06. ficha/a merla de trapo...Cando petan á porta pola noite, O rei de Ovisterre, Fantasía en re...

8
1 A merla de trapo XERAIS Título: A merla de trapo Autor: Antón Cortizas Ilustrador: Xosé Cobas Editorial: Xerais Colección: Merlín Nº páxinas: 168 ISBN: 84-8302-690-2 Idade: De 11 anos en diante

Transcript of 06. ficha/a merla de trapo...Cando petan á porta pola noite, O rei de Ovisterre, Fantasía en re...

  • 1

    A merla de trapo

    XERAIS

    Título:A merla de tr

    apo

    Autor:Antón Cortiza

    s

    Ilustrador:Xosé Cobas

    Editorial:Xerais

    Colección:Merlín

    Nº páxinas:168

    ISBN:84-8302-690

    -2

    Idade:De 11 anos e

    n diante

  • 2

    o autor

    Antón Cortizas

    Antón Cortizas (Ferrol, 1954), mestre, actualmente destinado no Centro deFormación e Recursos de Ferrol; autor de Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos popu-lares, e dunha abundante producciónen literatura infantil e xuvenil queneste momento pasa de vinte títulos.Escritor de xéneros varios, acadou opremio Xeración Nós de teatroinfantil nas edicións de 1987 e 1990con O incrible invento de Solfis a pia-nista e O coleccionista de sombras; ospremios Barco de Vapor nas ediciónsde 1988 (Memorias dun río), 1991(O conto dos sete medos) e 1997 (Osgritos das illas Lobeiras) e o Merlín do2001 que nos ocupa.Cultiva a poesía, pero onde máis des-taca é en narrativa, con títulos como:Xiganano ¿onde estás?, O lapis deRosalía (o seu libro máis traducido),A bruxa sen curuxa, O caso das chavesdesaparecidas, O merlo de ferro,Leonel, O ladrón de ar…

    resumo argumentalUn merlo de ferro, que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar, pousou naxanela de Antonia, a costureira. Ela, que posuía a maxia nos dedos, consegue libera-lo e o paxaro volve ós seus trinos. Por se esto era pouco, tamén lle fará unha merlade trapo que o acompañe.Ademais, Antonia facía roupas moi especiais, nas que os botóns daban as horas e óabotoar ou desabotoalos sentíanse chíos de merla, camisóns con aroma a mimosa ouchaquetas que levaban cosida a música da radio. Esas cousas pasaban porque cando

  • 3

    Antonia era pequena ocorréralle algo fantástico… E fantástico será tamén o fin destahistoria que remata, como deben rematar as historias medio reais medio imaxinarias,é dicir, ben.Recrea un ambiente irreal coma de conto de fadas pero sen fadas, no que a linguaxepoética fai o papel da maxia.Unha noveliña na que se introducen contos que recordan o imaxinario popular e tra-dicional. Complementa, dalgún xeito, aquela outra chamada O merlo de ferro quefora publicada na década anterior.

    ilustraciónXosé Cobas, nado en 1953, compaxina debuxo, pintura, ilustración e deseño gráfi-co. No 1999 foi seleccionado para a Fiera del Libro per Ragazzi di Bologna.Introduce os capítulos cunha pequena ilustración que normalmente se complemen-ta con outra a páxina enteira; esta, nalgún dos casos aparece como fondo do textoescrito.O ilustrador, cun estilo moi persoal erecoñecible, traballa técnicas mixtas.Achega calidades cromáticas asícomo variedade de texturas. Nos fon-dos oscila dende a delicadeza dasaguadas á rudeza matérica case táctil.A utilización das cores quentes, opredominio da liña curva, a tenden-cia á ocupación do espacio, un certosurrealismo e algún que outro ele-mento decorativo fan do libro unobxecto interesante de ver con toquespreciosistas.Outros libros ilustrados por el son Anena de auga e o príncipe de lume,Cando petan á porta pola noite, O reide Ovisterre, Fantasía en re maior,Andrea quere ser maior, O pazo balei-ro, Caderno de fume, A pousada dosétimo día, O home que inventou unhamaneira de andar…

  • 4

    temáticaO pasadoOs oficios tradicionais: costureiras e ferreiros.O ferreiro, necesario en cada vila para ir facendo as ferramentas e os arranxos necesa-rios. Un oficio que xa case non se ve ou que pasou a ocuparse máis do decorativo quedo utilitario.A costureira. Agora xa case só se dedican a arranxar a roupa, pero aínda queda algunha

    que fai pezas. Restos do pasado. Antes de existir o «pret a porter» eran imprescindibles; elas facían todaa roupa das mulleres e a roupa de traballo dos homes, os traxes facíanllelos os xastres.Costumes de antes.As costureiras ían coser polas casas, normalmente. Levaban na cabeza a máquina de coser e ían dunhacasa a outra, facéndolle a roupa da familia e quedándose ata que remataban o labor; daquela pasaban aoutra casa. Eran coma xornaleiras que comían e durmían na propia casa na que estaban traballando.Imaxes que nos recordan a importancia deste oficio serían as figuras de Sargadelos e a pintura (así titu-lada) de Maside.Máis tarde apareceron as máquinas de coser grandes, de pedal e as costureiras quedaron fixas, deixaronde ser nómadas para atender a clientela no propio taller. No libro vese este cambio: Antonia agora tra-balla na súa casa, cando estaba aprendendo ía de casa en casa coa mestra costureira.Estrear roupa polas festas.A rapazada: os seus traballos (ir coas vacas…) e as súas distraccións (ir ós niños…).Traballos de antes: a malla.

    O narrador omnisciente que se fai presente en determinados momentosA novela está contada en terceira persoa, é un narrador que todo o ve e o sabe quen nolarelata, pero en determinados momentos pasa á segunda persoa e fálanos a nós (Imaxinaunha rúa calquera, que se chame, por exemplo, a rúa das Pétalas…), lectores, e noutros casos,fala en primeira persoa facendo comentarios de si mesmo (…coma non sei que cousa dicir…).

    O poderO rei quería tanto poder… que pretendía controlar o tempo (non envellecer) e o clima,ver todo o que está sucedendo… Pero o narrador recolle un refrán: «A quen pensa que todoo abarca, sempre hai algo que lle escapa»; neste caso, o rei non é quen de soñar. Está só.

    A historia dentro da historiaHai un momento no que a persoa lectora (eu) está lendo un libro (A merla de trapo) noque a protagonista (Antonia) le nun libro (Historias de ningures) a historia dun rei quenon podía soñar. Para que esa relación entre as historias sexa máis real, os merlos vandunha historia á outra, ó lugar a onde non veñen aínda é á nosa realidade de lectores

    de A merla de trapo ¿ou si?

    Personaxes do imaxinario popular galego: nubeiros, lugrumantes…Nubeiro é o demo ou bruxo que ten relación coas nubes, especializado en provocartempestades e os tronos con vistas a destruír as colleitas. O nubeiro-demo está dotadode elementos que poden simbolizalo como son os zocos (ruído dos tronos) e as tena-ces. Os nubeiros-bruxos son considerados de carne e óso, persoas reais, normalmente

    falan unha lingua estraña. Ás veces reciben o nome de tronante porque provocan tronos, e tamén legro-mante por ser bruxo.

  • 5

    temáticaCando de neno te perdes¿Quen non se perdeu algunha vez? E quen máis se perde son os nenos e nenas.Coñecen menos o medio, son despistados… e incluso todo lles queda máis alto.Todos, se facemos un esforzo poderiamos contar aquela vez na que nos perdemos e aangustia que nos entrou. Son lembranzas case comúns, porque todos podemos telas; ótempo é un tema que debería tratarse para que sen angustias se vaian estudiando as

    maneiras de orientarse, os recursos a utilizar neses casos, a precaución que non ha de ser inhibidora…

    PaxarosPoucos paxaros son perigosos e ningún para nós, en principio. De aí que aparezandentro do noso imaxinario como animaliños amables e inocentes. ¿Quen lles tenmedo ós paxaros? Non fan mal e non se lles ten medo. De neno, xógase a recoñeceros paxaros e a imitar os seus cantos; vaise ós niños; e poden ensinar… incluso a ler.

    Todo o mal que poden facer os merlos é comer os figos ou algunha semente. Son negros pero non levanconsigo ese halo de mala fada que parecen levar os corvos; ademais, o pico amarelo achégalle un puntode cor que suaviza o preto.O paxaros cantan e aledan a vida das persoas, no campo escóitanse, e contra eles todo máis que se fai écolocar un espantallo, que tamén é un elemento simpático á infancia. Lembremos os contos que apare-ceron con este nome: O espantallo amigo, O espantapaxaros…

    Referencias culturaisO rei actualizaba o seu retrato día a día. Mirábase no espello e pintaba sobre o retra-to cada enruga que aparecía. Esto pode estar relacionado con O retrato de Dorian Grayde Óscar Wilde, neste caso só envellecía o retrato, mentres que a protagonista seguíaa ser moza sempre.

    Noutro lugar dise que aquela caricatura en que debuxaba as engurras que lle ían saíndo cada día parecía-se máis ao mapa dun país cheo de ríos e regatos. De Galicia dise que é o país dos mil ríos.Aparece tamén o soldadiño de chumbo que lle regala o ferreiro á nena mandadeira que lle leva a chaque-ta de faena.

    ¿Realismo máxico?O realismo máxico é un estilo literario no que se fala da realidade, pero esta ten visosfantásticos. Neste caso, parece que estamos ante un libro infantil con características derealismo máxico, como demostrarían os feitos seguintes: coller un retrinco de noiteparda para facer unha merla e fíos de raios de lúa para cosela, os elementos cos que

    está fabricado o merlo de ferro, as pezas extraordinarias de roupa (que aromatizan ou dan sons), o niñode luz e sombra…

    Relación da ficción coa realidadeO autor, na dedicatoria di: «A miña nai, que é Antonia e foi costureira». Se ademaissabemos que seu pai foi ferreiro, podemos concluír que Antón Cortizas está contan-do dunha maneira lírica e chea de tenrura a historia dos seus pais.Contar esta historia é homenaxealos, algo que comezara a facer en O merlo de ferro.

    El síntese orgulloso dos seus pais, da relación afectiva que os uniu e tamén das profesións que tiveron.

  • 6

    actividadesDo libro

    ¿Onde traballa, cada día, a costureira? ¿A cambio de que?¿Con que materiais constrúe Antonia a merla de trapo?¿Que encargos lle fan á costureira?¿De que era o estorbo que levaba o merlo de ferro no peteiro?Explica canto saibas da planta de sen-ninguén.¿Como funcionan as tesoiras de cortar e descortar?¿Cal é o libro de ler e desler? ¿Como se deslé?Diferencia entre segredo e secreto.¿Que vén sendo «tiruliruliluri»? ¿E «tinc tinc»? ¿Como se lles chama a este tipo de palabras que apare-cen moito nos cómics? Noutros casos aparecen os verbos «tequeletaban», «tintirilaban» e «tinquilintín».¿A que son se referirán? Escribe outros que coñezas ou podedes pasar a xogar inventándoos.¿Qué significa «invericada»?Dise que naqueles tempos non había teléfono e que había que mandar os encargos por alguén. ¿Comoagradecía a costureira a quen lle daba os recados? ¿E o ferreiro?Explica como é o nubeiro lugrumante.¿Cres que hai elementos máxicos na narración? De ser o caso, cita algúns.«Coser con alferga de ouro fino e con agulla de prata.» ¿Por que se dicía eso se logo non importaba quese cosese con agulla de aceiro e fío de algodón?¿Por qué se enviaba Antonia cartas a si mesma?¿Que che lembra o título do capítulo «A blusa amarela e a saia tamén»?¿Como lle arranxou Antonia a roupa á filla do reloxeiro?¿Como se chama o ferreiro?Explica esta frase que aparece no libro: «A luz da lúa é moi mentireira, pois non é luz, senón reflexo.

    Do que aparece no libro

    O libro está escrito cunha prosa certamente poética. Busca anacos nos que se note esta linguaxe especial.A rúa das Pétalas… é un bo nome, un nome bonito e que a todo o mundo lle pode gustar; ademais,chamarse así, implica que todas as xanelas e balcóns estean cheos de flores… Procura nomes que chegusten para rúas e que tamén comprometan á beleza.A maneira que se ten de chamar á costureira, por medio de catro versos (páx. 10) rimados, pode ser imi-tada para chamar a outras profesións ou para anunciar a presencia dalgún oficio (como no caso do afia-dor). Faino. Pero tamén se pode realizar unha conversa (coma nas regueifas) con versos, de feito é o quefai Antonia co merlo. Probemos a falar en verso. Noutro momento, cando na páx. 66 sae o pregoeiropolas rúas a pregoar as ordes do rei, aparece de novo o versificado e será interesante relelo; igual que omomento no que o rei por fin soña e esperta falando con pareados (páx. 89). Por grupos, pódense irdistribuíndo estes modelos a imitar para que, baseándose neles, cada equipo elabore creacións propias.Examina o libro buscando episodios que che parezan humorísticos.Indaga canto poidas acerca dos merlos. Debuxa un merlo e unha merla adultos así como unha cría.Agora que xa sabes… explícanos en que se diferencian.Explica expresións como: «cando rebentase a primavera», «ás de aroma de mazá de príncipe», «furan opano da escuridade», «as montañas querían tocar o ceo cos dedos das árbores que se estiraban»…A soidade aparece representada cunha herba: a sen-ninguén. Ningunha outra planta medra preto e faiperder a cor das cousas que toca. ¿Que sentimento cres que se agacha detrás da perda de cor? ¿Que tem-

  • 7

    actividadesperatura unirías a esta perda de cor? ¿Que sentirías ti se de pronto o mundo quedara como unha pelí-cula en branco e negro? Ilustra esa imaxe.No texto, verás que hai anacos que se repiten, e que esto forma parte da poética e do ritmo que se llebusca á lectura. Demóstralles estas repeticións ós teus compañeiros.Falando da merla, di o narrador «A merla era feituca coma unha casca de noz. Era suave coma a semen-te dos álamos. Era linda coma unha flor de pexegueiro». Compara ti, agora. Podes comezar mantendoa primeira parte da comparación e inventando a segunda (A merla era feituca coma… a merla era suavecoma…) e posteriormente buscar outro animal, obxecto ou o que ti queiras (pode ser algo que ti fixe-ras) e buscarlle moitas comparacións. Observa outro parágrafo cheo de comparacións «… as lámpadastintirilaban coma campaíñas, as torres retorcíanse coma vimbios, as tellas dos tellados tequeleteabancoma castañolas; o cataventos viraba coma un tolo…»; ou este outro «tiña as plumas azuis coma o padaldo ceo, azuis coma o espello dun mar de verán», «vermellas coma as papoulas, vermellas coma o sanguedun volcán enfurecido», «amarelas coma a ollada do sol, amarelas coma as chorimas»… De novo porequipos podedes distribuír estes modelos, e seguíndoos facer as vosas propias creacións.«A merla de trapo mirou para a costureira… ¿Creríasme se che dixera que Antonia sentiu coma se se esti-vese a mirar ela mesma nun espello?» Hai unha identificación de merla de trapo con Antonia e do merlo deferro co ferreiro. Demostrádeo buscando os parágrafos onde eso se ve; explicade a qué credes que se debe.Observade o xogo de palabras que se produce cando a xente fala con ou de Miranda, a filla do reloxei-ro. Á parte deste, aparece outro, moi próximo xogando coa familia da palabra «perplexo». Inventade vós,agora, outro xogo; podedes facelo por medio dunha narración escrita ou realizalo oralmente.Hai un momento no que o narrador se ve na obriga de inventar unha palabra que poida definir o esta-do de ánimo da costureira, e crea «invericada». Pensade en algo para o que non atopedes nomes, tal vezos compañeiros e compañeiras poidan demostrarche que existe e ti aceptaralo, pero de non ser así, pode-redes inventalas. A cada unha destas debedes facerlles unha definición e un exemplo de uso para quetodos os demais as poidan coñecer e usar. Colocarédelas nun cartel e xogaredes e falar introducindo noidioma estas palabras que só vós coñecedes.Este libro ten un vocabulario moi rico, polo que se poden facer dous equipos que xoguen a preguntar-se uns ós outros o significado de palabras de aparecen no texto. Ganará aquel que acerte máis.Cando se está contando a historia do rei (páx. 62) hai parágrafos nos que a pesar de ser prosa as pala-bras riman. Fíxate: «… Era un rei de moito mandei, un rei que valía por seis, un rei coma nunca ima-xinei, un rei con todas as da lei, un rei coma eu me sei…», «Mais tamén era un rei vaidoso, aceitoso,seboso, caprichoso, cotroso, escrupuloso, fachendoso…». Pode ser o momento adecuado para ver cómoé que riman as palabras, qué terminacións han de facelo, se riman vocais e consoantes ou só consoan-tes… e a continuación, pórse a facer rimas ¡todos a unha!Ás veces, o autor xoga a utilizar as frases no sentido literal e cando fala das malas pulgas do rei, explicacomo estas saltan sobre os seus súbditos e posteriormente han de ser recollidas. Noutros casos, cambia afunción dos oficios, os procuradores son os que han de procurar as pulgas do rei (e non os que fan xestiónsnos xulgados); outras veces, inventa profesións coma a dos aduladores, calzadores (os que deben calzalo),miradores (os que miran en vez do rei), comedores (comían polo rei), soñadores… Este conto podemosdramatizalo e resultará interesante, primeiro polo definidas que están as personaxes, logo pola comicidadee tamén polo feito de que podemos ter papel para cada un dos alumnos e alumnas da clase. Escenas comaas de «¡Termádeme do palacio!» nas que todos os servidores se han de pór man á obra, ou aquelas outrasnas que se presenta cada grupo de servidores son moi adecuadas para a súa representación.A sorte do paxariño, a mensaxe no papel e a pista que lle dá a velliña «Os últimos serán os primeiros,maxestade; os últimos serán os primeiros». Crear mensaxes cifrados e dar pistas para que poidan desci-fralos. Pódense organizar concursos arredor disto.

  • 8

    actividadesAntonia, cando era nena, levaba as vacas a pastar… este era un traballo que facían moitos rapacesdaquela. Pregúntalles ós máis vellos e que che conten qué facían eles de pequenos. Reflexionar sobrea realización de traballos de axuda por parte dos máis novos e o que realizan hoxe, se pode ser con-veniente que os pequenos tamén se responsabilicen de algo…Podemos organizar un traballo arredor do traballo infantil (máis ben explotación) no terceiromundo.As vacas eran fundamentais para a economía familiar naquel tempo. Tanto que Castelao ten feitounha pequeniña obra de teatro en Cousas acerca desto. Os nomes das vacas, ver textos (A vacaMarela) e preguntar a aqueles que as tiveron ou teñen…A novela é unha mirada ó pasado, nela recóllense contos fantásticos coma o do rei que non soñaba oucontos de vello coma o do lugrumante ou recordos da infancia coma cando se perde (anque aquí lleintroduce algo fantástico); cousas doutros tempos como pode ser o cura que sabe facer esconxuros nolibro de ler e desler… Podemos xogar a facer esconxuros, a desler, a pórlle nomes ó lugrumante…Antonia faille á chaqueta do ferreiro un peto secreto e dentro del un segredo. Explica a diferencia.Ilustra: «Así puido coser o pano pardo da anoitecida cos fíos finos que lle arrincara aos raios da lúa».Decorar a aula, durante a lectura, cun móbil de merlos.

    Doutros libros

    Faise case imprescindible ler O merlo de ferro do mesmo autor e, como xa vemos polo título, damesma familia temática.Os outros libros de Antón Cortizas que resulten adecuados para esta idade. De calquera maneiranunca vén mal que os vexan todos.Pódese facer unha exposición con libros ilustrados por Xosé Cobas.Outra exposición posible sería de libros premiados.

    Pedidos a:

    Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

    EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

    XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /