01 Peee e i d galeg fial2 Heie Meagd 24/06/10 15:22 Pgia...

8

Transcript of 01 Peee e i d galeg fial2 Heie Meagd 24/06/10 15:22 Pgia...

Page 1: 01 Peee e i d galeg fial2 Heie Meagd 24/06/10 15:22 Pgia 82webspersoais.usc.es/.../08_1_Monteagudo_186.pdf · máis acusada do uso do galego é nos municipios intermedios, de 20 a

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 24/06/10 15:22 Página 82

Page 2: 01 Peee e i d galeg fial2 Heie Meagd 24/06/10 15:22 Pgia 82webspersoais.usc.es/.../08_1_Monteagudo_186.pdf · máis acusada do uso do galego é nos municipios intermedios, de 20 a

T E M A S D O N O S O T E M P O

Amediados do pasado mes de abril, osmedios de comunicación difundiron osresultados da enquisa do Instituto Galego

de Estatística sobre ‘Condicións de vida dasfamilias’, en que se recollen datos sobre coñece-mento e uso do idioma galego correspondentes a2008 (IGE-08), datos que, ao seren comparablescos que o mesmo IGE recolleu en 2003 (IGE-03), permiten facer unha idea da evolución dasituación social do idioma nese lustro1. Senentrar nunha análise demorada deses datos ninafondar nos moitos matices que ofrecen (o quesería descabido neste lugar), cómpre chamar aatención sobre tres aspectos relevantes: 1) O de -valo do galego como lingua habitual e o abalo dobilingüismo substitutorio, 2) O incremento do bi -lingüismo inicial, 3) O aumento da presenza dogalego no sistema educativo.

En todo o que vén a seguir, debera terse enconta que os datos se refiren á poboación resi-dente en Galicia, por tanto non inclúen os emi-grantes galegos que residen fóra do noso país,pero si a poboación inmigrante, que se incre-mentou notablemente nos últimos anos: segun-do datos do Padrón municipal de habitantes, en2003, os nados fóra de Galicia representaban o9,6% da poboación residente en Galicia; en2008 supuñan o 12% da mesma2. Na faixa etariade 30 a 49 anos, o incremento deixouse sentircon máis forza, pois a porcentaxe de poboaciónnada fóra de Galicia pasou do 13,5% ao 17,5%,cun incremento de catro puntos porcentuais.Feita esta importante observación, nas páxinasseguintes procederemos a revisar sumariamenteestes tres aspectos, tratando de tirar algunhasconclusións xerais cara á política lingüística, par-ticularmente a referida ao ensino.

Lingua, sociedade e política

Presente e porvir do galego

H E N R I Q U E M O N T E A G U D O

O descenso do uso do galego eincremento do bilingüismo substitutorio

Comparando os resultados da enquisa de 2008coa de 2003 (gráfico nº1), salta á vista que o gale-go pasa de ser a lingua da comunicación oral dia-ria (sumando as respostas ‘só galego’ e ‘máis gale-go’) do 61% da poboación (2003) ao 57%(2008), o que implica unha perda porcentual deaproximadamente un punto por ano, aínda quedebe terse en conta que máis da metade desaperda do galego poden atribuírse ao incrementoda poboación inmigrante. Na franxa de idademáis nova (de 5 a 14 anos), a caída é un poucomenos acusada, do 40 ao 36% aproximadamen-te, sendo que dos catro puntos porcentuais de

Cartel da campaña “En galego, chegarás moi alto”,

do Concello de Ferrol, 1998

Agradezo vivamente ao amigo Antón Reixa as súas estimulantes ideas, os

diálogos multimedia e as barís achegas para este artigo.

Como complemento deste, pode consultarse o que redactamos para a

Fundación 10 de marzo: “A ofensiva da dereita contra o galego.

Discursos, estratexias e programas político-lingüísticos”, accesible en

www.f10m.org/index/artcls.php?id=138.

1 Os resultados pódense consultar en rede na páxina do IGE, que tamén

ofrece resumos: www.ige.eu/web/index.jsp?idioma=gl

2 Nótese que a efectos da presente análise consideraremos poboación

inmigrante a residente en Galicia pero nacida fóra dela, tanto noutras

comunidades autónomas coma no estranxeiro.

Henrique Monteagudo é profesor de Sociolingüística Galega na

Universidade de Santiago de Compostela, secretario do Consello

da Cultura Galega e codirector de GRIAL.

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 24/06/10 15:22 Página 83

Page 3: 01 Peee e i d galeg fial2 Heie Meagd 24/06/10 15:22 Pgia 82webspersoais.usc.es/.../08_1_Monteagudo_186.pdf · máis acusada do uso do galego é nos municipios intermedios, de 20 a

perda, aproximadamente 2,6% poden atribuírseao abalo da poboación inmigrante (gráfico nº2).A franxa en que se rexistra unha menor caída é namocidade: no grupo entre 15 e 29 anos pásase do45% en 2003 ao 43% en 2008, e esta perda dedous puntos porcentuais pode achacarse practi-camente na súa integridade ao incremento dainmigración (que nesa faixa foi de +2,6%); e omaior descenso dáse na franxa seguinte, de 30 a49 anos, con oito puntos de caída: do 57% ao49% (pero a metade desa caída pode deberse aoincremento da poboación inmigrante, que nesafranxa atinxe o +4%).

Por outra banda, é de notar o rechamanteincremento das porcentaxes de persoas que sedeclaran bilingües na súa fala cotiá: en 2003,constituían o 37% do conxunto da poboación, apartes practicamente iguais con predominio dogalego (18%) e do castelán (19%), mentres queen 2008 constitúen a metade da poboación,sumando o 27% dos bilingües con predominiodo galego e o 23% con predominio do castelán.Pero, como se deduce das cifras que acabamos dedar, o bilingüismo medra significativamente máisentre os/as galegofalantes ca entre os/as castelan-falantes; ademais, o monolingüismo en castelánmantense nunha porcentaxe por volta do 20%,mentres que o monolingüismo en galego cae un13%. Así como o incremento dos bilingües difi-cilmente pode atribuírse ao efecto da inmigra-ción, este debe terse en conta á hora de interpre-tar o último dato, isto é, o mantemento domonolingüismo en castelán.

O devandito parece apuntar ao mantementodunha pauta de bilingüismo asimétrico e substi-tutorio: os monolingües en galego tenden a facer-se bilingües, e os bilingües con predominio do

galego tenden a facerse bilingües con predominiodo castelán; os procesos na dirección inversa pare-cen moito menos frecuentes. De feito, en 2003 obalance dos cambios de lingua habitual aíndaresultaba lixeiramente favorable ao galego, men-tres que en 2008 resulta claramente favorable aocastelán: das persoas maiores de 16 anos que afir-maban ter mudado de lingua, na primeira enqui-sa (IGE-03) o 53% fixérano cara a incrementar ouso do galego, mentres que, contrariamente, nasegunda (IGE-08) o 58% afirma telo feito cara aaumentar o uso do castelán.

Analizando máis polo miúdo eses procesos decambio de lingua habitual, constátase que en2003, o 18% da poboación maior de 16 anosdeclaraba mudara os seus hábitos lingüísticos afavor do monolingüismo en galego, fronte ao14% que o fixera cara ao monolingüismo en cas-telán; cun saldo lixeiramente favorable ao pri-meiro, como se ve. Ese balance favorable ao cam-bio cara ao galego rexistrábase en todas e cadaunha das faixas etarias, incluíndo a cohorte de 16a 29 anos (19% cara ao galego fronte ao 15,5%cara ao castelán). En 2008, a balanza aparecebruscamente inclinada no sentido contrario: só o11% do conxunto da poboación declara termudado cara ao uso do galego (monolingüismo),mentres que o 20% afirma que mudou cara ao usodo castelán. Na cohorte máis nova (16 a 29 anos),o desequilibrio é abrumador: 7% mudou cara aomonolingüismo en galego, fronte ao 23% caraao monolingüismo en castelán.

Significativamente, entre os factores que influí -ron neses cambios de hábitos lingüísticos, a de -cisión persoal pesaba máis en 2003 ca en 2008,mentres que as razóns de traballo pesan moitomáis en 2008 do que pesaban en 2003, especial-

Gráfico nº1. Evolución da lingua habitual 1992 > 2003 > 2008 Gráfico nº2. Lingua habitual por idade, 2008

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 29/06/10 9:20 Página 84

Page 4: 01 Peee e i d galeg fial2 Heie Meagd 24/06/10 15:22 Pgia 82webspersoais.usc.es/.../08_1_Monteagudo_186.pdf · máis acusada do uso do galego é nos municipios intermedios, de 20 a

mente no grupo de 30 a 49 anos, que precisa-mente é unha idade plenamente laboral. Nacohorte máis nova (16 a 29 anos) detéctase omesmo fenómeno, pero dáse a peculiaridade deque tamén pesan moito os cambios de residen-cia, que ao menos nalgúns casos poden relacio-narse coa realización de estudos. Reforzar o usodo galego no ámbito laboral e profesional debeconstituír, por tanto, un obxectivo prioritario daspolíticas públicas, especialmente para frear aperda do seu uso nos/as falantes que se incorpo-ran á actividade profesional ou ao mercado labo-ral. O mesmo se podería afirmar, mutatis mutan-dis, das universidades e outros centros de ensinosuperiores.

Con respecto a ese proceso de substituciónlingüística do galego polo castelán, que comovemos os resultados de IGE-08 mostran non sóactivo senón puxante, tamén é interesante obser-var os resultados en relación co hábitat. Nosmunicipios máis urbanos (máis de 50.000 habi-tantes), a situación é relativamente estable, cunhaescasa presenza do galego —en conxunto, só unterzo da poboación urbana declara falar habitual-mente só galego ou máis galego. Por outra banda,nos municipios de menor tamaño (menos de10.000 habitantes e de 10.000 a 20.000 habitan-tes), onde o galego é aínda lingua maioritaria,salienta o devalo do monolingüismo en galego e ocorrelativo abalo do bilingüismo predominante-mente en galego. Pero onde se dá unha perdamáis acusada do uso do galego é nos municipiosintermedios, de 20 a 50.000 habitantes, onde ouso do idioma do país baixa en oito puntos por-centuais (do 60% ao 52%, sempre sumando gale-go con máis galego). Hoxe por hoxe, onde está opunto quente da batalla de futuro do galego é,

Gráfico nº3. Evolución da lingua inicial 1992 > 2003 > 2008

pois, nas vilas grandes e nas cidades pequenas. Éaí onde se deben concentrar os esforzos da políti-ca lingüística, e nela deben xogar un papel prin-cipalísimo os centros educativos.

Incremento do bilingüismo inicial

A porcentaxe de persoas que declaran ter aprendi-do a falar simultaneamente nas dúas linguas pasa do16% (2003) ao 23% (2008) (gráfico nº 3). Aomesmo tempo, o galego cae como lingua inicial(isto é, aquela en que se aprendeu a falar) en casecinco puntos porcentuais no conxunto da poboa-ción, do 52% ao 47%. No grupo de poboaciónmáis nova, de 5 a 14 anos, a perda é máis brusca,pois pasamos do 32% ao 25%, o que non se podeexplicar soamente por un aumento da poboacióninmigrante (pois nesta faixa o incremento desta foide 2,6%) (gráfico nº 4). A primeira vista, este des-censo confirma o prognóstico máis ben sombrío aque apunta o dato recollido ao comezo do apartadoanterior. Porén, debe terse en conta que tamén ocastelán cae, e nunha porcentaxe similar ao galegose ben que un pouco máis reducida (tres puntos, do30% ao 27% no conxunto da pobación).

Dalgún xeito, a caída do galego como linguainicial podería vir compensada polo devanditoincremento dos bilingües iniciais, un incrementoque é especialmente significativo entre os máisnovos, pois na faixa entre 5 e 14 anos de idadepásase do 20% de 2003 ao 34% de 2008. Sesumamos as porcentaxes correspondentes aogalego como lingua inicial coas de bilingüismoinicial, pasamos do 68% de falantes iniciais dogalego en 2003 ao 70% en 2008, e na franxa eta-ria máis nova, pasamos do 53% de falantes ini-ciais de galego en 2003 ao 59% en 2008 (nos

Gráfico nº4. Lingua inicial por idade, 2008

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 29/06/10 9:20 Página 85

Page 5: 01 Peee e i d galeg fial2 Heie Meagd 24/06/10 15:22 Pgia 82webspersoais.usc.es/.../08_1_Monteagudo_186.pdf · máis acusada do uso do galego é nos municipios intermedios, de 20 a

dous casos, a pesar do incremento da poboacióninmigrante). Este dato pode ser esperanzador,sempre que os bilingües iniciais manteñan o usodo galego e non acaben tendo como lingua habi-tual só ou preferentemente o castelán. Nesteaspecto, as políticas lingüísticas, e particularmen-te a política lingüística no ensino, revélase comoun factor de crucial importancia.

Aumento da presenza do galego nosistema educativo

Outro resultado relevante é o notable aumentoda presenza do galego no sistema educativo, quepasa de menos do 39% en 2003 ao 61% en 2008(aínda máis significativamente, arredor do 72%de escolares entre 5 e 16 anos viñan recibindo oseu ensino maioritariamente en galego), o cal dáun bo índice do progreso que experimentou ouso da lingua do país nos centros durante os anospasados, e concretamente, do positivo impactona situación do galego no ensino que tivo a polí-tica lingüística impulsada polo goberno de coali-ción PSdG/BNG, pois ao noso entender o fenó-meno de abalo do bilingüismo inicial na franxaetaria máis nova que sinalamos no parágrafoanterior (14 puntos porcentuais, do 20% ao34%), é inseparable desta progresiva galeguiza-ción do ensino. Esa franxa etaria é especialmenterelevante para a formación da conciencia e acapacitación lingüística dos individuos. Dasactuais previsións lexislativas para o galego noensino resulta especialmente negativo (ademaisde alegal ou mesmo ilegal, segundo o informe doConsello Consultivo de Galicia3) deixar en mansdos proxenitores a decisión sobre a utilización dogalego na etapa do ensino infantil.

Non menos grave resulta a mestura da regula-ción do galego no ensino coa referida ao inglés,como inicialmente se pretendía coas ‘Bases para odecreto do plurilingüismo’, e finalmente non sedescartou de todo no decreto recentemente apro-bado. Igualmente perversa tanto para a recupera-ción do galego como para a solución do endémicofracaso do ensino de linguas estranxeiras no siste-ma educativo español. Non cabe dúbida de que arecuperación do galego ten que ver cun alto senti-do da diversidade cultural e lingüística. A compe-tencia en inglés ben pode fomentar a superacióndas estreitas pautas de competencia dos monolin-gües en castelán, tan afeitos e preguiceiros ao acce-der nunha soa lingua aos contidos de coñecemen-to universal. Pero non ten ningún sentido que asuperación desa limitación (as carencias na apren-dizaxe do inglés) vaia en contra dos niveis deimplantación do galego.

Porén, bótase en falta a ausencia de elementoscurriculares que vinculen os estudantes coa lusofo-

nía. Paradoxalmente, si existen algunhas previsiónsneste sentido, ao abeiro de programas europeos, nacomunidade de Estremadura. A cidadanía futurade Galicia sería, sen dúbida, máis libre e capacita-da se rematase o período obrigatorio de ensinosendo plenamente competente en galego, portu-gués, castelán e, por que non?, en inglés.

Política lingüística, discursos públicos eevolución da situación social do idioma

Resulta moi significativo constatar que nunhacomparanza dos dous inquéritos, de 2003 a 2008,entre os resultados máis rechamantes se atopan osreferidos ao incremento do bilingüismo, tanto nalingua inicial canto na lingua habitual. Así e todo,non parece verosímil que unhas mudanzas tannotables coma as que ex presan esas enquisas sexanreflexo exacto de cambios na realidade social: comoexplicar que o monolingüismo en galego perdese13 puntos porcentuais, do 43% en 2003 ao 30%en 2008? Ou que o bilingüismo inicial aumentasedo 16% en 2003 ao 23% en 2008? Damos porfeito, loxicamente, que as dúas enquisas que esta-mos a comparar son igualmente merecentes deconfianza, pois foron realizados polo mesmo orga-nismo —unha entidade oficial e especializada narecolla de datos estatísticos, como é o InstitutoGalego de Estatística—, cun cuestionario practica-mente idéntico e, ata onde sabemos, cuns procede-mos moi similares.

Independentemente da incidencia de factoresque deben ser pescudados en profundidade, poisescapan a unha análise rápida como a que se pre-tende ofrecer nas presentes liñas (tales como oestudo máis pormenorizado do impacto do nota-ble incremento da poboación inmigrante), contodas as cautelas, coidamos que ao menos unhaparte desas avultadas discrepancias poden deberseá influencia de factores actitudinais nas respostasdos informantes, uns factores que puideron incre-mentar o seu efecto na mesma medida que a cues-tión da lingua gañou en visibilidade e se viu sobre-cargada de tensión política por causa da campañacontra o decreto 127 emprendida polo PartidoPopular a partir do ano 2007. Sendo así, haberíaque reflexionar sobre as razóns da mudanza depercepcións que puideron inclinar as respostas dose das informantes máis a favor do monolingüismona enquisa de 2003, e máis a favor do bilingüismona de 2008 —admitindo, por suposto, que debeude producirse unha mudanza real no sentido queindican os inquéritos, pero moi probablementenunhas dimensións máis modestas do que osresultados suxiren.

A título de hipótese tentativa, non resultainverosímil que en 2003 primase unha certa sen-

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 24/06/10 15:22 Página 86

Page 6: 01 Peee e i d galeg fial2 Heie Meagd 24/06/10 15:22 Pgia 82webspersoais.usc.es/.../08_1_Monteagudo_186.pdf · máis acusada do uso do galego é nos municipios intermedios, de 20 a

sación de esgotamento da política lingüística dofraguismo (presidida polo seu lema do ‘bilingüis-mo harmónico’) e de necesidade dun impulsomáis decidido á lingua galega. Pola contra, en2008 puido prevalecer a percepción de que seestaba xestando un indesexable conflito lingüísti-co de dimensións e intensidade descoñecidas enGalicia. En tales condicións, nesa ocasión se ten-deu a preferir opcións de resposta máis concilia-doras, que subliñan máis a cohesión da socieda-de galega arredor do bilingüismo, ca non a súapolarización arredor do monolingüismo, sexaeste en galego ou en castelán.

En consecuencia, aventuramos unha inter-pretación que asume que os datos si reflictenunha caída real do galego como lingua inicial ecomo lingua habitual, pero que sobre todoexpresan unha reacción social non tanto contra apolítica lingüística do goberno de coaliciónPsdG-BNG, canto ao clima de crispación lin-güística alimentado polo Partido Popular, pormovementos como Galicia Bilingüe e por impor-tantes medios de comunicación social. Anteunha percepción de crecente polarización socialen relación coa lingua, unha parte significativada cidadanía tendeu a dar preferencia a respostaspercibidas como máis consensuais.

O devandito non abona unha lectura super-ficial dos datos, máis se é feita en clave partidis-ta, do tipo da que ofreceron algúns voceirospolíticos, unha lectura que arrisca a aventurarinterpretacións precipitadas, cando non mani-puladas ou distorcidas, máis ben destinadas aconfirmar consignas propagandísticas ou prexu-ízos. O primeiro que debe saber calquera ana-lista que se achega a este tipo de datos é que aspolíticas lingüísticas públicas teñen unhas posi-bilidades limitadas e só conseguen un impactosignificativo no medio prazo, sempre a condi-ción de que sexan eficaces, coherentes e perse-verantes, xusto o contrario do que está empeña-do en facer agora o Partido Popular desde aXunta. Por parte, é un despropósito deducir dosresultados do IGE-08 o fracaso de ou un rexei-tamento cara á política lingüística do gobernode coalición PSdG-BNG: as caídas do galegocomo lingua inicial e como lingua habitualrexistradas no grupo de idade máis novo (de 5 a14 anos) —que sería o que podería verse dalgúnxeito afectado polo decreto 127/2007, e tendoen conta que a enquisa se realizou con só unano de posterioridade a este— atinxen a indivi-duos nacidos entre 1994 e 2003, isto é, enpleno período fraguista, durante o cal comeza-ría a escolarización da gran maioría deles. Máisben, aqueles resultados poderían tomarse comounha ilustración das insuficiencias da políticalingüística dos gobernos de Manuel Fraga.

3 O decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

(nº 79/2010, de 20 de maio) pode consultarse en rede no enderezo:

www.edu.xunta.es/web/node/155. O ditame do Consello Consultivo de

Galicia, 183/10, sobre o proxecto de decreto do plurilingüismo pode

con sultarse en: http://213.60.82.10/media/uploads/pdf/183-10.pdf.

Téñase en con ta que a redacción do presente artigo é anterior tanto á

emisión do ditame coma á aprobación do decreto.

En definitiva, independentemente das inter-pretacións e das hipóteses explicativas, unha con-clusión xeral que podemos tirar da análise daevolución do galego entre 2003 e 2008 (quepoderiamos validar botando man dos resultadosdo Mapa sociolingüístico de Galicia realizado polaReal Academia Galega en 1992) é que, sen entraren sofisticados cálculos estatísticos, as tendenciassinaladas nos apartados 1 e 2 indicados ao come-zo do presente artigo nos colocan nun horizontede pouco máis de seis décadas de vitalidade parao idioma do país. Xa que logo, queda poucotempo para reverter unha deriva que nos leva áprevisible desaparición do galego contra finais doséculo XXI. Estamos, sen dubida, nun momentocrucial.

Se a sociedade galega non obriga a unha pro-funda rectificación da política lingüística doactual goberno galego, apoiada polo PartidoPopular que o sostén e dirixida polo seu presi-dente, Alberto Núñez Feijoo, e se estes conse-guen impoñer as súas políticas de deslexitima-ción, desoficialización e desprotección do galego,o declive do noso idioma será imparable. Nofuturo a política lingüística de Núñez Feijoo e oseu goberno será xulgada, de certo, con extremaseveridade, pero ao cabo dun tempo non moilongo xa non haberá moitas posibilidades dereversión dun proceso de desgaleguización queparece encamiñarse á súa recta final. O que nosindican os datos que acabamos de resumir é queo idioma galego precisa de políticas de protec-ción máis eficaces cás tentadas ata a data, xusto ocontrario do que vén propugnando o PP e facen-do a Xunta desde que ese partido gañou as elec-cións.

Esas políticas de protección deben gañar omaior asenso social, e deben apoiarse de xeito par-ticular na ampla franxa de bilingües iniciais ehabituais, para conseguir que non abandonen ogalego. Hai que incrementar as ocasións de uso dalingua galega, sobre todo para as xeracións máisnovas, non só no sistema educativo, senón taménno tempo de lecer; hai que crear redes sociais quefuncionen en galego e reforzar as existentes.

Cómpre implementar as accións e políticaspúblicas para que o galego teña unha presenzanos medios de comunicación que rache coa

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 24/06/10 15:22 Página 87

Page 7: 01 Peee e i d galeg fial2 Heie Meagd 24/06/10 15:22 Pgia 82webspersoais.usc.es/.../08_1_Monteagudo_186.pdf · máis acusada do uso do galego é nos municipios intermedios, de 20 a

mitirá frear a minorización progresiva, e final-mente a desaparición do galego.

Pero este tipo de bilingüismo non pode fun-darse nunha actitude neutral dos poderes públi-cos, no sentido de instalarse na inacción nosambitos en que o galego se atopa en situaciónmáis desaventaxada, mentres se fomenta un apa-rente equilibrio entre o galego e o castelán xustonos dominios en que a acción do estado pode sermáis eficaz (administracións públicas, sistemaeducativo), pois tal actitude en realidade validaráa actual marxinación ou subordinación do galegonunha serie de dominios clave da vida social(educación superior, medios de comunicación,ámbito profesional, laboral, comercial e financei-ro, lecer e cultura de masas), e por tanto acom-pañará a decadencia do idioma propio do país,sen ningunha posibilidade de revertela.

O bilingüismo restitutivo que propoñemosimplicará a difusión da competencia comunicativa(non só lingüística) en galego e castelán ao con-xunto da poboación, basicamente (pero non só) através do medio educativo. Incentivará a motiva-ción dos castelanfalantes para utilizar o galego, aomenos en certos contextos laborais/profesionais epúblicos (nomeadamente, os relacionados coemprego público e os servizos ao público). E bus-cará multiplicar as ocasións de uso da lingua dopaís, especialmente para os sectores de idade máisnovos, incidindo non só no sistema educativo,senón tamén nas actividades de lecer. Deberá com-pletarse así o círculo virtuoso do que falan os espe-cialistas en procesos de recuperación de linguas:difundir a competencia no idioma, incrementar amotivación para utilizalo, e ampliar as ocasións deusalo.

Acabamos de aludir á difusión da competenciacomunicativa nas dúas linguas. Entendemos poristo algo máis ca unha aprendizaxe formal destas,de tipo gramatical e centrada na lingua escrita.Referímonos á consecución dunha capacidadesuficiente para desenvolver unha serie de activi-dades fundamentais na vida diaria, e en parti -cular a actividade profesional, nas dúas linguasoficiais do país. E para conseguir isto, o procede-mento máis axeitado nunha situación de fortedesequilibrio no estatus social das dúas linguas éo da inmersión (parcial, gradual ou total) na máisdesfavorecida, isto é, en galego.

Os estudos realizados sobre este tema nosmáis diversos contextos demostran de xeitorotundo que o uso preferente no sistema educa-tivo do idioma minoritario é o procedementodidáctico que garante mellores resultados (defeito, o único que pode ofrecelos satisfactorios)para a obtención dunha competencia comuni-cativa eficiente nos dous idiomas, e resulta be -neficioso para os falantes de ambos os dous. Se

abusiva hexemonía do castelán. Ben elocuentesson os exemplos da enorme diferenza entre aoferta televisiva, radiofónica e de prensa escritaen galego fronte a oferta en castelán. Os datosde uso do galego nestes medios nin sequerareflicten nin son coherentes co nivel de uso doidioma que rexistran as enquisas. É ben relevan-te o exemplo de Internet como constatación deque cando o galego “debuta” nun medio simul-taneamente ao castelán e depende directamenteda iniciativa libre dos individuos máis proacti-vos da comunidade acada moi altos niveis deuso. Tamén é certo que canto máis avanza asociedade do lecer e do coñecemento, máisterritorios cómpre ter galeguizados. A pesar deque, mal que ben, comezaba lentamente aincrementarse a oferta audiovisual en galego,temos, nos últimos anos, carencias enormes degalego no ámbito dos vídeoxogos, os produtosaudiovisuais máis desexados pola poboación.

Hai que activar todos os resortes da cidadaníagalega para reverter o bilingüismo substitutorio,que constitúe unha estación de tránsito cara á des-galeguización, e convertelo nun bilingüismo restitu-torio, no camiño da recuperación da lingua. E isosó pode facerse construíndo un horizonte de expec-tativas positivo para o galego e atractivo para amaior parte da cidadanía e creando as condiciónspara un bilingüismo equitativo, de maneira que ouso do galego nas interaccións sociais máis impor-tantes (no medio educativo, laboral e profesional,no ámbito económico laboral, nos dominios públi-cos) non implique ningún plus de estrés para osseus e as súas falantes ou se vexa dificultado polaasociación a estigmas denigratorios (atraso social,mala educación, incultura, radicalismo político,etc.) e para que o consumo de produtos culturais,comunicativos e de lecer en galego resulte natural edoado. En definitiva, para que o desenvolvementoda vida persoal, social, cultural e profesional engalego non se vexa constantemente desincentivadapor múltiples atrancos de todo tipo.

A xeito de conclusión. Que bilingüismo?Por un bilingüismo de recuperación emantemento do galego

Referímonos antes á renovación do proxecto e dodiscurso de defensa e promoción do galego, afir-mando que debe dirixirse de forma preferente ásdúas amplas franxas de bilingües habituais, quesuman case a metade da poboación, e que debeter como obxectivo reverter a pauta actualmentedominante de bilingüismo substitutivo ou desgale-guizador, por un bilingüismo restitutivo ou derecuperación, isto é, regaleguizador. Este segundotipo de bilingüismo é, de feito, o único que per-

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 24/06/10 15:22 Página 88

Page 8: 01 Peee e i d galeg fial2 Heie Meagd 24/06/10 15:22 Pgia 82webspersoais.usc.es/.../08_1_Monteagudo_186.pdf · máis acusada do uso do galego é nos municipios intermedios, de 20 a

güismo autenticamente equitativo, é incremen-tar a presenza, visibilidade e utilidade do galego,non reducila. Deste xeito, tamén a totalidade dosector castelanfalante da poboación acabarásendo bilingüe, pois sentirase motivada paraaprender o galego e se lle ofrecerán ocasiónspara usalo.

As políticas públicas de promoción da linguagalega teñen que saber interpelar e implicar ossectores castelanfalantes de Galicia, que dunxeito amplamente maioritario manteñen actitu-des positivas cara ao galego e senten a necesida-de da súa recuperación. Hai que procurar as fór-mulas axeitadas para fomentar esas actitudespositivas, en vez de promover o rexeitamentocara ao galego, e o que resulta máis complexo,apoiarse nesas actitudes favorables para facilitara obtención de competencia comunicativa nalingua, e traducir esta nun uso efectivo do gale-go ao menos nalgunhas interaccións sociais. Aspropostas maximalistas, do estilo do monolin-güismo social (mesmo que este sexa contempla-do como horizonte final), ademais de carentesde realismo e de calquera posibilidade de realiza-ción, alienan o apoio dun amplo sector socialque en troques ve con bos ollos políticas desti-nadas a fortalecer o galego nun horizonte deconvivencia bilingüe.

O bilingüismo, unha noción que goza dunamplo consenso social, non pode seguir abando-nado na man dos sectores que se opoñen á norma-lización do galego, nin pode, por tanto, seguirsendo menosprezado ou rexeitado, cun efecto con-traproducente, por aqueloutros que a defenden.Ten que ser reformulado como apoio dun novodiscurso e proxecto público que concite unha sóli-da maioría social en que se deben apoiar políticaseficaces de promoción da lingua do país �

desexamos conseguir un auténtico bilingüismoque sirva de marco para o mantemento e a recu-peración do galego (no canto do seu retroceso),a fórmula máis eficaz e idónea para o sistemaeducativo é a do uso preferente do galego.

O tipo de bilingüismo que propugnamosdeberá tender a un tratamento equitativo (non unfalsamente equilibrado) dos dous idiomas, o calsignifica que aplicará políticas de acción afirmativaa favor do que se atopa claramente en situaciónmáis desfavorable, o galego, unhas políticas que seapoian na consideración deste como idioma pro-pio do país, tal como sinala o Estatuto de Auto-nomía de Galicia, e que se dirixirán a manter eincrementar a súa vitalidade, e colocalo nun péde igualdade co castelán. Para conseguir un tipo debilingüismo restitutivo ou equitativo, que nonsirva de trámite transitorio cara á desaparición dogalego, é preciso que ao galego se lle outorgueunha posición de preferencia nalgúns sectores,como as administracións e medios de comunica-ción públicos e o sistema educativo (ao menos, onon universitario), que veña compensar a posi-ción subordinada en que se atopa noutros (nal-gúns dos cales, coma os medios de comunicaciónprivados, pola propia lóxica das cousas, dificil-mente poderá equiparase co castelán).

Tratarase, pois, da inversa do bilingüismosubstitutivo ou desgaleguizador que agora pre-domina, isto é, dun bilingüismo restitutivo ouregaleguizador. O sector galegofalante da poboa -ción xa é necesariamente bilingüe, pois a presen-za pervasiva do castelán na vida pública e nosmedios de comunicación garante que é aprendi-do por todos e asegura que todos deben usalonun ou outro contexto social. O mesmo non sepode dicir do galego: hai espazos e mediossociais do noso país (o centro das maiores cida-des, por caso) en que a súa presenza ambiental étan escasa, que resulta case unha lingua estran-xeira para as persoas que se moven fundamental-mente neses ámbitos. De aí a tentación para cer-tos sectores privilexiados da sociedade galega depretender vivir en Galicia ignorando a existenciado galego. Ao contrario, o único xeito de garan-tir a igualdade entre os dous idiomas, e un bilin-

O bilingüismo, unha noción que goza dun amplo consenso social, non pode seguir

abandonado na man dos sectores que se opoñen á normalización do galego, nin pode

seguir sendo menosprezado ou rexeitado por aqueloutros que a defenden. Ten que ser

reformulado como apoio dun novo discurso e proxecto público que concite unha

sólida maioría social en que se deben apoiar políticas eficaces de promoción da lingua

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 24/06/10 15:22 Página 89