen de verdade.

Abordar aspectos tan delicados coma este que preten-demos require unha actitude de disposición e de escoita

Non sabemos con certeza se a violencia de xéneroaumentou pero sabemos que segue existindo. Sabemosmáis e mesmo se condena publicamente. O noso alumnadotamén escoita noticias sobre o tema e participa en actosconmemorativos, como o día 25 de novembro, que se de-senvolven na actualidade en numerosos centros educati-vos. Entón, que pasa para que entre adolescentes sereproduzan certas condutas? É necesario responder ápreocupación dunha parte do profesorado acerca dasactitudes de certo alumnado que repite modelos que,segundo o mesmo profesorado, “se consideraba que esta-ban superados”.

7

1 Graciela Hernández Morales,

Prevenir la violencia. Una

cuestión de cambio de actitud.

Cuaderno de educación no

sexista nº 7. Instituto da Muller.

Madrid 2006

mentos. Por exemplo, algunhas das palabras e expre-sións que se usan para dicir que algo é agradable ou quealgo é aburrido, ou as que se seguen empregando paranomear as relacións íntimas ou os corpos e as súas dife-rentes etapas, especialmente o corpo e os procesos doscorpos femininos, son palabras e expresións cun altocontido sexista.

Cando se suxire que non se debe dar nada por suposto,faise referencia a que tamén a experiencia do traballo conalumnado adolescente, nos evidencia que nun grupo haigran diversidade e, ás veces, atopamos con aquela ou conaquel que ten algo que dicir, algo que ensinar tamén aogrupo. Cada ser é singular e único. Cada alumna ou alumnoten unha experiencia que contar e, ás veces, se creamos ascondicións, se dedicamos o tempo e abrimos o espazo pa-ra a comunicación e o intercambio, recibimos sorpresasagradables, experiencias que seguramente as súas com-pañeiras e compañeiros escoiten, reflexionen sobre elas epoidan chegar a compartilas.

exquisita, é dicir, non se debe dar nada por suposto. Nunprimeiro momento, o alumnado, cando se formulan deter-minadas situacións, pode dar a resposta doada ou estere-otipada. Non obstante, a experiencia do profesorado e demoitas persoas que traballan con adolescentes ensínanosque detrás da súa actitude, das súas expresións, casesempre hai outros sentimentos que non manifestan pordiferentes razóns. Pode ser que nunca llelo preguntasen.Pode ser que non queiran significarse ante o grupo ou po-de ser que non encontren as palabras para expresar o queverdadeiramente queren dicir.

Escoitar é o único xeito que temos para ensinarlles ta-mén a escoitarse e expresarse sen medo. É necesarioque elas e eles entendan o sentido e o significado daspalabras ou expresións que usan e o que hai detrás detodo isto. Non lles pasa soamente a adolescentes; aspersoas adultas temos tamén a experiencia de descu-brir que algo que dicimos ou facemos oculta un sentido,non expresa precisamente os nosos verdadeiros senti-

8

muller, de relacionarse preguntando e contestando aopropio desexo, indagando no que significa ser libres.

Tamén estas actividades queren facilitar o inicio dunhatoma de conciencia sobre a necesidade de ter palabraspara nomearnos e nomear o amor, a sexualidade, os de-sexos, as relacións... e facelo ‘dende si’ e intercambiandocoas outras e os outros.

Contido das actividadesCada proposta desenvólvese a partir da obra e o seu

título. Así mesmo, dáse un nome á propia actividade, comoorientación. O obxectivo descrito en cada unha enmárcasenos obxectivos propostos anteriormente: coñecer, com-prender, buscar palabras para nomear dende si os senti-mentos, máis alá do estereotipo ou dos mitos e falsascrenzas sobre as relacións de parella.

As palabras e conceptos clave para o desenvolvementode cada exercicio ou actividade están contidos no glosa-rio. Outras palabras clave poden consultarse no dicionariocomo parte da actividade que se propón realizar.

O apartado de consideracións previas indica a cada pro-fesor ou profesora aspectos que debe ter en conta pararealizar e desenvolver a proposta. A mesma obra, en casetodos os casos, dános detalles, palabras, expresións, apartir das cales podemos orientar o alumnado.

En cada actividade suxírese ao profesorado un tempopara o seu desenvolvemento e os materiais. Por suposto,a creatividade e o facer particular de cada profesora ou

As actividadesAs actividades propostas teñen como primeiro obxectivoproporcionar ao profesorado recursos que dun xeito sin-xelo lle facilite coñecer de primeira man que pensan e sen-ten as súas alumnas e alumnos e como o expresan. Así,poderase continuar afondando, partindo das súas propiaspalabras e dos seus propios sentimentos.

Pódese abordar o tema da violencia cara ás mulleres dendediferentes perspectivas. Non obstante, se o que queremos éprevir esta violencia, é fundamental indagar nas súas causas.A denuncia e a sensibilización teñen un papel moi importan-te e, por suposto, non se deben descoidar. Ao tempo, debe-mos abordar a prevención dende as situacións que asrapazas e os rapaces poden ter máis preto e que, polo tanto,lles faga máis comprensible como se coa a violencia.

É algo xeral que, tratándose de rapazas e rapaces en for-mación, cando abordamos a violencia —visibilizando aextrema que se exerce nos corpos das mulleres e a mortede tantas ás mans das súas parellas e ex-parellas— oalumnado a condene. Pero, ademais disto, é importanteque se pregunte en primeira persoa, que indague sobre asúa orixe, para que sexa capaz de chegar a ver que a violen-cia de xénero está profundamente ligada a un xeito deentender as relacións baseado en mitos, falsas crenzas,malas maneiras de entender o que é un home ou o que éunha muller e o que é unha relación amorosa.

Por isto, nalgunhas actividades suxírese invitalos a pen-sar acerca das infinitas maneiras de ser home e de ser

9

sen, o falen entre elas e eles e intercambien dende o seuser muller ou ser home. Só algunha actividade propón areflexión individual de diferente xeito a rapaces e a rapa-zas, pero sempre hai lugar para o intercambio entre unhase outros.

É recomendable que quen coordine a actividade o fagacomo moderadora ou moderador, especialmente intentan-do manter centrado o interese na actividade: mediarcando haxa necesidade de aclarar un termo e dar medidaou poñer límite cando se crea que se debe facer. En todocaso, hai que saber escoitar a necesidade de continuarafondando, para o que ofrece ao final unha bibliografíacomentada á que se pode acceder a través de Internet.

profesor e tamén a singularidade de cada aula, de cadamateria ou titoría e de cada grupo será o que sinale ostempos. Suxírense entre unha ou dúas sesións ou clases;non obstante, isto dependerá da conformación do grupo,número de alumnas e alumnos, nivel académico, ámbito, eserá a profesora ou o profesor quen determine a conve-niencia da súa duración.

Case todas as actividades se expresan en masculino e enfeminino. A escola mixta é un lugar privilexiado para asrelacións, no sentido de que é o ámbito onde o alumnadoten a oportunidade de aprender a relacionarse co outrosexo e por iso é conveniente que ante situacións quepoden darse, e de feit0 se dan, entre adolescentes, o pen-

10

Conceptos clavesexo – xénero – diferenza sexual – estereotipos

ObxectivoInvitar o alumnado a comprender o significado destas pala-bras e propoñerlle a liberdade que entraña comprender adiferenza sexual, é dicir, o sentido e significado que cadamuller dá ao feito de pertencer ao sexo feminino e que ca-da home dá ao feito de pertencer ao sexo masculino.

Consideracións previasA obra de Óscar Villán ofrécenos unha parella en que o vo-lume das figuras é significativo. Aínda que nos ensina ou-tras características, tomaremos simplemente o primeiroque aparece á nosa vista: un home e unha muller.

Xeralmente asignamos actitudes e prácticas diferentesa un e outro sexo. E, se ben é certo que hai prácticas quehistoricamente foron máis femininas que masculinas ouviceversa, tamén é certo que en moitos aspectos da vida,

11

Actividade nº 1Que é ser un home? Que é ser unha muller?

IlustraciónSen títuloAutorÓscar Villán

responderon ao que socialmente era ou non admitido. Unexemplo moi claro encontrámolo na historia do acceso áeducación para as mulleres.

Trátase de analizar en compañía do alumnado as razónspolas que asignamos características diferentes segundo setrate dunha muller ou un home, a pesar de seren sentimen-tos ou prácticas que poden estar presentes nun ou outra.

Trátase principalmente de que perciban a liberdade deque todo home e toda muller debe gozar para realizar oseu desexo máis alá dos estereotipos e, polo tanto, aimportancia da igualdade de oportunidades.

Desenvolvemento da actividadeTempo: unha sesiónMateriais:

z cartolinas para as siluetas e os bocadillosz un enceradoz cinta adhesivaz rotuladores e tesoiras

Previamente, quen coordine a actividade decide se pre-parar as siluetas e bocadillos para pegar no encerado oupedirlle ao alumnado que o faga.

Repártense os bocadillos coas frases propostas ououtras...

Cada profesor ou profesora ou quen coordine a activida-de poderá achegar frases que lle parezan axeitadas ou que

12

sería interesante propoñerlle ao alumnado, tendo enconta o uso dunha linguaxe inclusiva, por exemplo “sonunha persoa meticulosa”.

Outras frases poden ser:z Encántanme as películas de acciónz Gústame escribir poesía.z Dánseme moi ben os arranxos domésticos...

Podemos incluír frases que teñan, por exemplo, profe-sións.

Pegamos as siluetas no encerado e repartimos os boca-dillos a cada alumna e a cada alumno. A continuación,pedímoslles que coloquen o bocadillo que aleatoriamentelles tocou na silueta feminina ou masculina segundo llespareza.

Pode pasar que alguén diga, porque lle parece ou porqueo cuestiona alguén do grupo, que hai algo que poderíadicir ou sentir calquera das dúas siluetas. Neste caso,pedímoslle que a coloque no medio.

Ao rematar de colocar os bocadillos analizaremos cadafrase, co obxectivo de que reflexionen se estes sentimen-tos ou habilidades son exclusivos dun sexo, invitándoos acontarnos outras realidades ou dándolles exemplos quemostren o contrario. A continuación, podemos falar conelas e eles do que é sexo, xénero, diferenza sexual, este-reotipos.

SON UNhA PERSOA TENrA.

dánseme Moi BenoS LABORES Da CASA.

GUSTARÍAmeFORMAR UNhA FAMILIA.

NOn TEñOMoitA FoRZA FÍSICA.

O QUE MÁiSME GUSTA é BAILAR.

ENCáNTANme ASPELÍCULAS ROMÁNTICAS.

CONSIDéROmeMoi VALENTE.

SOn INDEPENDENTE.

SOn SENTIMENTAL.

SOn UNhAPERSOA CREATIVA.

13

Conceptos claveAmor - simbólico

ObxectivoOfrecer ao alumnado a través da análise destes símbolosque se pregunte individualmente e logo en diálogo coassúas compañeiras e compañeiros cales son as súas pro-pias representacións ou símbolos para o amor.

Consideracións previasNesta obra, o seu autor, Miguel Calatayud, plasmou unhaserie de símbolos que representan a violencia debuxandoun trono, un látego, un grifón... así como a un home e a unhamuller.

Faremos unha busca das propias imaxes que hai no nososimbólico sobre o que significa o amor e iniciaremos a

14

Actividade nº 2Falemos de amor

IlustraciónRomper a cadea que o unía a el doíalle, pero, sen dúbida,aquela dor ía resultar moitomenor que a que sentiu candorompeu o seu corazón.AutorMiguel Calatayud

Trata de recordar un momento da túa vida en que tesentiches querida ou querido, xa fose na familia,nunha relación de amizade, amorosa ou nunha rela-ción educativa. Con que imaxe, con que xesto, palabraou símbolo representarías esa sensación?

Despois de describir este recordo, fíxate na imaxe quevimos e contesta a estas preguntas:

z Que cres que está a pasar nesta parella?z Que símbolos de amor hai no cadro?z Que símbolos interpretas como violentos?z Como cres que se sente ela?z Como cres que se sente el?

Cando rematen de responder, pídeselles que formengrupos para elaborar unha colaxe coas palabras, imaxes,xestos, signos que expresasen nas súas respostas, pegan-do os recortes e letras.

Podemos orientalos propoñéndolles unha imaxe, obxec-to, palabra ou representación que escollerían para ilustrarunha tarxeta para a persoa de quen na realidade, ou facen-do un exercicio de imaxinación, están ou estarían namora-das ou namorados.

Finalmente, poderemos deixar exposta a colaxe e reco-lleremos as respostas individuais que nos orientaránsobre aquilo en que sería conveniente seguir afondando.

conversación sobre o que chamamos simbólico; un con-cepto esencial para entender algo profundamente ligadoá violencia cara ás mulleres ou violencia de xénero, como éunha orde simbólica patriarcal que aniña nalgunhas con-cepcións e prácticas das relacións entre homes e mulle-res. É dicir, unha orde xerárquica das relacións que, porunha parte, dá valor ao significarse co poder e, por outra,implica a submisión ou sometemento.

O termo simbólico, podemos aclaralo remitíndonos aoutros símbolos ou sinais da vida cotiá. Un exemplo podeser cando entramos nunha aula de infantil e a recoñece-mos polos debuxos e adornos que alí encontramos.

Desenvolvemento da actividadeTempo: unha sesiónMateriais:

z Fotocopias individuais coas preguntas.z Revistas para recortar letras ou imaxes para acolaxe, que se traballará en grupos, preferiblementedas revistas xuvenís, que estean ao seu alcance.z Cartolinas, tesoiras e pegamento.z Rotuladores

Despois de proxectar a imaxe, propoñer e explicar aoalumnado os conceptos de amor e de simbólico (glosario),repártense os folios coas preguntas a cada alumna e acada alumno para que contesten de forma individual eanónima:

15

Concepto clave: Mito

ObxectivoAfondar co alumnado na comprensión do simbólico e en-tender a importancia de preguntarse a si mesma, a si mes-mo, sobre os seus propios sentimentos e relacións e oxeito de expresalos máis alá dos mitos, como o do amor ro-mántico, que pode facernos pensar que “amar unha persoaé ter ollos só para ela”.

Consideracións previas:A imaxe que nos ofrece Patricia Castelao pódenos remitirao final dunha película, ou dun daqueles contos infantísque remataban “E foron felices”.

A autora tamén, a xeito dun rastro que vai deixando aparella, mostra obxectos que parecen ir caendo dun bolso,que claramente é o dela. Este rastro a algunha xeraciónpódenos recordar aquel bolero que cantaba: “Si tu medices ven, lo dejo todo... ”.

16

Actividade nº 3O mito do amor romántico

IlustraciónNon te esquezasAutoraPatricia Castelao

Proxectar a imaxe e propoñerlles que digan o que crenque nos quere dicir a artista, dándolles pistas sobre osobxectos que hai no rastro.

Repartir os folios individuais coas seguintes preguntas,que serán respondidas de xeito anónimo.

z 1. Pensa na túa mellor amiga ou amigo e, pensandonela ou nel, escribe por que o queres?z 2. Pensa na túa afección ou deporte preferido e escri-be por que che gusta?z 3. Estarías disposta ou disposto a deixar de lado atúa mellor amiga ou amigo? Por quen?, por que?z 4. Estarías disposta ou disposto a abandonar a túaafección ou deporte preferido? Por quen?, por que?z 5. Alguén a quen queres e que te quere deixoute delado porque se namorou?z 6. Se vises que a túa amiga, o teu amigo, ou alguén datúa familia, empeza a deixar de lado as súas amizades,as súas afeccións, o seu deporte preferido, porque sóquere ir co seu noivo ou coa súa noiva, que lle dirías?

Cando rematen de contestar, en grupos preferiblementemixtos, propoñémoslles que comenten as súas respostasentre elas e eles e que completen o título da obra:

Non te esquezas de...

Quen coordine a actividade, ou unha ou un voluntario,pode ir escribindo no encerado ou cartel as palabras queexpresen os grupos.

Hoxe tamén algunhas cancións, algunhas películas,algúns contos falan da relación amorosa dende esta cren-za que é o “mito do amor romántico”. A xeito de exemplopodemos mencionar cancións como “Sin ti no soy nada” oupelículas que triúnfan entre mozos de ambos os doussexos como Tengo ganas de ti ou Crepúsculo.

Estas concepcións estereotipadas do amor reforzan aexistencia deste mito. Por iso é necesario abordar o que éun mito, aprender a preguntarse sobre o propio desexo ebuscar as palabras para expresalo, para dicir realmente oque se sente.

Despois do bico, despois do matrimonio fastoso doscontos, as relacións poden ir ben ou poden ir mal. Non setrata de rexeitar unha relación amorosa de parella ou crerque as cousas deben rematar mal. Trátase de pensardende a propia realidade, a do propio ámbito, onde vemose coñecemos parellas, mesmo de moitos anos, que sosti-veron e conservan unha relación amorosa.

Con esta actividade, de xeito creativo, damos a oportu-nidade ao noso alumnado de valorar os seus propios gus-tos e relacións e de reflexionar sobre como unha relaciónnon se sostén por arte de maxia, porque, cando isto se cre,pode carrexar frustracións a quen ve que as cousas nonsaen como estaba previsto.

Desenvolvemento da actividade:Tempo: unha sesiónMateriais: fotocopias individuais coas preguntas.

17

Palabra claveCoidar

ObxectivoRecoñecer a propia capacidade para o coidado e a impor-tancia desta actitude en calquera tipo de relación.

Consideracións previasO título desta obra ofrécenos moitas posibilidades parafalar do coidado. Ademais, o seu autor, Jack Mircala, falaclaramente do amor como un don ante o cal sentir gratitu-de, tenrura, ilusión. Calquera destas palabras podería serclave. Non obstante, ao remitirnos claramente ao regalo eao coidado que debemos ter ao abrilo, ofrécenos afondarsobre esta palabra que nos acompaña dende o nacemento,

18

Actividade nº 4O coidado das relacións

IlustraciónO amor é un agasallo, non unha esixencia, e os agasallosnon se abren bruscamente,senón con gratitude, con tenrura, con ilusión.AutorJack Mircala

Desenvolvemento da actividadeTempo: unha sesiónMateriais:

z fotocopias individuais coas preguntasz folios para que escriban o que van conversandono grupo

Pedímoslles que coas súas propias palabras e indivi-dualmente escriban nun folio o que nos quixo dicir o artis-ta. Estás de acordo? Por que? Non estás de acordo? Porque?

A continuación, dividida a clase en grupos, propoñémos-lles que conversen sobre unha experiencia persoal en quecoidaron de alguén ou recibiron coidado.

Cada grupo acorda a situación ou situacións que lleparecen máis claras para explicar o coidado e nomea unhaou un voceiro para que logo o expoña en gran grupo.

Finalmente, quen coordine a actividade escribirá noencerado palabras con que queiran completar a seguintefrase:

Coidar a relación é...

que é tamén cando se inicia a nosa aprendizaxe do amor...Todas e todos, dende pequenas e pequenos, temos a

experiencia de ter coidado e tamén ter desatendido, unhaplanta, unha mascota, un xoguete...

Unha simple metáfora para levalos a formularse como asrelacións tamén requiren de coidado, do propio, do outroou da outra. É dicir, coidarse coidando.

19

Concepto claveComunicación

ObxectivoCompartir co noso alumnado a necesidade de afondar nalinguaxe. Tomar conciencia da importancia das palabras eexpresións para comunicarnos e a violencia que conteñenmoitas das palabras que utilizamos.

Consideracións previasA partir desta ilustración, na que vemos unha muller nocentro dunha serie de palabras e expresións de menospre-zo que a envolven, podemos establecer un diálogo sobrecomo falamos e o xeito en que, ás veces, exercemos vio-lencia ao dirixirnos non só á parella senón tamén a un com-pañeiro ou compañeira.

20

Actividade nº 5A linguaxe

IlustraciónO maltrato non sempre deixapegadas visibles. A violenciaverbal atrapa e anula a persoamaltratada.AutoraPirusca

Desenvolvemento da actividadeTempo: unha sesiónMaterial

z folios e dicionario de sinónimosz fotocopias da ilustraciónz fichas de cartolinaz rotuladoresz pegamento

Dividida a clase en pequenos grupos, pedímoslles quebusquen sinónimos das palabras solidariedade, benestare alegría. A continuación, cada grupo elixirá os sinónimosque máis lle gusten buscando o consenso, máis que amaioría. Pode ser que a varias ou a varios lles guste amesma palabra ou que a todo o grupo lle gusten todas aspalabras.

A continuación pedímoslles que escriban os seus sinóni-mos preferidos nas fichas de cartolina e que as vaian colo-cando no encerado.

Sairán moitas palabras para expresar estes tres senti-mentos e orientaraos sobre a cantidade de palabras quenos ofrece a nosa lingua para expresar un sentimentoagradable, indicándolles tamén que para expresar os sen-timentos de malestar hai tamén moitas palabras que nonnecesariamente insultan ou menosprezan.

Finalmente, pedímoslles que cada grupo recorte a silue-ta da rapaza da pintura e cambie as palabras despectivaspolas que lles pareza que poderían ir arredor da imaxe.

Podemos facer tamén un exercicio que os leve a com-prender a importancia da empatía nas relacións. Todas etodos temos experiencias de malestar cando nos dixeron,ou nos din, determinadas palabras. A pregunta clave écomo me sinto?

Traballar coas palabras é moi importante non só paratomar conciencia do maltrato nunha parella senón que éconveniente saber que, se non queremos maltratar, nondebemos usar esas palabras ou insultos que moitas vecesexpresamos no noso xeito cotián de falar.

21

Concepto claveSimbólico

ObxectivoAnalizar o que nos transmiten certas cancións “román-ticas” contribuíndo así a soster o mito do amor román-tico.

Consideracións previasA ilustración deste pintor é moi explícita, unha muller apunto de ser devorada e na súa cabeza a expresión es miña.

O autor proponnos tamén un pensamento cuxa idea é apenetración lenta nas nosas mentes de pensamentos quenos anulan. A rapaza da ilustración parece que só chegasea concibirse a través de quen a ameaza.

22

Actividade nº 6Que din as cancións?

IlustraciónComo unha gota malaia, cala na nosa mente a idea deque non somos nin valemosnada, só o que nos permita omonstro que nos acompaña.AutorSergi San Julián

Películas, publicidade, cancións seguen sostendo mode-los de muller submisa, modelos de home poderoso, mode-los que xa sabemos que son piares dun sistema patriarcalque continúa orientándonos a dar valor ao poder, á propie-dade, á xerarquía entre os sexos.

A través da letra dunha canción de xénero “romántico”, docantante de éxito Alejandro Sanz, analizaremos este sen-timento de posesión sobre a parella.

Desenvolvemento da actividadeTempo: unha sesiónMateriais

z fotocopias coas preguntasz fotocopias coa canción

Despois de ler a letra desta canción propoñémoslles aspreguntas:

z De que sentimentos cres que fala esta canción?z Con que palabras manifesta amor?z Que cres que pasa nesta relación da que fala acanción?z Que sentirías se alguén che dixese que es súa?z Para expresar o teu amor diríaslle a alguén que éda túa propiedade?z Gustaríache que alguén che expresase amordicíndoche que es da súa propiedade?

23

Ya estoy aquí, otra vez ensayandoUna nueva despedida.Aquí animándome a dar,El primer paso de mi huída.Colgado de tu melena,atado a ti por cadenas,a ti, a ti.Maldito deseo.Mi voluntad envenenas,llenas de ti mi existencia, de ti por ti.No puedo creerlo.No puedo creerlo no.

Pero eres mía, tan fuertemente mía,que hasta me siento un ser injusto y

egoísta.Pero quería decirte un hasta siemprey sin embargo he suplicado,quédate siempre a mi lado,los dos juntos, contra el resto del

mundo.

Yo que ensayé mi discurso,y de memoria lo sabía.Hoy frente a ti,me quedo en blanco,y las frases se me olvidan.

Me miras y me terminas.Me rindo cuando suspiras,por ti, por ti.Y otra vez me ganas.Vuelve a engancharme tu risa.Me atrapas en tu camisa, en ti en ti.Me pueden tus labios.Me pueden tus labios, no.

Y te quiero mía, profundamente mía,aunque sea en esta calle sin salida.Siempre tan mía, intensamente mía,Aunque sé que es una locura que nos lía,ir los dos juntos por la vida,Contra el resto del mundo (bis)

Canción Eres mía

Alejandro Sanz

Concepto claveConflito – amor – ser libre

ObxectivoTomar conciencia da propia necesidade de atopar as pala-bras para expresar os nosos sentimentos e a importanciados sentimentos e necesidades do outro, da outra, pararesolver os conflitos sen violencia, así como abordar coalumnado os celos como unha falsa expresión do amor, xaque o desexo de control, de imposición, de posesión noncabe na relación amorosa.

Consideracións previasA obra de Primitivo ilustra unha situación que podería pa-sar nun instituto e ofrécenos un texto que vai máis alá, ex-presando con palabras a súa propia visión do amor.

24

Actividade nº 7O amor e a liberdade van da man

IlustraciónO amor non somete, nondomina… O amor conforta,axuda, dá calor.AutorPrimitivo

profesorado para abordar a educación afectiva e sexualcon alumnado de secundaria; publicado polo InstitutoAsturiano da Muller e incluído na bibliografía comentadaque acompaña estas actividades.

Cando falamos de celos, non abonda con dicir que nin-guén é dono nin dona de ninguén. Non abonda con dicirque os celos non son bos, os que queremos tratalo coalumnado teremos que fiar moi fino. Dicilo, non abonda. É necesario que elas e eles cheguen ás súas propias con-clusións e, especialmente, sintan a importancia de apren-der a expresar os seus sentimentos, todos, os positivos eos negativos, estes últimos sen violencia.

Por tanto, aproveitando a relación educativa que creá-semos na aula, o oportuno é buscar con elas e eles quedescubran, se non o fixeron xa, que a violencia non cabenunha relación amorosa; dito doutro xeito, que cando secoa a violencia xa non hai amor, o amor e a liberdade vanda man.

Ao proxectar a imaxe, debemos recordarlles que o artis-ta ilustra un momento de violencia nunha parella e que,tendo en conta isto, imos analizalo.

A través das posturas e xestos dos rapaces e a rapaza,podemos invitalos a elaborar unha historia en que poñannome a estas actitudes e manifesten o que elas e eles farí-an para evitar o sentimento de rabia que parece invadir orapaz debuxado en primeiro plano.

Xeralmente, ao tratar sobre as relacións de parella enque se coa a violencia, é común que afloren falsas crenzascomo a que expresa que os celos son unha manifestacióndo amor. Non só en adolescentes, elas e eles en boa medi-da están a repetir o que aprenderon, o que oen dicir, o queven e escoitan nalgunhas películas, algunhas cancións,algunha literatura. Esta é a razón para que falemos doscelos nunha segunda sesión a partir de dúas situacións,que parten da proposta de “Ni ogros ni princesas”, un dosmellores e máis completos documentos realizados polo

25

Desenvolvemento da actividade 2:Tempo: unha sesiónMateriais

z fotocopias individuais co caso 1 e as preguntaspara as rapazas.z fotocopias individuais co caso 2 e as preguntaspara os rapaces

Desenvolvemento da actividade:Repartidas as fotocopias correspondentes a cada rapa-

za e a cada rapaz, pedímoslles que individualmente leancon atención e contesten as preguntas dentro do tempoque quen coordina considere conveniente.

A continuación, en pequenos grupos mixtos, pedímosllesque intercambien os seus casos e respostas e acordencales serían, entre todas as respostas, as que consideranmáis sensatas, para que unha ou un voceiro as expoña aoconxunto da clase.

z CASO 1: Óscar e Ana coñecéronse hai seis semanas edende entón saen en parella. Este sábado quedaran áscinco para ir ao cine. Cando Ana xa está preparada parasaír, Óscar chámaa por teléfono e dille que está cosseus amigos e que, como hai moito tempo que non osve, lle gustaría saír esa tarde con eles, porque van verun partido de fútbol xuntos.

Ana dille: “Moi ben, vaite con eles, pero a min non mevolvas chamar”.

Desenvolvemento da actividade 1:Tempo: unha sesiónMateriais

z fotocopias co concepto 'conflito' que se propón(glosario)z fotocopias da imaxe para cada grupoz folios para escribir a historia

Desenvolvemento da actividade:Dividida a clase en pequenos grupos, preferiblemente

mixtos, repartimos as dúas fotocopias nas que lles propo-ñemos:

Creade un relato cos que aparecen nesta ilustración.Podedes poñer nome aos personaxes e ao que pasa, tendoen conta:

z Unha descrición da situación que ilustra apintura.z Que credes que lle pasou ao personaxe queaparece en primeiro plano para sentirse así?z Credes que hai algún conflito? cal podería ser?Podedes guiarvos por unha situación que vivisealguén a quen coñecedes.z Que saídas encontrades para solucionar esteconflito sen violencia?z Se se trata de dialogar, podedes inventar undiálogo entre personaxes.

26

z CASO 2: Óscar e Ana coñecéronse hai seis semanas edende entón saen en parella. Este sábado quedaran áscinco para ir ao cine. Cando Óscar xa está preparadopara saír, Ana chámao por teléfono e dille que estácoas súas amigas e que, como hai moito tempo que nonas ve, lle gustaría saír esa tarde con elas, porque vanver un partido de baloncesto xuntas.

Óscar dille: “Moi ben, vaite con elas, pero a min nonme volvas chamar”.

z Que cres que sente el? E ela?z Por que cres que ela actuou así? E el?z Teñen dereito a actuar como actuaron estas dúaspersoas?z Que alternativas darías a cada unha das dúas perso-as para que poidan solucionar o seu conflito?

z Que cres que sente el? E ela?z Por que cres que ela actuou así? E el?z Teñen dereito a actuar como actuaron estas dúaspersoas?z Que alternativas darías a cada unha das dúas perso-as para que poidan solucionar o seu conflito?

27

Concepto claveBenestar

ObxectivoInvitar o alumnado a cuestionar os mitos e crenzas.

Consideracións previasSonia Pulido invítanos, a través da súa ilustración, a fixar amirada en varios elementos a partir dos cales manifestasentimentos e condutas e dá á súa obra o título da activi-dade, frase repetida que aínda persiste en moitas mentes,e forma parte do simbólico sobre o amor.

O mito do amor romántico exprésase tamén a través defrases que non é excepcional escoitar non só en adoles-centes, tamén en persoas adultas como por exemplo: “é amiña media laranxa”.

Frases coma esta serven para propoñerlles, mesmo dexeito divertido, que se imaxinen como medias laranxas sal-

28

Actividade nº 8Quen ben te quere, farate chorar?

IlustraciónQuen ben te quere, faratechorar?AutoraSonia Pulido

Desenvolvemento da actividadeTempo: unha sesiónMateriais:

z Fotocopias coas preguntas

Explicamos ao alumnado o que é un mito e preguntámos-lles se coñecen algún mito ou algunha frase que se refira aalgo que elas ou eles pensen que é unha falsa crenza. A continuación, dicímoslles como falsas crenzas se insta-lan nas nosas cabezas e os nosos corazóns como produtode ideas preconcibidas.

Propoñémoslles que individualmente lean a fotocopiaque lles damos e que escriban algunha outra frase moiconcreta.

Logo, repartimos a clase en pequenos grupos, preferi-blemente mixtos, e propoñémoslles que, tendo en conta oque escribiron, completen a frase:

Quen ben me quere...

Cada grupo escollerá unha ou varias frases que escribiráno encerado quen coordina a actividade ou unha volunta-ria ou un voluntario.

tando polo mundo buscando a outra media. E preguntar-nos con elas e con eles se quererse de verdade é adaptar-se á outra persoa e encaixar á perfección. Por exemplo,cambiar a forma de vestir porque ao noivo ou á noiva nonlle gusta. A ilustración dános unha pista sobre isto.

Se entendemos así a relación amorosa, seguramenteaquilo que non “encaixe perfectamente” nos gustos dunhaou doutra das persoas que forman unha parella terá efec-tos negativos. Por exemplo, na ilustración, ela, para que elnon pense que non o quere, renunciará aos seus gustos. Elcrerá que é unha verdadeira proba de amor a renunciadela.

Por todo isto, é necesario saber que facemos e como nossentimos na propia relación e aprender a poñer palabraspara expresalo, preguntándonos que queremos dunharelación de parella, máis alá de frases ou pensamentosestereotipados.

29

30

Quero

que me escoite e me pregunte cando non estea de acordo comigo

que se comporte comigo igual en público que en privado

que non me estea a chamar ou envíe continuamente mensaxes para saber onde estou

que se desculpe cando cometa un erro

que entenda que hai outras persoas coas que tamén me gusta estar

que respecte os meus gustos e afeccións

que...

que...

que...

que...

que...

que...

que...

Concepto claveEscoita

ObxectivoTomar conciencia da importancia de escoitar e de que nosescoiten, especialmente nunha relación que queremosconservar.

Consideracións previasA ilustración e a frase de Paco Roca que a acompaña suxi-ren claramente un xesto que pode quedar aí ou pode signi-ficar algo máis que calar. Pensando na necesidade dodiálogo para resolver os conflitos sen violencia, ademaisde encontrar as palabras para dicir, é imprescindible a es-coita.

Non me estás a escoitar!, talvez o dixemos ou nolo dixe-ron nalgún momento. Non escoitar ou escoitar a mediasnon permite entrar nun verdadeiro diálogo.

31

Actividade nº 9Eu, no teu sitio…

IlustraciónQuen te quere nunca debepecharche a bocaAutorPaco Roca

Tamén oímos expresións como “cala”, “caladiña estásmáis guapa”, “ ti que sabes! ”... Non é agradable escoitalas e,dende logo, nunha relación amorosa non teñen cabida,especialmente pensando no sentido que nos suxire o pin-tor.

Partindo dun pequeno relato, que podería aparecer nunconsultorio dunha revista xuvenil, propoñeremos ao nosoalumnado analizar a situación e aconsellar a quen escribea carta.

Desenvolvemento da actividadeTempo: una sesiónMateriais:

z fotocopias co pequeno relatoz folios para as súas respostas

Contesta a esta carta tendo en conta:z A importancia que ti dás a escoitar e a que teescoiten.z O que farías ti se estiveses no seu lugar ou o quefarías ti se foses a amiga a quen o seu noivo nonescoita.

Eu, no teu sitio, diríalle á túa amiga ...Eu, se estivese no sitio da túa amiga,

32

Carta ao consultorio dunha revista:

Unha das miñas mellores amigas que ten 15 anos,coma min, leva 3 meses saíndo cun rapaz dun cursosuperior.

Ao principio todo era xenial, el é moi guapo e a miñaamiga estaba moi contenta porque se fixara nela. Nonfacía máis que contarme, fulano isto, fulano o outro...

Agora cando lle pregunto non me dá a lata coma an-tes e case non me conta nada. Como hai días que nona vexo e agora noto algo raro, insistinlle e díxome queel empezou a cambiar, que xa non a escoita coma an-tes e que só quere falar dos temas que a el lle intere-san. Parécelle que todo o que ela di é infantil, vaia!que onte lle soltou 'caladiña estás máis guapa'. Nonsei, paréceme que algo máis pasa. Ultimamente casenon a vexo... Non sei que dicirlle, é a miña amiga den-de hai moito tempo e dáme pena que o estea pasandomal. Que podo facer?

Asina: unha amiga preocupada.

Conceptos claveAmor – liberdade

ObxectivoCoñecer que entende o noso alumnado por violencia nunharelación de parella e o seu grao de tolerancia cara a esta.

Consideracións previasO pintor a través desta obra preséntanos unha relación naque podemos intuír a posesión, os celos, a rabia por partede quen abraza unha muller en quen podemos interpretarentrega, unha relación que en moitos casos repite estere-otipos baixo os que se mantén.

O relato que propoñeremos ao alumnado está contidono documento “Un amor a tu medida. Estereotipos y vio-

33

Actividade nº 10Ata onde?

IlustraciónPara que sexas o meu eido /semento a túa boca de aramecativo. / Para ser o teu dono /segareiche a lingua candomedre o espiño.AutorDavid Pintor

1. Repartimos as fotocopias co relato a cada alumna e acada alumno, e marcamos un tempo co fin de que despoisde lelo contesten, tamén individual e anonimamente, aspreguntas.

z Que signos ou actitudes amorosas hai nesterelato?z Que signos ou actitudes violentas?z Por que cres que Juan actúa así?z Por que cres que Laura, a pesar de todo, aíndanon sabe que facer?

2. A continuación, repartida a clase en pequenos grupos,preferiblemente mixtos, pedímoslles que conversen entreelas e eles sobre o relato e as súas respostas, para acor-daren no mesmo grupo a resposta ou respostas á pregun-ta:

z Se foses amigo ou amiga de Laura, que lleaconsellarías?

3. Posta en común. Cada grupo elixe unha ou un voceiro eunha persoa voluntaria ou quen coordine a actividade po-derá ir escribindo as propostas no encerado.

lencia en las relaciones amorosas”, da profesora CoralCano, un estudo moi completo e orientativo sobre a per-cepción das relacións amorosas en rapazas e rapaces ado-lescentes. Propuxeron ao alumnado a lectura deste relatopara que, a través das súas propias palabras establecesen“as representacións mentais que poden conter o xermedesa tolerancia e a negación da violencia contra as mulle-res, encubridas por unha idealización do amor, compromi-so e felicidade”: http://www.educandoenigualdad.com/spip.php?article200

Este relato dános a oportunidade de falar con elas e elespara que poñan atención á contradición que dende un prin-cipio vive Laura, a protagonista do relato, que sentemalestar, está preocupada, fala da inseguridade del, aotempo que di que lle gusta moito, que está namorada del,que el é o máis importante para ela e, a pesar dos signosmanifestos de violencia, segue sen saber que facer...

Desenvolvemento da actividadeTempo: unha sesiónMateriais:

z fotocopias individuais co relato e as preguntasz fotocopias para cada grupo coa preguntaarredor da cal conversarán: Se foses amigo ouamiga de Laura, que lle aconsellarías?z encerado

34

35

Do diario de Laura

Ultimamente penso moito nel a miña parella. Na nosa relación estánpasando moitas cousas que me preocupan, aínda que sigo tendo claro queestou moi namorada del. Dende hai uns meses saio cun rapaz, Juan, queé maior ca min. Somos amigos e gústame moito; malia que ten bastan-tes inseguridades, é intelixente e simpático.

Cando empecei a saír con el non sabía se me gustaba, sinceramente.Díxenlle que fose a un psicólogo polo tema da inseguridade, e non o tomoumal, pero creo que pensa que o vexo fráxil, e é así, ás veces é algo fráxil,pero cáeme ben, sei que o quero e é un amigo de verdade. Inténtolle axu-dar, pero non sei se o consigo. O problema é que moitas veces cando fagounha proposta Juan dime o contrario, por exemplo, se propoño ir ao cine,dime que vaiamos tomar algo pero se son eu quen quere tomar algo e fa-lar dime que por que non imos ao cine. Ao principio non me decatei dis-to. Agora sei que é así, que case sempre me leva a contra.

Un día díxenlle que por que non iamos á casa dunhas amigas que alu-garan unha película das que nos gustan e podiamos pasar a tarde alí,Juan díxome que lle gustaría pasear e tomar algo. Eu molesteime: sem-pre que eu propoñía facer unha cousa, el non estaba de acordo.

Iamos collidos da man e notei que Juan me empurraba contra unha ár-bore. Tropecei e caín. Mentres me axudaba a erguerme, soamente se lleocorreu dicirme que sempre estaba distraída, que era un desastre e sem-pre caía. Doeume a súa actitude porque eu sabía que el me empurrara

contra a árbore. Entristecinme moito e el non sabía que facer para ale-grarme. A verdade é que cando vin todos os esforzos que facía e o coida-do que tiña comigo, me esqueceu a miña dor. Non quería sentirme malao seu lado. Finalmente, fomos ao cine xuntos e pasámolo moi ben.

Dende entón vía a Juan máis tranquilo e máis seguro que antes. Díxo-me que son moi importante para el. Iso chegoume ao corazón, porque el éo máis importante para min. Coñezo outros rapaces, pero só estou ben conel.

Total, ao final pasámolo moi ben os dous e iso é o que vale, compartir bosmomentos faime sentir querida, aínda que sei que non será un camiñode rosas e máis despois do que pasou hoxe.

Eu case esquecera o asunto da árbore e estaba moi confiada. Por iso mefixo dano o que pasou hoxe. Todo empezou cando lle dixen que esta fin desemana non podería quedar porque teño que preparar unha avaliación.Aínda oio os seus berros, os seus insultos e sinto o forte empuxón que medeu. Esta vez non caín, pero foi peor. Non comprendo como se atreve a di-cirme cousas tan desagradables e non sei por que me empurra. Pregúnto-me se isto sempre pasará entre nós.

Pero a verdade é que non sei que facer. Gústame Juan, gústame a mú-sica e pásoo moi ben coas miñas amigas.»

Conceptos claveAmor – liberdade

ObxectivoIdentificar certos xestos nos que se coa a violencia na re-lación.

Consideracións previasNunha relación amorosa, como en calquera outro tipo derelación, poden existir os conflitos e é precisamente sabe-los abordar o que evita a violencia. Necesitamos saber ex-presarlle que sentimos e por que non nos gusta algo quepasa na relación a quen empeza a sentir que a parella é dasúa propiedade e a quen debe ver nestes xestos o perigode perder a liberdade.

Neste sinxelo exemplo o alumnado poderá ver como secoaron os celos en Lucas, que empeza a criticar a Maraprecisamente por aquilo que máis lle gusta dela, e o des-

36

Actividade nº 11A relación amorosa

IlustraciónA man que colles pode sertamén a que te maltrata.AutorJavier Olivares

concerto de Mara que non entende por que Lucas lle di asrazóns do seu desagrado. O texto, cunha pequena varia-ción, está contido no documento “Hay miradas y miradas:guía para la prevención de la violencia hacia las mujeres”,incluído na bibliografía.

Desenvolvemento da actividadeTempo: unha sesiónMateriais:

z folios individuais co relato e as preguntas z fotocopias co relato para que en grupocontinúen a historia

Repartimos os folios individuais e fixamos un tempopara a lectura e para que escriban as respostas.

Logo, por grupos na medida do posible mixtos, pedímos-lles que continúen ou rematen a historia.

z Por que cres que Lucas rexeita a coquetería e afacilidade de Mara para relacionarse con outraxente cando precisamente era o que lle gustabacando a coñeceu?z Cres que Mara deu motivo para a reacción deLucas?z Que farías ti no sitio de Lucas?z Que farías ti no sitio de Mara?

37

Que pasará?

Mara e Lucas hai un ano que iniciaron unha relación amorosa. Lu-cas sentiuse engaiolado da súa risa, de como baila e se move, dasúa coquetería, do doado que é para ela facer amigas e amigos,da paixón que pon no que fai.

Mara séntese moi ben con el e admira a súa disciplina, os seuscoñecementos e a súa paixón pola pintura.

Agora Lucas ten a posibilidade de realizar a súa primeira expo-sición. O día da inauguración, Lucas estaba moi nervioso. Mara in-tentou relaxalo traballando moito para que todo estiveseperfecto. Ela segue sendo moi espelida como cando se coñece-ron. Puxo o seu vestido laranxa porque sabe que a el lle gustamoito e esmerouse máis que nunca en ser simpática porque que-ría que todo saíse o mellor posible.

Ao rematar a exposición, o dono da galería díxolle a Lucas queos cadros foran un éxito e que mesmo apalabrara a venda dal-gúns deles.

Mara, ao escoitar isto, púxose moi contenta e deulle un abrazoforte, felicitándoo, pero Lucas evitouna e non se mostrou moi fe-liz. Ela, decepcionada, preguntou que pasaba. El dixo que non llegustaba que ela chamase tanto a atención con ese vestido e quenon entendía por que tiña que ser sempre tan simpática con todoo mundo. Ela, sen entender nada, botouse a chorar. Estaba esgo-tada.

Conceptos claveAmor – ser libre

Esta proposta consta de dúas actividades, unha porsesión:

Actividade 1Con que palabras asociamos o amor?

ObxectivoCoñecer que pensa e como se expresa o alumnado sobre oamor e con que palabras asocia este sentimento nunha re-lación de parella co fin de evidenciar a existencia de mitose prexuízos a partir das súas propias palabras.

38

Actividade nº 12Pódese amar e ser libre á vez

IlustraciónSempre hai un denominadorcomún latente en cada unhadas manifestacións destatriste realidade, e é unhaangustiosa falta de liberdade.AutoraEva Vázquez

Desenvolvemento da actividade 1Tempo: unha sesiónMateriais

z fichas de cartolina, z cinta adhesiva e rotuladores, z fotocopias individuais coas preguntas,z fotocopias individuais coa nosa proposta sobreo amor (glosario)

Pedir ás alumnas e aos alumnos que, individualmente,escriban na ficha, con letra grande, unha palabra que aso-cien coa palabra amor, insistindo en que debe ser de formaindividual e anónima.

Ao rematar quen coordina a actividade recollerá asfichas e pedirá un voluntario ou voluntaria para que asbaralle e as volva repartir. A continuación cada alumna oualumno, un por un ou unha por unha, deberá ler en voz altaa palabra e pegar a cartolina que lle correspondeu na piza-rra.

O coordinador ou coordinadora poderá, entón, invitalosa falar sobre as palabras que escribiron:

z Falta algunha que lles parece moi importante epor que?z Quitarían algunha e por que?z Hai algunha que non se entenda?z Parécelles que a maioría expresan sentimentosou xestos que impliquen benestar?

Consideracións previas:Xeralmente, asociamos o amor con palabras agradables

como afecto, respecto, comprensión, cariño, caricias,sexualidade. Ao tempo, pode suceder que alguén nungrupo exprese por exemplo a palabra celos ou termos quenecesiten unha explicación, como entrega.

Durante o desenvolvemento deste exercicio o alumnadopode expresar palabras cunha connotación negativa, posi-tiva ou ambigua; é fundamental escoitalo sen expresarxuízos de valor sobre a palabra que escolla. O papel dequen coordina é dar espazo a que se exprese libremente,porque todo o que digan nos pode dar idea do que pensanou senten acerca do amor, co fin de orientarnos e orienta-los sobre a existencia de mitos ou prexuízos como podeser a relación entre celos e amor.

Así, partiremos do seu propio sentir e da necesidade deafondar sobre iso especificamente a través doutras acti-vidades propostas mediante outras imaxes ou outrosrecursos.

39

Actividade 2Pódese amar e ser libre á vez

ObxectivoA través de situacións cotiás, recoñecer como se coa a vio-lencia nas relacións, co fin de que aprendan a recoñeceladende o propio significado que dan ao amor e á liberdade.

Consideracións previasA través da representación realizada polas alumnas, pro-porcionar a ocasión para que intercambien entre elas eeles opinións sobre as relacións amorosas e a importanciado propio desexo.

Pode ser que para alguén do grupo o control sexa unxeito de manifestar interese ou amor pola outra ou ooutro. Non obstante, na situación que se presenta quedaclaro que Lucía renuncia a estar coas súas amigas nontanto porque prefira estar con quen a chama; está claroque, ademais das catro mensaxes en media hora, a súaexpresión “teño que irme!” ou “sei que non lle gusta quequede por aí despois da clase” dan claras pistas sobre asúa decisión: vaise, non polo seu desexo (pois preferiríanese momento quedar coas súas amigas) senón polo dequen a chama.

Analizando esta secuencia e estas palabras tamén esta-mos a dar pistas ao alumnado para recoñecer a violencianon só nas súas relacións. Dámos a ocasión de que a iden-tifiquen tamén noutras relacións amorosas do seu ámbito,

Despois de escoitalos, repártense as fotocopias coaproposta sobre o amor e pídeselles que analicen reflexi-vamente se o que lles propoñemos para significar o amorse corresponde ou ten relación coas palabras que hai noencerado.

Segundo o xuízo de quen coordine, pódese invitar ogrupo a realizar un cartel para deixar na aula, que se tituleAs nosas palabras e xestos para o amor.

Finalmente, proxéctase a imaxe e pídeselles que, usandoa palabra amor, lle dean un título.

40

invitándoos a recoñecela a través do significado que deana ser libres.

Desenvolvemento da actividade 2Tempo: unha sesiónMateriais:

z fotocopias co texto para a representaciónz fotocopias individuais coas preguntas,z fotocopias individuais coa proposta sobre serlibres (glosario)z un teléfono móbil para a representación

Previamente, quen coordine a actividade pedirá a variasalumnas que representen a situación que se describe a ungrupo de amigas. Quen coordine a actividade explicarallesa importancia de que quede claro que quen a chama é unrapaz, así como o desgusto e a angustia que sente Lucía eo malestar de Leire.

A situación en que baseamos esta proposta para repre-sentar na aula e outras son relatadas e exhaustivamenteanalizadas por Itxaso Sasiaín Villanueva, La violencia quese cuela en la vida cotidiana, en Cuaderno de educación nosexista nº 21, “El amor y la sexualidad en la educación”.Autoría compartida. Instituto da Muller. Madrid 2007:www.educacion.gob.es/intercambia/IrASubSeccion-Front.do?id=1686

Despois da representación repártense as fotocopiascoas preguntas para que as lean individualmente e logo

41

Representación

Unha tarde de primavera, nos bancos que rodean osbambáns, un grupo de amigas intercambian impre-sións do día. Entre elas Lucía e Leire e... entre risas ebarullo, o son dun móbil que acaba de recibir unhamensaxe.

Lucía: —Vaia! É a cuarta mensaxe que me envía en media hora, teño que irme! —di mentres recolle os libros despregados polo chan das présas por com-partir coas súas amigas...— Pregúntame onde estou e sei que non lle gustaque quede por aí despois da clase.

Leire: —Queda un pouco máis e apaga o móbil, anda Lucía!

Lucía: —El estará a esperarme no parque e se non vou... —replica mentres bo-ta a correr preocupada.

z Se tiveses estado con Lucía, que lle terías dito?z Que sentes cando te sentes libre?

Repártense individualmente as fotocopias co conceptoser libre e invítanse a reflexionar sobre a importancia derecoñecer o propio desexo.

Finalmente, proxéctase a imaxe e pídeselles que lle deanun título usando as palabras amor e liberdade.

fórmanse grupos para comentalas e pídese que entre osque formen o grupo escollan unha ou un voceiro para quelea as respostas cando se poñan en común ao resto dosgrupos.

z Cres que esta situación pode darse na vidacotiá?z Se foses Lucía, apagarías o móbil?

42

cer os desexos e necesidades de ambas as dúas persoaspode ser unha oportunidade para coñecerse mellor, agu-dizar a imaxinación e afondar na relación.

Diferenza sexual: sentido e significado que cada muller dáao feito de pertencer ao sexo feminino e que cada homedá ao feito de pertencer ao sexo masculino. O procesode dar sentido e significado ao propio sexo non se dádunha vez para sempre, é un proceso que se xera ao lon-go de cada vida.

Discriminación: negar e impedir o acceso dalgunhas per-soas a determinados recursos, lugares, dereitos, opor-tunidades ou formas de expresión, polas súascaracterísticas físicas, polas súas ideas ou valores, po-las actividades ou prácticas que realizan, ou pola súapertenza a algunha casta, etnia, cultura ou clase social.

Empatía: capacidade de poñerse na pel doutro ser huma-no que ten unha historia, un corpo, unha sensibilidade eunha forma de pensar diferente á nosa. Non é, polo tan-

Amor: capacidade de apertura cara a outro ser humanoque nos permite aceptar e entender o que o outro ou aoutra é.

Androcentrismo: modo de representar o mundo que con-sidera os corpos, experiencias, creacións, desexos e in-tereses masculinos como se fosen en realidade oscorpos, experiencias, creacións, desexos e intereses detoda a humanidade.

Conflito: situación que se dá cando o xeito co que alguénintenta satisfacer os seus propios desexos ou necesida-des imposibilita a satisfacción dos desexos ou necesida-des doutra persoa. É inherente a calquera relación. Abrirun conflito e buscar conxuntamente o modo de satisfa-

43

glosario

Estas palabras foron seleccionadas do glosario do curso a distancia do Ministerio deEducación Cultura e Deporte. INTEF. Coeducación: dos sexos en un solo mundo, dasautoras Graciela Hernández Morales e María Jesús Cerviño Saavedra. 2009.

http://formacionprofesorado.educacion.es/index.php/es/materiales

recoñecemento que ao que se considera propio das mu-lleres.

Igualdade: situación na que todos os seres humanos teñenos mesmos dereitos, medios materiais e oportunidades.O oposto á igualdade é a desigualdade e non a diferenza.

Lingua: é o conxunto de símbolos e signos que unha comuni-dade determinada utiliza para entenderse. Cada linguaestá suxeita a continuas modificacións que xorden do usoque as e os falantes fan desta, así como a necesidade dedescribir novas realidades, conceptos, interpretacións domundo, descubrimentos, etc. Estas modificacións inclúena creación de novas palabras, o desuso doutras moitas, osnovos significados cos que se van enriquecendo outras,etc. Lingua materna: para Gemma del Olmo Campillo “a ex-presión lingua materna non se refire unicamente á linguafalada por nacer nun determinado lugar, clase social ou fa-milia, é moito máis, é un xeito de habitar a linguaxe quenon pode identificarse coas normas lingüísticas nin coscódigos sociais, nin coa ordenación destes (...). Está máisalá deles, posto que comprende o significado dos senti-mentos no seu sentido pleno, non meramente instrumen-tal”. (En Milagros Montoya; Enseñar: una experienciaamorosa. Sabina Editorial, Madrid, 2008, p.26).

Liberdade – ser libre: darse a coñecer sen sentir a necesi-dade de impoñerse. Mostrarse e abrirse ás e aos demais

to, un ‘quita ti para poñerme eu’, senón apartar aquilo quesomos para poder sentir unha determinada experienciado mesmo modo que a sente esa persoa.

Escoita: dáse nunha relación de aceptación, implica inte-rese por entender de verdade que lle acontece e quen éo home ou a muller con quen nos relacionamos, sabendoque el ou ela é quen mellor sabe o que vive e o que sen-te, aínda que lle falten as palabras e a experiencia paracomprender esas vivencias e sensacións. Non se trata,polo tanto, de interpretar, xulgar ou anticiparse ao quenos quere expresar, senón de acompañalo nese proceso.

Estereotipos: atributos que se presupoñen ás persoasque teñen determinados trazos físicos ou que pertencena unha determinada colectividade. É unha representa-ción simple e basta que se superpón á riqueza e á com-plexidade que cada ser humano trae consigo. Leva, polotanto, a relacionarnos coa imaxe creada a través destesatributos e non con homes e mulleres singulares e dife-rentes entre si.

Xénero: conxunto de estereotipos creado polo patriarca-do para cada un dos sexos. Trátase dunha serie de carac-terísticas diferentes para homes e mulleres que buscanlexitimar a dominación duns sobre outras. Leva consigo,ademais, unha desigual valoración, de modo que a aquiloque se considera propio dos homes se lle dá máis valor e

44

Está auspiciado polo androcentrismo e polos estereoti-pos de xénero.

Práctica da paz: actuar facéndose depositario ou deposita-ria da paz. Buscar en cada contexto o modo de dar e dei-xarse dar por outros e outras sen medo e con liberdade.Implica desprazar a violencia con creatividade e amor.

Prexuízos sexistas: un prexuízo supón valorar algo, xeral-mente de forma desfavorable, sen coñecelo ben. Os pre-xuízos sexistas supoñen facer xuízos con respecto aooutro sexo, sen coñecer realmente as necesidades, de-sexos, expectativas, etc. que moven unha determinadaactuación.

Previr: crear contextos e relacións nos que se recoñece ese valora a paz e, polo tanto, nos que a violencia non tencabida. Implica deixar sen sentido o modelo de masculi-nidade violento e dar valor e recoñecemento ás achegasdas mulleres.

Sexo: sabemos se alguén é do sexo feminino ou do mascu-lino polas características do seu corpo (xenitais ou outrotipo de signo externo, diferenzas internas e composi-ción cromosómica das células). A diferenza máis signifi-cativa é que, dende a menarquía ata a menopausa, asmulleres poden albergar no seu corpo e dar a luz a unhanova vida humana.

sen que medie o medo ou o sometemento. Enraizarse nopropio desexo para deixar unha pegada singular e orixi-nal no mundo.

Masculinidade: modo no que cada home significa e expre-sa o feito de pertencer ao sexo masculino.

Mediación: o que fai posible o recoñecemento e a relaciónentre diferentes persoas. En caso de conflito, é aquiloque permite falar de asañamentos, diferenzas, desexos,necesidades e dificultades sen dar paso á violencia. Amediación máis poderosa é o amor.

Misoxinia: odio ás mulleres. É significativo o feito de quenon exista unha palabra que na nosa lingua designe oodio aos homes.

Nomear dende si: é a capacidade para falar do que aconte-ce partindo da propia subxectividade, é dicir, analizandoa realidade dende a propia interrelación con ela; istopermite a cada persoa descubrir as súas necesidades, osseus desexos, o seu xeito propio, orixinal e singular dever e moverse neste mundo e, unha vez descuberta, po-der dicila, poder comunicala. Nomear dende si nace dapráctica de partir de si.

Patriarcado: organización social, económica, cultural epolítica baseada no poder dos homes sobre as mulleres.

45

que cobran un significado que pode ser transmitido ásdemais persoas.

Singularidade: refírese ao feito de que cada persoa é úni-ca, insubstituíble e irrepetible; potenciar a singularida-de ten que ver con axudar a mostrar a diferenza que cadacal levamos dentro, sendo conscientes da importanciade ver o mundo de xeito orixinal, é dicir, atendendo á ori-xe do que cada persoa é ou vai sendo.

Simbólico: representación que facemos das cousas, aspersoas e o mundo. O modo de simbolizar é fundamen-tal, xa que nos pode levar a comprender mellor o que nosrodea ou, pola contra, a distorsionar a realidade. Facersimbólico é poñer palabras á realidade que cada persoavive, pensa e desexa; é nomear as súas actuacións, de-sexos, necesidades, dificultades ou acertos. Existenciasimbólica: refírese a aqueles aspectos da realidade queson representados mediante unha linguaxe, de maneira

46

“Hay miradas y miradas: guía para la prevención de la vio-lencia hacia las mujeres”. Autoría compartida. InstitutoAndaluz da Muller. Monográfico con actividades para re-alizar con rapazas e rapaces.www.ite.educacion.es/formacion/materiales/112/cd/m4/25_de_novi

embre.pdf

Proxecto “Andalucía detecta, Andalucía previene. Sexis-mo y Violencia de Género en la Juventud”. Resultados erecomendacións para a prevención eficaz da violenciade xénero entre adolescentes, dirixido a profesionaisque traballan con mozos.www.juntadeandalucia.es/institutodelamujer/index.php/coeducacio

n/programa-para-prevenir-la-violencia-de-genero

¿Fracaso escolar? La solución inesperada del género y lacoeducación. Daniel Gabarró Berbegal escribe este arti-go-investigación, no que, entre outras cousas, como sedi no prólogo colectivo, nos propón que a coeducación eo xénero non son unhas cuestións meramente tanxen-ciais e froito dunha necesaria corrección política, senóna única solución alcanzable contra o fracaso escolar.www.danielgabarro.bubok.es/

Un amor a tu medida. Estereotipos y violencia en las rela-ciones amorosas, Coral Caro Blanco. Profesora de ensi-no secundario. Membro do Seminario Interdisciplinar deEstudos de Xénero. Universidade de Barcelona. Este do-cumento contén estudos de campo realizados con ado-lescentes, nos que se mostra exemplos reais sobre comose expresan sobre o amor e a parella. É orientativo sobrevarios aspectos como o mito do amor romántico.http://www.educandoenigualdad.com/spip.php?article200

“Ni ogros ni princesas”. Autoría compartida. Guía para aeducación afectivo-sexual en educación secundaria. Ins-tituto Asturiano da Muller. Como se dixo nalgún momen-to, é un dos materiais mellores e máis completos paratraballar co alumnado. Contén actividades adaptadaspara, dentro dunha secuencia, realizar nalgunhas mate-rias dende 1º a 4º da ESO.http://tematico.asturias.es/imujer/upload/documentos/guia_no_ogr

os_ni_princesas1069.pdf

47

bibliografía

feito de que nas aulas hai nenas e nenos e isto é un feitorelevante. Contén actividades para realizar tamén en se-cundaria.Nº 21 El amor y la sexualidad en la educación. Variasasesoras do proxecto Relaciona, unha proposta fronte áviolencia cara ás mulleres, falan dos corpos, as rela-cións, a lingua, o amor, a sexualidade, a violencia, a edu-cación sexual... poñendo en común a súa aposta polasrelacións educativas que fan posible a vida e poñenfreo á violencia.Nº 22 Clases de cine. Compartir miradas en femenino ymasculino. Publicación elaborada para facilitar o traba-llo das profesoras e os profesores que, coa súa prácticaeducativa en primeira persoa, poñen as relacións no cen-tro do seu traballo e non separan a educación da vida dassúas alumnas e alumnos. Vai acompañada dun CD que in-clúe unha selección de títulos de películas e suxestiónssobre os aspectos que a partir destas poden tratarse coalumnado.Nº 24 Formación en relación. Mostra o valor da expe-riencia e o saber dos que están nas aulas e valora o seutraballo diario, partindo dun concepto de educación quevai alén da transmisión de coñecementos, xerando valo-res que transforman e serven para a vida. As reflexiónsdeste documento parten do traballo de formación conprofesorado dentro do proxecto Relaciona, unha pro-posta para previr a violencia cara ás mulleres.

Serie Cuadernos de educación no sexista. Editados polo Ins-tituto da Muller e dirixidos especialmente a profesorado.https://www.educacion.gob.es/intercambia/IrASubSeccionFront.do

?id=1686

Nº 7 Prevenir la violencia. Una cuestión de cambio deactitud. Serie de cuadernos no sexistas nº 7. Instituto daMuller. Madrid, 2006. Este documento, de xeito moi cla-ro, introdúcenos no que é a violencia e especialmente aque se pode presentar na escola. Contén propostasprácticas para abordar a violencia no ámbito educativo.Nº 14 Tratar los conflictos en la escuela sin violencia.A través de situacións que se presentan na escola, des-envolve algúns aspectos relacionados coa violencia: osseus significados, os modos en que homes e mulleres seposicionan ante esta, as causas da violencia exercida es-pecificamente contra as mulleres e o papel que xoga asocialización de nenas e nenos na formación de condu-tas violentas.Nº 17 Tomar en serio a las niñas. As autoras reflexionana partir de tres eixes que consideran inseparables entresi e que necesitan ser atendidos con seriedade e delica-deza para facer da violencia contra as mulleres unha vio-lencia impensable, como ben sinala María-MilagrosRivera Garretas. Estes tres eixes son os corpos sexua-dos, o simbólico e as relacións.Nº 18 Contar cuentos cuenta. En femenino y en masculi-no. Proponse introducir na práctica educativa o traballocos contos de xeito crítico, creativo e lúdico, partindo do

48