11 Xullo 2013 - BD Nº80

16
Número: 80- Ano: V - 12 de xullo de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA- RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 23 de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. FÚTBOL SALA Páx. 2-5 En Xogo / Karlasca, tricampión do Trofeo Barrios Deportivo Armando Álvarez será o presidente do COB [Páx. 6]

description

En el número 80 del Barrios Deportivo llevamos a portada a los jugadores del En Xogo Karlaska junto con la copa de la cuarta edición del Trofeo Barrios Deportivo. Un amplio reportaje de todo el torneo se puede leer en las primeras páginas de periódico. Otro de los temas destacados es sobre el Club Ourense Baloncesto y la posible entrada de Armando Álvarez en la presindencia de la entidad. Mientras el CD Ourense está -con la plantilla prácticamente cerrada- a pocos días de que empiece la pretemporada.

Transcript of 11 Xullo 2013 - BD Nº80

Page 1: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

Número: 80- Ano: V - 12 de xullo de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA-RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 23 de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

FÚTBOL SALA Páx. 2-5

En Xogo / Karlasca, tricampión do Trofeo Barrios Deportivo

Armando Álvarez será o presidente

do COB[Páx. 6]

Page 2: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

� BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

IV TROFEO BD

En Xogo/Karlasca soubo vingarse na final do Trofeo BD do que foi o seu verdugo na Copa Deputación./RAMSÉS

En Xogo deixou no camiño a Coles e Hnos Carral; e Verín venceu a Cidade de Ourense e Escornaboys

P.Lodeiro / R.Torres

Choque de altura na fi-nal do IV Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala. O vixente campión do torneo, En Xogo/Karlaska, me-día as súas forzas a Verín Futsal, invicto esta tempa-da na liga de Provincial B. Ambos chegaran á final tras apear do torneo a Concello de Coles e Hermanos Ca-rral, o primeiro, e Cidade de

Ourense e Os Escornaboys, o segundo.

O equipo da capital ourensá abría o marcador a sete minutos de arrincar o encontro, e habería de pa-sar boa parte do primeiro tempo para que Verín Futsal lograse empatar. O En Xogo non se amedrentaba e pouco despois volvía adiantarse no marcador, e a facer o tercei-ro na súa conta. O adestrador do Verín pedía entón tempo

morto, tentando concentrar aos seus xogadores, o que tería efecto: os da comarca de Monterrei recortaban dis-tancia. 3-� ao descanso.

Trala continuación, o par-tido mostrábase bastante trabado, alternando as faltas ambas as escadras. Nova-mente, marcaba En Xogo/Karlaska, que foi durante todo o encontro por diante no marcador. Tras un dobre penalti transformado por

Rubén Tizón e un novo gol, o equipo da capital abría unha brecha difícil de re-montar para o Verín Futsal, enlazando dous novos tan-tos moi seguidos. En Xogo aínda tería tempo de facer un noveno e un décimo gol na súa conta particular. Ve-rín Futsal sumaba o seu ter-ceiro tanto a pouco máis dun minuto para o asubío final, quedando o marcador nun significativo 10 a 3, gañando así o En Xogo o seu terceiro “torneo dos campións”.

O En Xogo demostrou que sabe competir en torneos deste tipo. Nos xogadores do Verín, o desgaste nos par-tidos previos fixo mella.

Desgaste ata a finalOs camiños de En Xogo e

Verín para chegar ata a final do IV Trofeo Barrios Depor-tivo foro ben distintos.

O En Xogo tivo unhas eliminatorias máis cómodas do normal. Contra o Conce-llo de Coles golou grazas a unha mellor segunda me-tade e a súa superioridade técnica. Na semifinal contra o Hermanos Carral máis do mesmo; unha primeira me-

4 Venceu ao Verín Futsal por 10 a 3 e fíxose por terceira vez consecutiva con este título. Ao finalizar o encontro, entregáronse os trofeos do torneo e das diferentes ligas locais e provinciais.

En Xogo/Karlaska triunfa no IV Trofeo Barrios Deportivo

tade máis igualada deu paso a un segundo tempo no que a veteranía dos xogadores do En Xogo impúxose ao-desparpaxo dos xogadores do equipo do Carballiño.

Pola súa banda, o Verín tivo que sufrir máis para chegar á final. No primeiro partido esperaba o Cidade de Ourense, o que ben podía ser unha final anticipada. O Verín tívose que espremer ao máximo para sacar o par-tido pola mínima, 5-4.

Pero deseguido o cami-ño continuou igual de costa arriba. Os da comarca de Monterrei tiveron que suar para acceder á gran final. �-3 foi o resultado contra os Escornaboys, o que lle per-mitía acceder ao Verín, por méritos propios, á final.

Ese esforzo ímprobo nas dúas eliminatorias previas

pasou factura a un Verín que mereceu estar na final, pero que tivo un castigo demasia-do severo.

PremiosNa bancada da central

do pavillón dos Remedios, preto dun centenar de afec-cionados animaron durante todo o partido aos seus equi-pos. Ao finalizar o encontro, entregáronse os trofeos do torneo, así como os premios “One AGS 11” ao mellor xogador da final (Rubén Tizón, do En Xogo), mellor xogador do torneo (Diego Matías, do Verín Futsal), máximo goleador (Rubén Tizón, de En Xogo) e mellor árbitro (Juan Rodríguez).

Tamén se entregaron as copas aos vencedores das distintas ligas da provincia desta tempada.

Os axustados partidos do Verín en cuartos e semifinais fixeron mella nos xogadores de Monterrei./R.T.

Page 3: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

3IV TROFEO BD

P. Lodeiro / R. Torres

4-� e 5-4 foron os resul-tados da primeira xornada do IV Trofeo Barrios De-portivo de fútbol sala, “O torneo dos campións”.

Escornaboys e Verín Futsal clasificáronse desta maneira para as semifinais do xoves, ao apear da com-petición a Lasider e Cidade de Ourense, respectiva-

mente.

Escornaboys - LasiderA xornada do martes �5

comezou co partido entre Escornaboys e Lasider, un encontro igualado, pero que foi sentenciado pola maior pegada do Escornaboys.

O encontro foi tranquilo até os últimos minutos, nos que unha falta provocou unha pequena liorta que se saldou con dous xogado-res expulsados, un de cada equipo. Ao final, os Escor-naboys lograron ser o pri-meiro equipo clasificado para as semifinais ao vencer por catro goles a dous.

cUARTOS DE FINAL - 1ª XORNADA

Escornaboys e Verín vencen na primeira xornada do IV Trofeo BD4 Deixaron na cuneta do torneo de fútbol sala a Lasider e Ci-dade de Ourense, respectivamente.

A pesar de que Cidade de Ourense comezou abrindo o casilleiro, Verín Futsal foi quen de revertir a situación e pasar a fase./R.T.

Un xogador do Escornaboys regateando a un rival do Lasi-der, durante o igualado choque destes dous conxuntos./R.T.

Verín - cidade de Ourense

No segundo partido da xornada, o Cidade de Ourense empezou forte e tardou moi poucos mi-nutos en anotar o seu pri-meiro tanto. Deseguido foron chave as grandes in-tervencións do porteiro do Verín, que impediron que o Cidade se puxese � a 0 no marcador. Con todo, os de Monterrei foron capaces de remontar e deixar un 3-� ao seu favor ao descanso.

A igualdade foi a tóni-ca da segunda parte, con alternancia no marcador. Finalmente, os da comar-ca de Monterrei fixéronse co partido, cun marcador de 5-4. E iso que o Cida-de de Ourense enviou dúas

veces o balón ao pau nos últimos 30 segundos de partido podendo cambiar o devir do mesmo.

Ambos os dous en-contros foron seguidos por numeroso público nas bancadas da cancha central dos Remedios. O concelleiro de Depor-tes, Alfonso Vilachá, e o xerente do Consello Municipal dous Depor-tes, Cándido Gómez, asistiron á presentación do trofeo previa á com-petición.

Escornaboys venceu a Lasider por 4 a 2, nun encontro moi igualado

Verín Futsal deulle a volta ao encontro e rematou vencendo 5-4

P. Lodeiro / R. Torres

En Xogo/Karlaska e Hermanos Carral/Pub De-luxe foron os vencedores nesta segunda xornada do IV Trofeo Barrios Deporti-vo de fútbol sala, -O torneo dous campións-.

En Xogo/Karlaska - concello de coles

O partido entre En Xogo/Karlaska e Concello de Coles caracterizouse pola alternancia de ocasións para ambos os equipos nos primeiros �5 minutos, che-gando ao descanso cunha exigua renda de �-1 para o En Xogo.

Na segunda metade o de-fensor do título (En Xogo) distanciouse no marcador a

cUARTOS DE FINAL - 2ª XORNADA

En Xogo vence a Coles en cuartos4 Superouno por 5 a 1.

pesar das claras ocasións dos xogadores do Coles. Porque unhas veces o porteiro rival e outras os paus, evitaron que os de Coles puidesen in-comodar ao equipo gañador do trofeo os dous últimos anos, con tres do seus cinco goles marcados por un dos seus xogadores máis desta-cados, Rubén Tizón.

Ao final, 5 a 1 no marca-dor para o En Xogo/Karlas-ca, quen buscaba (e o tempo demostrou que conseguiu) revalidar unha competición que lle queda como anel ao dedo.

Tizón (do En Xogo) xa comezou a destacar dende o primeiro encontro

Rubén Tizón (do En Xogo), o que sería proclamado máximo goleador do torneo, anotou no primeiro partido do seu equipo 3 dos seus 5 tantos.

Page 4: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

4 BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

IV TROFEO BD

P. Lodeiro/R.Torres

No segundo encontro da segunda xornada, no que se mediron La Bull �.0 e Hermanos Carral/Pub Deluxe, o bo traballo das defensas de ambas escua-dras impediu ver goles até o minuto �1 da primeira parte. Abriu o marcador Hermanos Carral, quen un minuto despois marcaba o segundo e un pau evitou que marcase o terceiro de seguido, chegando ao descanso con �-0 no mar-cador.

Comezando a segunda metade La Bull �.0 facía o seu primeiro gol e perdía a oportunidade de empatar no marcador ao fallar unha falta lanzada a un metro da área. A seis minutos do asubío final, Hermanos Carral distanciábase co terceiro gol da noite, e La Bull �.0 recortaba distan-cias pouco despois.

Os dous últimos mi-nutos, La Bull �.0 dispu-tounos con xogo de cinco, para tratar de chegar ao empate no marcador, pero un dobre penalti puña o cuarto gol na conta dos Hermanos Carral. 4-� e o equipo do Carballiño cla-sificado para a semifinal do IV Trofeo Barrios De-portivo.

cUARTOS DE FINAL - 2ª XORNADA

Hermanos Carral dá a sorpresa e elimina a La Bull 2.0 4 Venceu por 4 a 2 a un dos favoritos.

Semifinais e finalCon estes resultados da

segunda xornada do tor-neo o xoves �7 disputa-ríanse as semifinais desta competición. En Xogo fronte a Hermanos Carral, e Escornaboys contra Ve-rín Futsal.

Os vencedores disputa-rían a gran final.

Ambas defensas foron chave neste encontro, que non tivo goles ata pasado o minuto 21 do primeiro tempo./RAMSÉS

S.Nieto / R.Torres

En Xogo/Karlasca e Verín Futsal foron os vencedores da terceira xornada da IV edición do Torneo Barrios Deporti-vo, na que se decidiron os dous finalistas desta cita.

En Xogo - Hermanos carral

O primeiro partido de semifinais enfrontou a En Xogo/Karlaska e Herma-nos Carral, e nel o ritmo marcouno o equipo da ca-pital ourensá. Transcorri-dos pouco máis de cinco minutos desde o inicio do encontro En Xogo xa se puña por diante no marca-dor con dous tantos segui-dos, que facían presaxiar quen estaría na final do torneo.

A partir de aí as forzas de ámbolos dous equipos niveláronse até o comezo da segunda metade, cando Hermanos Carral tomou aire e comezou a recortar distancias anotando o �

En Xogo, o primeiro finalista do IV Trofeo Barrios Deportivo4 Eliminou en semifinais a Hermanos Carral por 6 goles a 1. Os de Carballiño non se ren-deron en ningún momento.

a 1. Pero En Xogo nada tardou en volver dominar o encontro. Aproveitando momentos de desconcer-to do rival así como a súa desenvoltura no campo, o equipo ourensán pronto sentenciou a cita, situán-dose a 4-1 dos Hermanos Carral.

Xogando a súa última carta, o equipo do Carba-lliño optou polo xogo de cinco, pero non lle serviu de nada. En Xogo apro-veitou un contraataque e unha sanción desde dobre-penalti para demostrar por que se proclamou os dous últimos anos campión de campións e alcanzou o asubío final cun claro 6 a 1. Aínda que é certo que o equipo do Carballiño plantoulle cara ata que as forzas abandonáronlle.Un xogador do En Xogo asediando a un rival./RAMSÉS

Hermanos Carral desplegou cara o final do encontro o seu exitoso xogo de cinco, pero esta vez non resultou./R.T.

Page 5: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

5IV TROFEO BD

Escornaboys realizou uns emocionantes últimos minutos de encontro, estando a piques de empartar en varias ocasións, o que obrigaría a decidir o pase á final con penaltis./R.T.

S. Nieto/ R.Torres

No segundo partido de se-mifinais, no que se mediron Escornaboys e Verín Futsal,

Verín Futsal chega á final do Trofeo BD4 Logo dun final de encontro de infarto, os de Monterrei venceron por 2-3 a Escornaboys.

foi o equipo de Monterrei o que abriu o marcador, pero axiña que se sacudiu os nervios, o Escornaboys comezou a ter ocasións de

igualar o encontro. Final-mente, foi o Verín Futsal o que conseguiu coar o balón no fondo da rede contraria e sumou o 0-�.

A escasos segundos do final da primeira metade, o Escornaboys puxo emoción ao encontro ao marcar o seu primeiro gol, aproveitando as súas grandes habilida-des no xogo de cinco. Pero esta mesma estratexia non sempre lles sae cara aos até agora coñecidos como Concello de Taboadela; de feito, ante a ausencia de porteiro o Verín afastouse no marcador anotando o 1-3 cun lanzamento desde longa distancia.

Con todo, nada estaba de-cidido e o Escornaboys, de novo, axustaba o encontro aos poucos minutos suman-do o �-3 e executando uns últimos minutos de infarto nos que ocasións non lle faltaron para empatar. Fi-nalmente o marcador per-maneceu intacto e o Verín pasou á gran final na súa primeira participación no Torneo dos Campións.

Gran finalEn Xogo/Karlasca e Ve-

rín Futsal enfrontaríanse na gran final do IV Trofeo Barrios Deportivo. Unha final inédita da que sairía o

campión de campións desta tempada �01�/�013. O En Xogo, experto neste tipo de torneos contra o Verín, unha das sensacións ourensás deste curso. Vellos coñecido e rivais, que se enfrontaron na Copa Deputación, nun choque do que saiu vitorioso o conxunto de Monterrei.

O Verín chegou á final do torneo na súa primeira participación, para completar unha gran tempada

O porteiro do Verín realizou un gran encontro./R.T.

Page 6: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

6 BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

cD OURENSE / cOB

R. Torres

Faltan catro días para que o novo CD Ourense sexa presentado diante dos seus afeccionados (ás 17 horas do martes 16 de xullo), e a plantilla está moi perfilada.

Xa quedaron atrás os oito descartes de Luisito do pa-sado curso e as renovacións deseguido chegaron. Só faltaban as novas caras do Ourense �013-�014. Facén-dose agardar, a primeira foi a de Adrián Cruz (xogador procedente do Marino de Luanco); tras Cruz chega-rían Aarón Puente (Rápido de Bouzas), Iker Alegre (Oviedo), Moisés García (Sporting de Gijón), Dani Pinillos (Rácing de Santan-der) e Javi Hernández (Sala-manca). Coa fichaxe destes seis xogadores, o club com-pletará a plantilla con dúas incorporacións máis. O téc-nico do Ourense, Luisito, espera poder ter pechada a contratación dun dianteiro e dun xogador sub�3 antes do comezo da pretempada. Aínda que o certo é que non se obsesiona co tema e está a agardar a oportunidade dalgún xogador de garan-

Plantilla perfilada4 Dentro de catro días terá lugar no estadio do Couto -17.00h- a presentación do novo CD Ourense.

tías. Pode incluso que non cheguen para o 16 de xullo pero parece que tampouco se demorarán en exceso as dúas últimas incorpora-cións.

LuisitoO adestrador tivo que

traballar moito tras o rema-te da competición, xa que encargáronlle o cometido de contratar aos novos xo-gadores do equipo “roji-llo”. Logo de semanas nas que estudiou a innumera-bles xogadores, Luisito ten prácticamente pechada a plantilla ourensanista. No camiño, moitos xogado-res botáronse para atrás á hora de fichar polo Ouren-se (moitos deles polas súas pretensións económicas). Aínda así, e a priori, o téc-nico de Teo confeccionou un equipo que presumible-mente será moi competitivo na vindeira Segunda Divi-sión B.

GrupoNestas datas a Federación

Española de Fútbol anda na confección dos grupos da Segunda División B. A ex-pensas de que todo esté co-rrecto e se saiba os equipos

definitivos, o Ourense non sabe en que grupo com-petirá. As especulacións nestes días son moitas, pero haberá que esperar para saber definitivamente en que grupo quedarán en-cadrados os ourensáns.

Sporting de BragaO CD Ourense e o Spor-

ting de Braga chegaron a un acordo para que o ca-dro portugués sexa o equi-po convidado no partido de presentación do equipo da cidade das Burgas. O partido terá lugar no esta-dio do Couto o martes 30 de xullo no Couto. Apro-veitarán a data para que se firme, entre ambos clubs un acordo de colabora-ción, que estará encauza-do sobre todo na forma-ción e no intercambio de xogadores.

A presentación do Ourense será o martes 16 de xullo ás 17 horasIker Alegre, novo xogador do CD Ourense.

Moisés García, procedente do Sporting de Gijón, unha das novas incorporacións.

P. Lodeiro / R. Torres

O Club Ourense Balon-cesto parece que comeza ver a luz ao final do túnel e con moita probabilidade disputará a tempada próxi-ma a LEB Ouro.

Armando Álvarez, o que fora delegado provin-cial da Federación Galega de Baloncesto, anunciou que un grupo de empre-sas ourensás achegarían os 180.000 euros de aval máis o custo da inscrición do COB na LEB Ouro e os cartos para arrincar a vindeira temporada. Fa-rano, iso si, se Álvarez é nomeado presidente, e empezando “de cero” unha nova directiva á que podería incorporarse “a xente que queira traballar por e para o club”.

Álvarez explicou que, unha vez comprometi-das ao club as axudas de 216.000 euros da Depu-tación e de 80.000 euros máis o patrocinio de “Ourense termal” do Con-cello de Ourense, “nós nos botamos a andar”. Tras dar a coñecer a súa proposta aos medios de comunica-ción, Armando Álvarez reuníuse con Antonio Ga-vilanes para ver se conta co respaldo do consello de administración da entida-de deportiva. “O equipo podería inscribirse mañá mesmo”, precisou.

Na reunión mantida onte pola tarde, Armando Álvarez saiu satisfeito xa que todos “imos na mes-ma dirección”, malia que é certo que faltan uns flocos para poñerse totalmente

O COB seguirá sendo de Ouro4 Armando Álvarez ofrece o aval para inscri-bir o COB en LEB Ouro coa condición de que sexa presidente.

4 Proposta de CxG para os clubs

Compromiso x Galicia vén de facer pública a súa proposta para que as dúas entidades deportivas máis representativas da cidade teñen “estabilidade a me-dio e longo prazo” e “un proxecto deportivo viable economicamente e menos dependente das institu-cións públicas”.

Un plan a catro anos durante os cales se vaian reducindo as axudas pú-blicas paulatinamente, a saída de Concello e De-putación do accionariado de ambas sociedades anó-nimas, e que a administra-ción local abone a débeda de 80.000 euros que man-tén co COB son algunhas das súas propostas.

dacordo. Un dos flocos que está sen pechar é o do pre-sidente; esperando unha re-unión coa Deputación para comunicarlle a intención de que sexa o propio Álvarez o que ocupe ese cargo, algo que parece que non vai ser inconvinte.

Co convencemento de que será o máximo man-datario, o ex responsable da delegación ourensá de baloncesto é consciente de que “agora queda un cami-ño longo e de arduo traba-llo”.

Álvarez agarda unha reunión coa Deputación para comunicarlle as súas intencións

Armando Álvarez./P.L.

Page 7: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

7

Anna xa suma tres ouros en Nacionais dende que é española

DEPORTES AcUÁTIcOS

Proba do Campionato Galego Infantil de natación disputado en Ourense./R.T.

Redacción

A piscina Rosario Dueñas de Ourense foi a sede do Campionato Galego infantil de natación, ao que acudiron máis de �00 nadadores de toda Galicia. O Club Nata-ción Pabellón Ourense, cun total de 13 medallas, rema-tou na novena posición da xeral por equipos (cuarto en categoría masculina e déci-mo en feminina).

Das 13 medallas, catro foron de ouro, acadadas por: Martín Rodríguez (200 costas); Andrea Bello (200 costas e 400 estilos) e Luis Bello (100 costas). A única presea de prata foi lograda por Luis Bello nos 100 bol-boretas. E os oito bronces conquistáronos José Moure (en 200 bolboreta e en 400

4 Campión galego

Pontevedra acolleu o Campionato Galego Jú-nior e Absoluto de Nata-ción, no que se deron ci-tas 317 nadadores de �3 clubes galegos.

En categoría absoluta o Club Natación Pabellón de Ourense fíxose con 7 ouros, 5 pratas e 7 bron-ces, de xeito que rematou subcampión en categoría masculina e na conxunta, e terceiro na feminina.

Pola súa banda, en júnior (na que se fixo con 3 ouros, 7 pratas e 8 bronces) proclamouse campión galego, sub-campión en categoría masculina e subcampión na feminina.

NATAcIÓN

O CN Pabellón, noveno4 Acadou 13 medallas no galego infantil.

estilos); Miguel Pimentel (en 400 e 200 libres); Mar-tín Rodríguez (100 e 200 libres); Paula Blanco (200 libres) e o relevo masculino de 4x100 libres formado por Marcos García, Miguel Pi-mentel, Martín Rodríguez e Luis Bello.

Estes resultados serven como preparación para o Nacional que se celebrará dentro de dúas semanas.

Outros nadadoresDestacadas tamén foron

a cuarta posición de Uxía Gómez en �00 costas e de Pablo Caseiro en 100 braza; o quinto posto de Miguel Vázquez en �00 costas e as sextas posicións de Aleixo Fernández en 50 libres e de Iván Regueiro en 100 cos-tas.

Redacción

A segunda tempada da escola infantil de Salva-mento Acuático Deportivo do club Salvour chegou ao seu fin coa celebración do II Campionato Provin-cial organizado na piscina municipal do pavillón dos Remedios. Nesta competi-ción disputáronse 3 probas nas diferentes categorías (50 metros libres con obs-táculos, 50 metros arrastre de maniquí con aletas, 50 metros arrastre de maniquí

sen aletas). Unha vez com-putada a clasificación das tres probas as medallas de ouro foron para Uxía Con-de, Lucía Serrano, Samuel Iglesias e Álvaro Rodríguez. Destacando tamén a actua-ción dos demais medallistas como Xián Breogán Rodrí-guez, Iago Trigo, Jacobo Leira e Paula Díaz.

PromociónDurante esta tempada, a

escola de salvamento Salvo-ur realizou diferentes activi-dades de promoción deste

SALVAmENTO

Os infantís de Salvour pechan tempada cun Campionato Provincial

deporte, tanto en Ourense como en Verín. Ao longo do curso case medio cen-to de nenos coñeceron de primeira man os aspectos máis básicos desta activida-de deportivo-formativa. O salvamento deportivo está considerado como un dos deportes máis completos xa que a todos os beneficios da propia natación engádense-lle os coñecementos adqui-ridos en aspectos tan impor-tantes como a prevención de accidentes, realización de rescates acuáticos, autopro-tección na auga, etc.

O próximo mes de outu-bro reiniciarán as activida-des en horario de 7 a 8 da tarde na piscina dos reme-dios. Os pais interesados poden informarse e inscribir aos seus cativos a través da web www.salvour.com

Redacción

O pasado 30 de xuño Anna Yuchenko revali-dou en Sevilla o título de campioa de España en skiff absoluto feminino, conseguindo así a súa 3ª medalla de ouro en Cam-pionatos de España repre-sentando ao Club Náutico Castrelo de Miño desde que conseguiu a naciona-lidade española.

O venres �8 deu come-zo o Campionato de Es-

paña coa disputa das series eliminatorias baixo unhas condicións de vento favo-rable e nas que soamente se clasificaba a primeira de forma directa para a fi-nal do domingo. Anna im-púxose na primeira serie cun tempo de 7:45 e Aina Cid fixo o mesmo na se-gunda cun tempo de 7:53. Virginia Díaz, que remaba na serie de Anna, tivo que ir á repesca do sábado para conseguir o pase á final.

Xa o domingo ás 1�:55

REmO

Anna Yuchenko revalida o título de campioa de España

deuse a saída da final, pero nesta ocasión con vento en contra, o cal endureceu a proba e aí Anna aínda sa-cou unha distancia maior ás suas rivais, 1� segundos a Aina Cid e �8 a Virginia Díaz tras cruzar Anna a li-nea de meta cun crono de 8:48.48.

Este título supón un novo impulso ao traballo realiza-do por Yuchenko, que con-tinuará a súa preparación en Castrelo co seu adestrador Jose Luís Méndez á espera de saber se será convocada polo equipo nacional para novas citas internacionais.

Page 8: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

8 BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

FÚTBOL SALA

Vaz promete “traballo, ilusión, seriedade e compromiso” e lograr que o Ponte estea “entre os grandes”

R. Torres

A directiva do Ponte Ourense confirma a in-corporación de Jorge Vaz coma o seu novo adestra-dor para o equipo de Pri-meira División do fútbol sala feminino.

A realidade actual fai que se planteaxaran, desde a xunta directiva, buscar na casa tanto ao cadro técnico como a xo-gadoras (con excepción de Vanessa Barberá que chegará procedente do Futsi Navalcarnero) para a tempada �013-�014. Jorge Vaz era o nome que máis soaba para su-plir a Óscar Vivián no banco pontino, o que se fixo realidade mediante un comunicado remitido polo club o mércores 10 de xullo. Deste xeito o club aposta por persoas da casa.

Vaz é un técnico que leva no cadro pontino tres anos, sendo o ade-strador do Cidade de

Redacción

A Fundación Oira Futuro xa puxo en marcha o seu primeiro campamento de verán, que se celebrará en Oira ata o 17 de xullo (o sá-bado 13 e domingo 14 que-dan excluídos). O horario está sendo desde ás dez da mañá ata as sete da tarde e as idades dos participantes están comprendidas entre os 6 e os 15 anos, tanto ne-nos como nenas.

VariedadeAdestramentos, charlas

de diversa índole ou cine-ma son algunhas das acti-vidades coas que contará o campamento.

O campamento rematará o mércores 17 coa entrega

Ourense a pasada campa-ña. No Cidade colleitou un gran éxito ao alzarse co título de campión da División de Honra Provin-cial Masculina deste ano, distanciando en 1� puntos ao segundo clasificado. Na Copa Deputación e no

Trofeo Barrios Deportivo non tivo tanta sorte e caeu en terceira e primeira rol-da, respectivamente.

OportunidadePara Jorge Vaz está é a

oportunidade de facerse cargo dun equipo de pri-meiro nivel nacional co que, en palabras do mes-mo técnico “espero crecer e mellorar neste deporte”. De cara a esta tempada promete “traballo, ilusión, seriedade e compromiso” e espera “poder loitar por todo os títulos posibles e lograr que o Ponte esté entre os grandes da cate-goría”.

Xunto ao novo técnico

Jorge Vaz, confirmado como novo adestrador do Ponte Ourense4 Nunha clara liña de buscar solucións no propio club.

estarán no cadro técnico Bea Seijas (segunda ade-stradora), e Enátali (coor-dinadora). Tamén regresa ao club Héctor, que fará as funcións de adestrador de porteiras.

Vanessa BarberáA gardamallas do Atléti-

co de Madrid Futsi Naval-carnero, Vanessa Barberá, defenderá a próxima tem-pada a portaría do Ponte Ourense. O resto (a excep-ción de Noelia Palacios e Vanessa Sotelo que mar-charon ao Cidade) conti-nuarán no cadro pontino. O resto de incorporacións (dúas ou tres) serán xoga-doras do filial.

Jorge Vaz (á dereita) acompañado do resto do corpo técnico do Ponte Ourense: Héctor Gon-zález (adestrador de porteiras) e Bea Seijas (segunda adestradora).

Vanessa Barberá durante un partido do Futsi contra o Ponte disputado esta tempada nos Remedios./R.T.

Xa está en marcha o Campamento de verán de Oira Futuro4 Remata o 17 de xullo.

de diplomas a todos os participantes.

ObxectivosO obxectivo fundamen-

tal deste campemento é unha formación integral e humana, esta nova ini-ciativa está relacionada co deporte, a educación, a amizade, a ilusión e o futuro dos máis novos. Nenos e nenas aos que se lle ofrece a posibilidade de que tamén no verán poidan gozar do que máis lles gusta, pero desde un aspecto formativo, polo que se seguirá transmitin-do unha educación en va-lores, unha vida saudable, boas prácticas e unha con-vivencia e un futuro para a nosa sociedade.

Redacción

O campamento de fútbol e tempo libre organizado pola S.D.C. Arrabaldo e o Pavillón de Ourense F.C. comeza este 14 de xullo a súa terceira quenda. Ata o día 20, máis de 60 rapaces de entre 6 e 16 anos partici-parán nesta actividade, que incluirá adestramentos de fútbol con monitores titula-dos, obradoiros, charlas, ví-deos, xogos de tempo libre,

sendeirismo e saídas ás piscinas. Os participantes terán ademais visitas de adestradores e xogadores de nivel e árbitros.

O cámping de Untes será o lugar de residencia durante estes días para os inscritos no campamento na modalidade de inter-nos, mentres que a parte deportiva terá lugar no campo de fútbol do Seixo, en Santa Cruz de Arrabal-do.

Novas tandas do campamento de fútbol de Arrabaldo

Page 9: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

�FÚTBOL SALA

Competiron 24 clubs de 12 comunidades

Os ximnastas do Pavillón cos metais obtidos o primeiro día.

Redacción

O equipo de trampolín do Club Ximnasia Pavillón regresa do Campionato de España celebrado do 27 ao 30 de xuño en Valladolid con todo un botín de meda-llas debaixo do brazo, logo de realizar unha sobresaínte actuación.

Ximnasia PavillónNesta cita, que congre-

gou a �4 clubs de 1� co-munidades diferentes, os deportistas do Ximnasia Pavillón sumaron 10 pre-seas (sete de ouro, dúas de prata e unha de bronce).

As medallas individuais correron a cargo de Alejan-dro Cid Prieto (categoría base 1), que se proclamou campión de dobre mini-tramp; Candela Ferreira (categoría base 1) que fixo o propio en minitramp simple; Guillermo Gar-cía (categoría base 2), que dominou tanto a proba de doble minitramp como a de trampolín; Paula Blan-co (categoría base 2), que foi terceira en trampolín; e Marta Rodríguez (categoría base 3) que se fixo co ouro en dobre minitramp e ca prata en trampolín.

Pola súa banda, tamén lograron metais o equipo de base composto por Gui-llermo García, Paula Blan-co, Laura Lecuona e Marta Rodríguez, que rematou primeiro en trampolín e se-gundo en dobre minitramp; e o conxunto de elite sub

15 masculino composto por Nicolás Cid, Lucas Domuro e Diego Feijoo, que se fixo co ouro en dobre minitramp masculino.

Ademáis disto, os nosos ximnastas foron clasificados nas categorías de elite en ca-tro finais de trampolín indi-vidual, catro finais de dobre minitramp individual e dúas finais de sincronismo.

club BurgasPor outra banda, esta cita

deparoulle ao Club Burgas sete prazas de podio para os seus catro representantes: tres títulos nacionais, dous subcampionatos e dous ter-ceiros postos nas categorías xuvenil, júnior e absoluta.

Daniel Pérez segue pre-parando a súa presenza na próxima cita internacional dos World Games de Cali

(Colombia) e fíxoo conse-guindo dous postos de po-dio nas dúas categorías nas que participou. Proclamouse campión de España absolu-to elite 8-� en dobre mini-tramp, sendo ademais tercei-ro na modalidade olímpica de trampolín.

Na categoría elite 7 júnior brillou con luz propia Yael Campelo, que alcanzou o tí-tulo na modalidade de dobre mini-tramp e o subcampio-nato en trampolín.

Tamén fixo dobrete Ale-jandro Cid Masid na cate-goría elite 7 xuvenil, co ouro en dobre mini-tramp e o sub-campionato en trampolín.

Exitosa actuación dos ximnastas ourensáns no Nacional de trampolín 4 Os deportistas do Ximnasia Pavillón logra-ron dez medallas e os do Club Burgas sete.

O Cidade As Burgas descansa ata agosto4 O club comezará cos adestramentos en función de cando comece a liga.R. Torres

O Cidade As Burgas despois de renovar a toda a plantilla e corpo técnico e tralas incorporacións de Noelia Palacios e Vanessa Sotelo está gozando duns días de vacacións. A activi-dade no club está parada a expensas de coñecer cando comeza a liga e saber que equipos a conformarán.

Probablemente sexa o 14 de setembro cando comece a rodar oficialmente o ba-lón na Primeira División de fútbol sala. De ser esa a data, Codeso citará as súas xogadoras o 1� de agosto; en caso de que teña lugar a primeira xornada o �1 de setembro, a pretempada co-mezarana o 1� de agosto.

EquiposA falta de saber que equi-

po completará a 1ª División que este ano ascenderá a 16 conxuntos, si é seguro que cinco serán da comunidade autónoma galega o que dá mostras que Galicia é unha potencia no fútbol sala fe-minino. Ao Burela, Ponte e Cidade que xa militaban en primeira a pasada campaña únense os recén ascendidos Poio e Ferrol. A estes cin-co equipos pódese unir un sexto, o Amarelle. O cadro herculino, que descendeu, pode recuperar a categoría si varios equipos renuncian ao ascenso. Pendentes do que decida nas vindeiras datas o Cadiz, pode que Galicia conte con seis re-presentantes para o curso �013-�014.

Un dos ilustres do fútbol sala feminino, o Valladolid, anunciou a súa desapari-ción e polo tanto, a renun-

cia a competir na Primeira División.

VanessaA reincorporación de

Vanessa Sotelo nas filas do Cidade parece que lle vai dar un plus as súas xo-gadoras. O propio técnico do club, Manolo Codeso, manifestaba que notaba un bo ambiente trala noticia de que Vanessa regresaba ás filas franxiverdes.

Pode que Galicia conte con seis equipos na próxima tempada da Primeira División de fútbol sala feminino, dos 16 que a conforman

A plantilla do Cidade As Burgas apenas varirará na vindeira tempada do grupo que xo-gou nesta última./ARQUIVO.

Page 10: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

10 BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

XImNASIA

“Gústame o meu traballo, ensinar a un neno que empeza en ximnasia dende a súa primeira voltereta”, confesa Isaura

Óscar Blanco

Isaura Hermida é titu-lada en case todas as mo-dalidades ximnásticas e unha das fundadoras do Club de Ximnasia Burgas. Levan nove anos fusiona-dos co club de Ximnasia de Pontevedra, sobre todo por conseguir instalacións alternativas e subvencións.

Dende cando existe o club de Ximnasia Bur-gas?

Isaura Hermida (I.H): “Dende 1�88 comeza como escola da Federación Ourensá de Ximnasia con Antonio Prada e convérte-se en Escola de Ximnasia Burgas en 1���”.

Ti es a fundadora, mu-dou moito o carácter e as actividades que desenvol-ve o club?

I.H.: “Si, son unha das fundadoras no primeiro momento con David Prada Martínez. Mudou un pouco en canto ás modalidades e normativas pero non na fi-losofía do club”.

cantas persoas compo-ñen o club?

I.H.: “Neste momento o Club en Ourense conta con case 70 ximnastas en diferentes niveis, así como 3 técnicos, un deles son eu que son titulada en case todas as modalidades xim-

4 Triunfo en Portugal

Santarém (Portugal) acolleu a Scalabis Cup de ximnasia de trampolín coa participación de depor-tistas portugueses, finlan-deses, belgas, alemáns e españois.

Do Club Burgas, na modalidade de dobre mi-nitramp, Yael Campelo e Daniel Pérez lograron o ouro na categoría júnior feminina e absoluta mas-culina, respectivamente.

No caso do Ximnasia Pavillón, destacaron os re-sultados de Carlos Trigo, que triunfou en DMT indi-vidual júnior; e do conxun-to júnior, que obtivo o pri-meiro posto en trampolín e o segundo en DMT.

4 Nacional de rítmica

Valladolid foi a sede do Campionato de España de rítmica individual, ao que acudiron 10 ximnastas ourensás. Aínda que as ac-tuacións das nosas repre-sentantes foron dispares dende o Club Ximnasia Pavillón aseguran que a cita lles deparou “moitos bos momentos de equipo”.

En categoría infantil o club rematou de 5�, e Ga-licia foi 10ª por comunida-des. Na júnior, o Pavillón B foi 55 e o A foi 56. E a nosa comunidade rematou no posto 1� da xeral.

O conxunto júnior do Xim-nasia Pavillón.

ENTREVISTA A ISAURA HERmIDA - FUNDADORA DO cLUB DE XImNASIA BURGAS

“Todos os nenos poden facer ximnasia. É traballo dos adestradores

sacar o mellor de cada un” 4 A que foi unha das fundadoras do Club Ximnasia Burgas achéganos ao deporte que lle marcou a vida.

násticas: trampolín, acro-bática, artística feminina e masculina, e rítmica.

Outro é Pablo Hinojar (ex-ximnasta do club de nivel internacional en tumbling) actual seleccionador nacio-nal de acrobática, tamén ti-tulado en artísticas feminina e masculina e trampolín.

Pola súa banda, en Ponte-vedra hai outros tantos xim-nastas e 4 adestradores”.

Que especialidades de-portivas desenvolvedes?

I.H.: “En Ourense traba-llamos ao máximo nivel o trampolín e acrobática, pero tamén a rítmica e artística como base, en Pontevedra tamén temos ximnastas de

nivel en artística”. como seleccionades ás

deportistas?I.H.: “Non facemos nin-

gún tipo de selección, todos os nenos poden facer xim-nasia, é traballo dos ades-tradores sacar o mellor de cada un para que cheguen ao máximo nivel das súas condicións individuais”.

como é a vosa rutina de adestramento?

I.H.: “Eu adestro todos os días. As ximnastas nor-malmente dúas horas � días á semana. E algunhas de 3 a 5 días cando están a alto nivel”.

Para que competición vos estades preparando?

I.H.: “Daniel Pérez está a preparar os World Games �013. Son as Olimpíadas dos deportes non olímpicos, onde se medirá cos mello-

res do mundo. Despois virá o mundial en dobre-mini-tramp.

Yael Campelo estase pre-parando para o Mundial por idades en dobre-mini-tramp.

Alejandro Cid tenta a clasificación para o mesmo mundial, está a 3 décimas de conseguilo.

E Yolanda García e Sara Blanco están preparando o Campionato de Europa de acrobática”.

Dende cando estades fu-sionados co club de Xim-nasia de Pontevedra?

I.H.: “Dende que se fun-dou fai � anos con Pablo Hinojar, ex-ximnasta do Burgas que é de Pontevedra. O motivo da fusión é sobre todo por conseguir instala-cións alternativas e subven-cións, que non chegan para

case nada a estes niveis. Ademais así ábrese a posi-bilidade de que moitos ne-nos de diferentes concellos teñan opción a participar. Temos ximnastas de Carba-lliño, Santiago, Ponteareas, Porriño, Cangas, Combarro, Marín, Xinzo da Limia, Co-les, etc”.

competides nas mesmas disciplinas e campionatos que outros clubs de xim-nasia de Ourense?

I.H.: “Si, en trampolín o Ximnasia Pavillón tamén ten bo nivel e coincidimos en competicións. De feito, dende esta tempada por fin compartimos instalación no Campo da Feira, un par de días. Os restantes días ades-tramos no Pazo Paco Paz dende fai case �0 anos. Fai anos tamén adestrábamos na parroquia de San Pío X”.

cales son as vosas nece-sidades máis inmediatas?

I.H.: “Ter mais días na instalación da Feira, que hoxe por sorte está bastante ben pero sería necesario ter un solo axeitado para acro-bática e artística. En fin, dispor dunha instalación de verdade de ximnasia”.

Que supón a ximnasia para ti?

I.H.: “Case todo. Fun ximnasta do club �000 de Ourense tiven a sorte de adestrar con Antonio Prada e aprender con Aurora Mar-tínez máis adiante para ser adestradora.

Gústame o meu traballo, non só a alta competición se non tamén cada ano nas es-colas do Pazo, empezar cun grupo novo de nenos que queren facer ximnasia den-de a súa primeira voltereta”.

Deixa unha mensaxe aos nosos lectores.

I.H.: “Oxalá todo o mun-do puidera ser feliz facendo o traballo que lle gusta e para o que cre que vale, sen ter en conta a parte económica que non é sempre o máis impor-tante”.

EN BREVE

Isaura Herminda (á dereita) con algunhas das súas ximnastas do Club Burgas.

Page 11: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

11ATLETISmO

R. Torres

O circuíto de carrei-ras populares “Correndo x Ourense” chegou ao ecuador das seis citas coa carreira do Corpus. Nesta ocasión a proba traslado-use ás inmediacións do Paco Paz (a zona do par-que de Barbaña estaba ocupada polas barracas das festas de Ourense).

Aitana LeguiçanoA atleta da escola de atletismo Ben-Cho-Shey-Onpro-

jek, de Pereiro de Aguiar, Aitana Leguiçano, acadou a novena posición no Campionato de España júnior na pro-ba de 400 metros valados. Leguiçano estivo a piques de disputar a final ao ser terceira na súa serie de semifinais e non entrar por pouco en tempos (entraban dúas atletas e ela foi a terceira mellor marca repescable).

Abel Antón adestrando cos ourensáns

O ex atleta internacional e dobre campión do mundo de maratón, o soriano Abel Antón, estivo en Ourense dous días. O primeiro deles compartiu un adestramento con at-letas locais que non se quixeron perder a oportunidade de rodar con todo un campión do mundo; tralo adestramento Antón deu unha charla sobre atletismo. Ao día seguinte participou XXX Carreira Popular de Leiro.

Manuel Hurtado vence nos 20km Vila do BarcoRedacción

O pasado domingo 30 de xuño disputouse no Barco de Valdeorras a II �0km Vila do Barco. O primeiro clasificado foi o atleta lucense Manuel Hurtado (New Balance Team) empregando un tempo de (1:07:21). En mulleres a máis rápida foi Rosario del Mar García (Ponferrada) parando o crono nunha hora 40 mi-nutos e 50 segundos.

Tamén se disputou unha proba na distancia de 10.000 metros na que o vencedor foi Miguel Ángel Groba (Pontea-reas) tras 36 minutos e un segundo; a primeira mu-ller foi Carmen Álvarez (50:38) do ULE-Bierzo.

Na proba cadete e xuve-nil Daniel Anta gañou ao completar os cinco quiló-metros en 16:30 minutos; Ana García foi a máis rá-pida (20:35).

O vencedor foi Álvaro de la Fuente, que tardou ��:0� minutos en completar o percorrido da proba. En segunda e terceira posición rematarían Pepe Márquez (22:16) e Javier Paredes (22:39), respectivamente.

En mulleres, Sonia Teijei-ro volveu ser a máis rápida (26:37), seguida de Ana María Ocampo (28:23) e de Iria Fernández (29:13).

carreira da PonteO sábado �0 de xullo o

barrio da Ponte acolle a cuarta proba deste circuí-to que está na súa terceira edición.

Despois da do Corpus, chega a carreira da Ponte4 O “Correndo x Ourense” alcanza a súa cuarta proba.

Ao ser nocturna, as ca-rreiras comezarán ás �1 horas coa proba dos pitu-fos e rematarán ás �1.30 coa carreira absoluta.

De la Fuente e TeijeiroTras tres carreiras dis-

putadas os líderes da cla-sificación provisional son Álvaro de la Fuente e So-nia Teijeiro.

De la Fuente disputou dúas das tres carreiras celebradas acadando a primeira posición. Teije-iro, pola súa banda, foi a primeira muller en cruzar a liña de meta nas tres pri-meira probas do circuíto.

Unha das carreiras das categorías inferiores da proba do Corpus./JESÚS REGAL.

Álvaro de la Fuente e Sonia Teijeiro foron os vencedores na carreira do Corpus

Manuel Hurtado./ERIK AL-FONSO.

Abel Antón entrenado pola ponte Romana./RAMSÉS.

Aitana Leguiçano, na súa recente participación no Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense./RAMSÉS.

Page 12: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

1� BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

BTT / cIcLISmO

Os deportistas do Actyon-Mérida que participaron no V BTT de Maceda.

Redacción

O macedán, corredor do BH Suntour, Pablo Rodrí-guez, e actual campión de España Sub-23, xunto coa corredora do Vicma, Lucía Vázquez, actual subcam-pioa de España elite, resul-taron vencedores da quinta edición do BTT de Mace-da, última proba puntuable para o Open de Galicia Norbrok de BTT XC �013.

Con estas vitorias am-bos corredores cumprían os prognósticos, e facíanse coa victoria nas categorías masculina e feminina.

Vencedores e locaisNa carreira de elite ade-

mais de Pablo, subía ao podio, no terceiro caixón, o local Saúl López (Act-yon - A. Postal), que rea-lizaba unha gran carreira despois dun mes alonxado das competicións por unha caída.

En júnior, dobrete para os locais Marcos Villar e Raúl González; mentres que en féminas vencía a ta-men macedá Eva Álvarez.

Na categoría cadete femi-nino, Xiana Conde remata-ba primeira, e en homes o vencedor era o ciclista de Redondela Brais.

En máster 30 vencía Alex Trasbach (Cycling Racing Team), e en máster 40, Toño Rivas (CC Mon-forte), co local Xulio Con-de na terceira posición.

Open GalegoNa xeral do Open Ga-

lego, as corredoras Eva Álvarez e Xiana Conde facíanse ca vitoria final nas categorías de júnior e ca-detes, respectivamente.

Por equipos o Actyon - Academia Postal lograba o triunfo.

Pablo Rodríguez e Lucía Vázquez vencen en Maceda4 Eva Álvarez e Xiana Conde gañan as xerais individuais en júnior e cadete. O Actyon-Aca-demia Postal - Mérida gaña por equipos.

Redacción

A corredora júnior do Actyon- Academia Postal – Mérida Eva Álvarez Re-gueiro conseguiu o pasado 29 de xuño unha nova vi-toria no Open de España, en concreto na cita cele-brada en Avilés, última proba puntuable para o Open de España Cofidis de BTT XC.

Con esta vitoria, Eva fi-nalizou segunda na xeral do Open, xa que na pri-meira proba, en Navarra, unha caída obrigouna a retirarse, non puntuando nesa ocasión. Pero aínda así, Eva pechaba un gran open con dúas vitorias e un gran segundo posto.

Agora espéranlle outras citas importantes como son o Campionato Galego, Campionato de España e a Copa do Mundo de Va-llnord.

Raúl GonzálezTamén foi moi desta-

cable a actuación do jú-nior Raúl González, que no seu primeiro ano nesta categoría finalizou décimo segundo, moi preto do Top Ten, e sobre todo con boas sensacións de cara ás se-guintes citas.

Pola súa banda, en fémi-nas cadete, Xiana Conde foi oitava.

O 5º dos equiposAsí pois, pódese califi-

car de boa deste equipo no Open de España, no que, a falta da confirmación por parte da Federación Española de Ciclismo, moi posiblemente finalizará en quinto lugar da xeral a nivel de conxuntos, o que constituiría un gran éxito para un equipo centrado no traballo coa canteira.

Redacción

O �1 de xullo a Aso-ciación ADO-MOURE organiza por segundo ano consecutivo o Campionato de España de ciclismo non profesional.

As categorías que se dis-putarán serán as de sénior e máster (de 30 a 70 anos).

Como na edición ante-

rior a saída e chegada es-tarán situadas na praza do Concello de Taboadela, sendo o mesmo circuíto do pasado ano de 13,� quiló-metros ao que os sénior, máster 30 e 40 terán que dar 5 voltas e na última volta farán a variante para subir ao alto de Taboadela; e os máster 50 e 60 darán catro voltas.

Campionato de España de ciclismo

A júnior Eva Álvarez vence no Open de España celebrado en Avilés4 Con esta vitoria finalizou a tempada se-gunda na xeral.

Page 13: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

13PUBLIcIDADE

Page 14: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

14 BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

Partido de pádel durante o clínic de Pitu Losada.

POLIDEPORTIVO

P.L.

Dúas tiradas tiveron lu-gar a pasada fin de semana nas instalacións do Club de Tiro Eiroás, nunhas xorna-das marcadas pola intensa calor. Na Copa Deputa-ción de Aire Comprimido participaron �0 tiradores. En pistola sénior e donas, Juan Carlos Ferreño e Bea-triz Pereira con 549 e 360 puntos cada un, obtiveron as mellores puntuacións (sobre un total de 600 e de 400, respectivamente).

No que respecta á Liga de Avancarga (armas histó-ricas), de novo Juan Carlos Ferreño foi o mellor na mo-dalidade de ‘Kutchenreu-

ter’ (pistola) con 92 puntos, mentres que Juan Doval obtivo o mellor resultado en ‘Mariette’ (revólver).

máis actividade antes do peche en agosto

As vindeiras semanas

TIRO

Resultados das ligas de aire comprimido e armas históricas4 O domingo 14 haberá de novo Liga de pistola estándar.

Redacción

O xogador Pitu Losada -xogador internacional- deu un clínic nas instalacións do P�1 Pádel Club. Catro horas intensas de clases e partidos alternadas con correccións individuais de golpes, fixe-ron as delicias dos asisten-tes. Losada é un xogador da elita do pádel que participou en fases finais do World Pa-del Tour.

Despois do partido exhi-bición e da clase maxistral impartida polo deportista chegou o turno da entrega de premios da Liga Deputa-ción de Ourense cuxos tro-feos entregounos o propio

xogador. Tamén se fixo fo-tos cos asistentes e mesmo agasallou coa súa gorra a un “pequeno xogador”.

Liga DeputaciónO equipos dos Tritran-

quils, formado por Alex, Tono e Martín, foi o ven-cedor da Primeira Divi-sión masculina; Las tres sombras de Grey (María Murias, Lorena Reverter e Puri Ortiz) fixeron o pro-pio na 1ª División femini-na; Musko (José Luis, Jose Antonio e Óscar) venceron na �ª División A e Vida - Salud (Ángel, Manuel e Nicolás) fixéronse coa vi-toria na �ª División B.

Pádel de calidade4 O xogador Pitu Losada -xo-gador internacional- deu un clínic no P21 Pádel Club.

Redacción

O pasado sábado 6 de xullo celebrouse no Paco Paz a quinta edición da Copa Deputación de kic-kbóxing.

Á mesma acudiron máis de 150 deportistas de �1 entidades deportivas. Dis-putaron as súas semifinais as categorías de prebenxa-mín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil

e sénior, correspondentes ás probas de lightcontact, semicontact, low-kick control contact e mock combat, todas elas probas onde non está permitido o contacto pleno.

As escolas Cipri Go-mes foron as máis repre-sentativas cun total de 8� competidores, sendo ade-mais a máis laureada con 36 ouros, 13 pratas e 23 bronces.

Copa Deputación de kickbóxing no Paco Paz4 Déronse cita máis de 150 deportistas.

Dous representantes das escolas de Cipri Gomes.

KUNG-FU

Gran actuación dos ourensáns no Campionato de EspañaRedacción

Vigo vén de acoller o Campionato de España de kung-fu, ao que acudiron un total de 40 deportistas da provincia de Ourense.

Os representantes do Fit-ness Forma foron os que realizaron a mellora actua-ción, xa que en total subi-ron a tres podios por equi-pos (logrando dous ouros e un bronce), e a dous máis a nivel individual (facéndose cun ouro e unha prata).

Pola súa banda, o Ximna-sio Allartao de Allariz conse-guiu dous primeiros postos, o do seu equipo en cinto verde alevín e o de Enso Garrido en cinto negro xuvenil.

Así mesmo, o equipo cin-to marrón alevín do Colexio Guillelme Brown acadou a terceira posición.

Os deportistas de Ourense acadaron oito podios

continúa a actividade de-portiva en Eiroás, con no-vas xornadas da Liga de pistola estándar o domin-go 14, a Liga de pistola de �mm o día �1, o Campiona-to autonómico clasificatorio de fogo central o día �5 e a

Liga de carabina tendido e pistola libre o domingo �8. Durante o mes de agosto, o club ourensán permane-cerá pechado, regresando á actividade o día 31 coa xornada de sábado da Copa Deputación.

Un momento da tirada de aire comprimido do pasado domingo./J. ENCINAS.

Page 15: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013

15 ARTIGOS / AcTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.��5. Depósito Legal: OU 185-�00�. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: �88 �3� 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº80- Ano: V - 1� de xullo de �013 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

capítulo 19. O equipo de traballo. O papel do psicó-logo

Despois de todo o ex-posto, pode parecer que o adestrador ideal sería aquel que sabe moito de psicoloxía, ademais de sa-ber, por suposto de táctica, de técnica e de preparación física. O fútbol, como o de-porte en xeral, é unha área de traballo interdisciplinar. Co nivel de competitivida-de actual e coa rapidez coa que hai que conseguir re-sultados, é difícil que unha soa persoa poida encargar-se de ensinar todo aos xo-gadores e moito máis difícil aínda que acerte en todo o que ensina. É necesario que o adestrador estea acompa-ñado de técnicos especialis-tas que lle asesoren e resol-van problemas específicos do adestramento. Até agora incorporouse a este equipo o preparador físico, que xa parece imprescindible, ta-mén o médico e o fisiotera-peuta, aínda que estes dous últimos cunha función máis indirecta. Falta agora, por tanto, que se incorpore o psicólogo ao equipo de tra-ballo do adestrador para que se aborden de maneira conxunta e interrelaciona-da todos os factores deter-minantes do rendemento deportivo.

Para que funcionen de-terminados principios psi-colóxicos é preciso que os aplique alguén que sexa percibido como psicólogo polo xogador. Ás veces, estes mesmos principios aplicados polo adestrador non funcionarían porque o xogador non percibe no adestrador a persoa idónea para confiar nel certos as-pectos da personalidade.

En canto ao perfil do psi-cólogo, é moi conveniente que se trate dunha persoa que, ademais de ser licen-ciado en psicoloxía, teña unha prolongada expe-riencia profesional no ám-bito do fútbol. É dicir, que se trate dun psicólogo que

fose xogador de fútbol ou dun psicólogo que acredite, dalgunha maneira, que co-ñece ben o ‘vestiario’ dun equipo de fútbol. Isto é así porque, para acertar ben nas súas decisións, o psicó-logo precisa coñecer como pensa e como sente un xo-gador de fútbol en distintas situacións deportivas; por exemplo, que pasa pola cabeza dun xogador can-do comete un fallo de vulto ao comezo do partido, que sente exactamente un xo-gador cando se ve relegado ao banco dos suplentes, que pensa un xogador cando vai gañando comodamente un partido, en que estado mental atópase un xogador xustamente antes de saltar ao terreo de xogo, e así su-cesivamente.

Se se incorpora o psicó-logo ao equipo de traballo do adestrador, entón po-dería abordar, ademais do sinalado anteriormente, os aspectos que se sinalan a continuación:

1º.- Axudar ao deportista a reducir a tensión com-petitiva, que moitos xoga-dores manifestan antes, durante, e mesmo, despois da competición e que ten unha incidencia moi nega-tiva sobre o seu rendemento deportivo.

2º.- Axudar ao deportista a afrontar a competición de maneira positiva, xerando pensamentos e sentimentos positivos, imprescindibles para que se produza unha boa execución.

3º.- Adestrar ao depor-tista, a través da práctica imaxinada, para a mellora das accións técnicas a ba-lón parado, por exemplo, o lanzamento de tiros libres, penalties.

Deporte e realidade (XX)

“O psicólogo precisa coñecer como pensa e como sente un xogador de fútbol en distintas situacións deportivas”

“A rehabilitación psicolóxica reduce no-tablemente o tempo de recuperación do deportista”

Cada equipo contará con até 12 xogadores. Competirán entre 24 e 32 conxuntos

Gala do deporte do Colexio La Purísima1�0 deportistas de Club Deportivo A Purísima recibiron os trofeos e diplomas

de tempada no transcurso dunha gala celebrada o 26 de xuño no Teatro Principal. Membros da Xunta Directiva presidida por David Valcárcel Valcárcel, decidiron así mesmo, nomear como Socio de Honra 2013 a Juan Carlos Pérez Rodríguez patrocinador das modalidades competitivas de fútbol 8 e fútbol sala, atletismo, baloncesto e voleibol.

O club que, con tres anos de vida, está aberto a todos os ourensáns, conta tamén coas disciplinas de patinaxe, danza creativa e baile moderno. A todo iso haberá que sumar na próxima tempada a actividade de ioga, completando así unha oferta coordinada na entidade deportiva por Anxo Valcárcel Valcárcel.

R. Torres

Os días 1�, �0 e �1 de xullo celebrarase o pri-meiro Torneo de fútbol 7 que organiza Serviocio Ourense nas súas instala-cións do C.D. Eiroás.

A inscrición para este evento será de 100 euros por equipo, celebrándose cun mínimo de �4 equi-pos e cun máximo de 3�.

O máximo de xogado-res por equipo será de 1� participantes.

O sorteo dos equipos levaráse a cabo na cafe-taría do C.D. Eiroás o 18 de xullo ás oito da tarde.

Suculentos premiosOs gañadores contarán

con suculentos premios: 800 euros para o primei-ro clasificado; 500 para o segundo; �00 para o ter-ceiro e 100 euros para o cuarto.

Os premios poderán in-crementarse segundo o número de equipos parti-cipantes.

[+ información e inscri-cións na recepción]

Chega o I Torneo fútbol 7 Serviocio Ourense4 Será do 19 ao 21 de xullo neste complexo deportivo de Eiroás.

4º.- Asesorar ao ades-trador no proceso de en-sino-aprendizaxe que se de-senvolve no adestra-mento, utilizando axeita-damente os principios de aprendizaxe e recalcando a importancia de utilizar unha aproximación posi-tiva.

5º.- Colaborar co mé-dico e fisioterapeuta na rehabilitación das lesións deportivas, especialmente naquelas de longa dura-ción. Demostrouse cienti-ficamente que a rehabili-tación psicolóxica reduce notablemente o tempo de recuperación do depor-tista.

6º.-Realizar unha avalia-ción do futbolista a través da cal se coñezan todas as súas calidades psicolóxicas tales como a intelixencia, personalidade, habilidades sociais, motivación, etc. O coñecemento das calidades psicolóxicas do xogador, ademais de ser clave para moitas decisións tácticas que debe tomar o adestrador, re-sulta imprescindible para a predición do éxito deportivo do deportista. Este traballo de avaliación faise especial-mente nas escolas de fútbol.

Alfonso Vilachá, con-celleiro de Deportes de Ourense e entrenador

Alfonso Vilachá.

Este trofeo repartirá 1.600 euros en premios.

Page 16: 11 Xullo 2013 - BD Nº80

BARRIOS DEPORTIVO1� de xullo de �013