Post on 05-Aug-2015
Programa ElectoralLuis Castedo
Candidato a reitor da UDC 2011
http://luiscastedo.com
Unha UDC da que nos sintamos orgullosos ✓ Ao servizo dos seus estudantes
✓ Que aprecie o labor do seu PAS
✓ Ilusionada coa docencia e a investigación
✓ Próxima, amable, que conte coa opinión de todos
✓ Que contribúa á proxección da cultura, a ciencia e a innovación galegas
Unha UDC que xestione eficazmente os seus recursos e loite por un mellor financiamento
✓ Capaz de negociar coas administracións públicas
✓ Que racionalice e priorice axeitadamente o gasto
✓ Imaxinativa á hora de explorar novas vías de financiamento
✓ Áxil, sen confusos procedementos burocráticos
✓ Cunha eficiente estrutura organizativa do seu PAS
Unha UDC atractiva para os estudantes ✓ Cunha oferta académica de titulacións que sexa un referente en Galicia
✓ Con residencias universitarias públicas nos Campus da Coruña e Ferrol
✓ Que dispoña dunhas infraestruturas e un transporte colectivo axeitados
✓ Que se preocupe pola inserción laboral dos seus titulados.
✓ Cun Consello de Estudantes que represente a todo o estudantado
Unha UDC que aposte pola calidade da súa docencia ✓ Que motive os labores docentes dos seus profesores
✓ Que fomente o uso de metodoloxías docentes innovadoras
✓ Que utilice linguas estranxeiras durante a aprendizaxe
✓ Que organice racionalmente as súas actividades docentes
✓ Que promova sinerxías entre docencia e investigación
A UDC que queremos ...
Unha UDC que aposte decididamente pola investigación e a innovación
✓ Que potencie os grupos de investigación
✓ Cuns altos índices de produción científica
✓ Que valore a captación de axudas á investigación
✓ Que impulse as actividades do Parque Tecnolóxico nos Campus da Coruña e
Ferrol
✓ Que sexa líder en transferencia de tecnoloxía
• Reitor
• Secretariado xeral
• Vicerreitorías ‣ Organización e Proxección do Campus de Ferrol
‣ Relacións Internacionais, Institucionais e Difusión Cultural
‣ Estudantes, Prácticas en Empresa e Orientación Laboral
‣ Economía, Planificación e Novas Tecnoloxías
‣ Investigación, Innovación e Transferencia
‣ Ordenación Académica, Persoal Docente e Investigador e Calidade
• Xerencia: un xerente e dous vicexerentes
Estructura de goberno
Xestión económicaImplantar medidas de eficacia, aforro e moderación do gasto
• Impulsar a xestión e a administración electrónica
• Potenciar o papel do Consello Social na xestión económica da universidade
• Simplificar os procesos burocráticos da xestión económica
• Promover que os postos de máxima responsabilidade administrativa dos servizos
e dos centros sexan ocupados por PAS
• Desenvolver manuais de procedemento administrativo
Instaurar procedementos de transparencia, comunicación e debate
• Implantar modelos de administración participativa
• Potenciar o debate democrático e integrador de normativas e toma de decisións
• Aumentar o apoio institucional ao Defensor Universitario
• Maximizar o uso da Web da UDC para dar transparencia a todos os procesos
Xestión dos recursos humanosIncrementar a eficacia na xestión dos recursos humanos
• Definir unha Relación de Postos de Traballo (RPT) eficaz e ben dotada
• Garantir orzamentariamente a carreira profesional do PDI e do PAS
• Promover o consenso no plano de funcionarización do PAS laboral
• Negociar a elaboración dun catálogo de competencias e funcións dos PAS
• Promover e defender a creación dun corpo de persoal investigador para dotar de
• estabilidade laboral ao persoal do capítulo VI
• Estudar a integración do persoal do capítulo VI que desempeña tarefas adminis-
trativas no colecivo do PAS laboral
Impulsar a formación e a mobilidade
Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral
Manter e, no posible, reforzar o plan de acción social
Xestión das infrastructurasPotenciar a xestión sostible e ambiental das instalacións da UDC
• Elaborar un plano medioambiental de reciclaxe e uso de materiais ecolóxicos
• Rematar as obras inacabadas e reparar e mellorar as actuais
• Adecuar e adecentar os accesos aos distintos campus
Liña 1. Transparencia e eficiencia na xestión dos recursos
Docencia de calidadeDesenvolver medidas para mellorar a calidade da docencia e incentivala e avaliala axeitadamente
• Impulsar un modelo de ensino centrado no estudante
• Flexibilizar a organización docente para adaptala ás necesidades de cada centro
e titulación
• Aumentar a autonomía de Centros, Departamentos e Institutos na xestión aca-
démica
• Revisar o actual sistema de avaliación da actividade docente do profesorado
• Fomentar a utilización da lingua estranxeira na ensinanza e na aprendizaxe
• Recoñecer todas as actividades docentes do profesorado
Mellorar e modernizar os medios materiais e os recursos destinados á docencia
Oferta académica de calidadeReorientar a Unidade Técnica de Calidade cara a un servizo de asesoramento na acreditación das novas titulacións
Dotar aos centros dos recursos humanos necesarios para a xestión dos procesos de calidade das titulacións
Mellorar e ampliar a oferta académica de grao atendendo ás demandas da contorna
• Consolidar a actual oferta académica de títulos de Grao
• Implantar novas titulacións atractivas
Liña 2. Calidade na docencia, na oferta académica e nos servizos
• Fomentar e facilitar a creación de itinerarios que conduzan á obtención de dobres
titulacións
• Ofertar títulos conxuntos con outras universidades nacionais e estranxeiras
Realizar unha oferta atractiva de estudos de máster coordi-nados coa oferta de grao e coa investigación
Impulsar o ciclo clínico compartido de Medicina coa Univer-sidade de Santiago de Compostela ou con outra universidade do EEES
Calidade nos servizosReorientar a Unidade Técnica de Calidade cara a un servizo de asesoramento na certificación dos diferentes servizos
Deseñar unha nova páxina web da UDC
Mellorar os servizos de restauración e transporte
Promover a inserción laboral dos/as estudantes e a súa pre-paración profesional
Mellorar a oferta deportiva da UDC
Liña 3. Captación de máis financiamento publico e privado
Impulsar a captación de recursos a través das actividades de transferencia de tecnoloxía
• Promover unha regulación máis sinxela e eficaz dos contratos de transferencia de
tecnoloxía e da xestión de patentes
• Facilitar a contratación de servizos de I+D+i da UDC por parte de empresas
• Regular, reorganizar, valorar e impulsar as actividades da OTRI e da Fundación
da UDC
• Fomentar a creación de cátedras de empresa e regulalas axeitadamente
Fortalecer o parque tecnolóxico da UDC para a promoción da transferencia de tecnoloxía
• Establecer marcos de colaboración entre as empresas do parque científico e gru-
pos de I+D+i
• Fomentar, promover e incentivar a creación de Empresas de Base Tecnolóxica
• Promocionar o catálogo de oferta tecnolóxica e de servizos da UDC
Crear unha oficina de proxectos de I+D+i que apoie as soli-citudes de axudas de investigación
• Crear a figura de promotor da investigación, desenvolvemento e innovación
• Asesorar aos grupos de investigación de cara á súa participación en proxectos
de I+D+i
• Impulsar o lobby UDC procurando unha interlocución directa cos organismos pú-
blicos de xestión da investigación
Desenvolver un plan de captación de recursos que explore novas vías de financiamento
• Potenciar e ampliar a oferta de títulos propios e de formación permanente
• Promover, a través do Consello Social, a colaboración da sociedade no financia-
mento da UDC
• Organizar e promover cursos de español e galego para estranxeiros
• Promocionar os nosos equipos deportivos para conseguir patrocinadores
• Crear unha rede comercial de merchandising da UDC
• Ofertar servizos clínicos, de consultoría e a realización de traballos profesionais,
respectando sempre non incorrer en competencia desleal coas empresas do ramo
Liña 4. Excelencia na investigación
Recoñecer e incentivar o labor investigador do profesorado • Potenciar os descontos docentes por actividades de investigación
• Incentivar e facilitar a consecución do grao de doutor/a
• Deseñar un plan de acción que axude a crear novos grupos de investigación
Incentivar aos grupos de investigación• Incrementar a reversión dos custos indirectos nos grupos de investigación que
os xeran
• Establecer programas de dotación de PDI e PAS ligados á calidade dos grupos de
investigación
• Proporcionar soporte burocrático aos grupos de investigación
• Establecer un plan de xestión de espazos para garantir a transparencia na súa
asignación
• Deseñar axudas dirixidas aos grupos emerxentes para que acaden niveis de ex-
celencia
Simplificar os procedementos burocráticos de xestión da in-vestigación
• Reestruturar e descentralizar o Servizo de Investigación
• Incentivar e promover a participación do PAS na xestión da investigación
• Estudar as modificacións normativas para simplificar a burocracia contable
• Negociar con entidades bancarias o uso de tarxetas de crédito pagamento previo
con cargo a proxectos garantindo sempre a correcta execución dos seus gastos
Elaborar un plan estratéxico para o servizo de bibliotecas • Optimizar o servizo de bibliotecas promovendo a súa transformación en Centros
de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación (CRAI)
• Adaptar a estrutura do persoal ás liñas estratéxicas de REBIUN
• Incrementar, explotar e mellorar o acceso a contidos e servizos electrónicos da
biblioteca
Establecer acordos de colaboración con asociacións culturais, fundacións, museos, concellos, deputacións, colexios profe-sionais e demais organizacións sociais e culturais da nosa contorna
Difundir a lingua, a cultura, a ciencia e a innovación galegas• Promover o uso do galego desde a oficina de normalización lingüística
• Apoiar iniciativas de promoción da lingua, a cultura, a ciencia e a innovación
galegas
• Promover a difusión dos resultados científico-tecnolóxicos dos grupos de I+D+i
• Crear o selo editorial Edicións da Universidade da Coruña (EUDC)
• Establecer lazos con editoriais e cos servizos de publicacións doutras universi-
dades
• Impulsar o interese pola ciencia, a tecnoloxía e as humanidades
Estreitar as relacións institucionais• Establecer o mellor marco posible para o desenvolvemento de infraestruturas con
especial énfase no que ten que ver coa regularización das obras non concluídas
en diversos campus
• Fomentar e impulsar a participación nas comisións e organismos da Xunta e do
Estado que refiran a asuntos relevantes para a UDC
• Aumentar a nosa presenza nos medios de comunicación
• Promover a concesión de doutores Honoris Causa
• Potenciar o compromiso coa igualdade, a cooperación e a acción humanitaria
• Promocionar o voluntariado universitario
• Impulsar a formación especializada, a investigación e a participación en materias
de cooperación ao desenvolvemento e acción humanitaria
• Potenciar o desenvolvemento de accións en materias de igualdade de xénero e
de oportunidades
• Promocionar a UDC entre os seus potenciais alumnos
Liña 5. Afianzamento dos lazos coa sociedade e promoción da UDC
Presénto a miña candidatura a Reitor para facer da UDC unha universidade máis plural,
máis eficaz e máis innovadora. Plural porque cremos que é posible que estudantes,
persoal de administración e servizos, profesores e investigadores, malia a súa diver-
sidade, se identifiquen cun mesmo proxecto, que ten como fin último a excelencia na
formación dos nosos estudantes, o éxito académico dos nosos docentes, a solvencia
da nosa xestión e o progreso da institución que nos acolle a todos. Eficaz porque os
tempos de crise en que nos atopamos nos obrigan a aproveitar ao máximo todos os
nosos recursos humanos, materiais e financeiros. E innovadora porque estamos certos
de que os desafíos a que nos imos enfrontar se poden superar se recorremos a novas
fórmulas e solucións. Afrontamos tempos de cambio, e por iso apaixonantes, nos que
non hai lugar para o pesimismo nin a desilusión. Máis ben o contrario. Na Galicia do
futuro coa que todos soñamos, o coñecemento e a súa transmisión á nosa xuventude
van xogar un papel decisivo. É responsabilidade nosa adaptarnos aos novos tempos
para que a UDC estea á altura dos retos que se nos presentan. A UDC debe responder
axeitadamente á esixencia que Galicia nos demanda de ter un servizo público de edu-
cación superior de calidade, que lle permita proxectarse no futuro e lle axude a alcan-
zar as súas aspiracións máis nobres de desenvolvemento humano, científico e social.
Unha aperta afectuosa
Luis Castedohtttp://luiscastedo.com
Benqueridos amigos e amigas da Universidade da Coruña