Os segredos do baul

Post on 08-Mar-2016

239 views 2 download

description

Cuento desarrollado e ilustrado por dobleuve

Transcript of Os segredos do baul

Os segredos do baúl

Textos e coordinación do proxecto: Mª Dolores Palacios Lagarón

Ilustración e maquetación: José Antonio Cruz Lagoestudio de diseño dobleuve

www.dobleuve.com

Edita: Deputación Provincial de LugoINLUDES

Centro de Artesanía e Deseño

Imprime: Eurográficas

ISBN: 84-8192-658-2Depósito legal:

Nesta fermosa casa rural galega,imos atopar un tesouro incrible,prestade atención amiguiños!

Álex, Álex, onde estás?

Estou aquí Xurxo, lendo un libro.

É un libro que fala do traxe galego. Conta que é moi difícil pórlle data á súa creación.

Ao longo dos séculos a moda foi cambiando tanto que é complicado dicir cando xurdiu o primeiro traxe rexional como o coñecemos máis ou menos hoxe...

...Foi quizais cara a finais do século XIX, principios do XX...Para atoparmos a raíz dos nosos traxes debemos coñecer a materia prima da súa elaboración...

Durante máis de dous mil anos esta materia prima foi unha planta da nosa terra... o liño!

O liño era unha planta que se cultivaba moi ben en Galicia. Require poucos coidados pero era moi traballoso o seu tratamento unha vez recolectado ata poder ser fiado, ou tecido.

Nenos...!Vide merendar!

Imos agora mesmo avoa Margarita!

Avoa, atopei un libro que fala do traxe dos nosos antepasados. Haberá algún no faiado? Gustaríame pór un deses marabillosos traxes.

Avoa, podemos subirao faiado?

Claro que podedes subir. A ver se atopades o baúl da bisavoa que garda roupa galega preciosa e hai anos que non o vexo... parece cousa de maxia.

Ohhhhhh... cantas cousas!

Sube rápido Xurxo,a ver se atopamos ese baúl.

O faiado estaba cheo de trastes vellos.Que tarde máis divertida!

Cantas cousas! Mira Álex, un patinete!

Xurxo!... atopei o baúl!

O baúl era máxico!, saíron miles de brillantes bolboretas que gardaban os traxes da bisavoa que tanto buscara a avoa Margarita...

Ohhhhh...!

Pero aínda quedaban novas sorpresas... As bolboretas ademais de producir boni-tos sons falaban cunha doce voz. Ola nenos!...

Grazas por abrir o baúl, tiñamos moitas ganas de saír.

Levamos moito tempo neste baúl...

...somos as bolboretas que gardamos os traxes

da bisavoa...

Queredes ver os traxes e co-ñecer parte da a vosa cultura

e folclore?

Ola!

monteira

faixa

dengue

camisa

chaleco

medias

enaguas

mantelo

Quero pór ese traxe! Eu tamén quero!

As bolboretas explicáronlles aos nenos cada

unha das partes dos traxes e comezaron

pola roupa interior. Camisa, enaguas,

pololos e medias de la para ela e camisa e

calzóns de liño para el.Que divertido!... Imos vestirnos!, exclamaron os nenos.

O mantelo e o dengue estaban

traballados cun bonito bordado

a base de abelorios, canutillos

e pasamanería.Álex estaba feliz por poder vestir esas

preciosas pezas.

Xurxo, ven a pór a monteira, o chaleco, o faixa, o pantalón e as polainas.

Antigamente nos pescozos,puños, enaguas e sobre todo nas cofias adoitábase pasar unhas cintas de cor: branca se era casada, vermella se era solteira e negra se era viúva. Mirade que encaixes artesanais tan bonitos de Camariñas e Muxía!

Ohhh!Tamén hai xoias! Son moi bonitas!

Tamén gardamos no baúl estas preciosas xoias. O sapo é a peza máis característica. Gústanche?

As bolboretas, que brillaban dunha forma especial, axudáronlles aos nenos a pór os traxes.Eleváronos polo aire percorrendo todo o faiado. Álex e Xurxo estaban guapísimos!

Álex estaba encantada co bonete e a cofia que as bolboretas colocaron con delicadeza na súa cabeza. Non paraba de exclamar: que fermosa estou!

Ohhh!...Isto é máxico!

Estábano pasando moi ben e atoparan os traxes que a súa querida avoa Margarita tanto buscara.Estaban impacientes por contarllo...

Álex, Álex, estamos voando!,grazas bolboretas máxicas!

Avoa, avoa!, atopamos o baúl máxico!...Mira que traxes tan marabillosos!

Nenos, como atopastes o baúl?Que alegría!...Xa ves avoíña... Como ti dixeches...Parece cousa de maxia!