Retratos de grandes artistas

Post on 14-Mar-2016

222 views 4 download

description

Retratos feitos por pintores famosos

Transcript of Retratos de grandes artistas

Retratos pintados por grandes Artistas

María Dolores Corral Rodríguez. 2011

Así como Goya utiliza trazos escuros e moi

poucas cores na pintura de portada,

aquí van Gogh retrata ó carteiro con

pinceladas cheas de cor e ledicia.

A pincelada sinuosa típica de van Gogh,

utilízase aquí, no seu autorretrato, nese fondo escuro para denotar a súa loita

interior.

Aquí, a persoa retratada por

Cézanne mantense na sombra pero

mira hacia a luz. Da a impresión de

desconfianza ou de querer ocultarse. O

retrato ten unha gran armonía de

cores.

Neste outro retrato de Cézanne repítese a composición da luz

lateral e a maestría na combinación de cores.

O retratado tamén mira para outro lado,

pero non amosa desconfianza, tal vez

sufrimento.

Neste detalle de Laxeiro

podemos ver un rostro que parece estar montado con

pezas.

Cunha técnica

totalmente diferente, Laxeiro

compón este retrato case

con dúas cores.

Nos retratos de nenos

case non hai liñas de

expresión, como neste

feito por Picasso

Neste autorretrato de Picasso as liñas firmes e duras expresan o seu forte carácter cheo de

determinación. Hai armonía de cores e a

luz incide sobre o lado da dereita.

Retrato de Dora Maar, de Picasso. O que destaca nesta

pintura é a redisposión dalgunhas partes do rostro e

do corpo, cunha acertada combinación de cores. A man dereita simula un ramallete e

no rostro hai elementos de frente e de perfil.

Retrato de Jacqueline, de Picasso. A alegría do anterior retrato

contrasta coa rixidez deste. O fondo azul

contribúe á sensación de frialdade.

Con so dúas cores, Antonio Saura

retrata a fealdade humana, con

grandes trazos cheos de maestría.

Presentación feita por:

María Dolores Corral Rodríguez

2011