Post on 25-Jun-2015
MUSEO PROVINCIAL DO MAR |
MEMORIA 2013
Museo Provincial do Mar
1
INDICE
1. LIMIAR ................................................................................................................ 2
2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES ........................................................... 4
3. MELLORAS DO EDIFICIO ............................................................................... 10
4. PROGRAMA DIDÁCTICO ................................................................................ 10
4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES ............................................................... 10
4.2. OBRADOIROS DE VERÁN ................................................................... 40
4.3. OBRADOIROS DE NADAL ................................................................... 59
4.4. OBRADOIROS DO CLUB PEQUEAMIGOS ......................................... 72
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL ............................................................ 94
5.1. PROGRAMA OCIO-TURISTICO ........................................................... 94
5.2. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE .................................................... 94
5.3. SEMANA DOS MUSEOS ...................................................................... 96
5.4. PROGRAMA MUSEOLOXÍA SOCIAL ................................................ 105
5.5. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS ........................................................ 124
5.6. SERVIZO DO MUSEO PARA OUTRAS ACTIVIDADES .................... 133
5.7. PROGRAMA CONFERENCIAS .......................................................... 136
5.8. PROGRAMA DE CINE ........................................................................ 142
5.9. PROGRAMA DE RECURSOS EDUCATIVOS .................................... 145
5.10. PROGRAMA DISCAPACIDADE ....................................................... 145
6. PROGRAMA DE PERSONAL ........................................................................ 145
7. PROGRAMA ECONÓMICO ............................................................................ 146
Museo Provincial do Mar
2
1. LIMIAR
A Rede Museística ten o privilexio de ter espallados por toda a provincia de
Lugo museos que representan diferentes realidades, tendo reflectido o pasado
señorial e fidalgo en Monforte de Lemos, o Medievo e a etnografía no museo de
San Paio de Narla e recollendo o inxente patrimonio marítimo da provincia de
Lugo no Museo do Mar de San Ciprián, auténtico contedor cultural dun mar que
sempre trae novas entre o rumor das ondas de do vento.
Toca, pois, falar do Museo do mar de San Ciprián que constitúe a peza
perfecta para encaixar no formidable quebracabezas da Rede Museística, pero
non se trata dunha peza calquera, senón dunha peza excepcional.
O edificio que alberga o museo do mar non é un edificio que pase
despercibido, xa que é un museo con moita historia e importancia. Nacido como
escola unitaria que ía almacenando obxectos relativos ao mundo mariño así como
cunchas para formar grandes coleccións malecolóxicas, amosou, xa dende moi
cedo, unha clara vocación pola educación e pola difusión cultural.
Visitar o museo é facer un recorrido emocional pola vida nas terras de San
Cibrao. Este Museo está adicado ás xentes que habitaron e habitan estas terras
cun pasado que se foi e un presente que fuxe. Porque contando cunha excelente
colección de pezas constrúe, a partir da memoria un retrato dos que San Cibrao
foi e segue sendo, unha terra que mira ao mar.
Dende este museo loitase día tras día por manter ese legado vivo e
esperto, conscientes da importante tarefa que nos traemos entre mans,
intentamos inculcar o respecto e o amor pola cultura entre os máis novos.
Sabedores como somos de que o noso futuro está nas súas mans, intentamos
non romper esa cadea na transmisión de valores, fomentando o interese por
aprender e coñecer novas realidades dun mundo que está cambiando a pasos
axigantados debido á globalización e o avance imparable das redes sociais.
Adaptándonos os tempos de cambios e evolución social que nos toca vivir,
facemos de internet unha fiestra cara o mundo que empregamos como
Museo Provincial do Mar
3
escaparate para amosar as nosas actividades nos obradoiros infantís e outras
labores de dinamización cultural. E por iso que contamos con activa participación
nas redes sociais como Facebook e contribuímos aportando o noso grao de area
a engrosar a programación didáctica e educativa da Rede Museística, pioneira
nas súas investigacións e avances no mundo da didáctica e da discapacidade.
Non en van este museo foi presentado como dotado de pictogramas para traballar
con nenos autistas, actividade que se fixo extensible a todos o museos da rede
como San Paio de Narla.Un museo que conta cos medios adaptados á
discapacidade, como o sistema Braille para os cegos.
Avogamos tamén por amosar uns correctos contidos museolóxicos insertos
nunha interesante e atraínte montaxe expositiva e museográfica, coa intención de
captar visitantes e de inculcar neles o respecto e veneración que sentimos pola
nosa cultura e que de non existir iniciativas como estas, estas manifestacións
culturais acabaríanse perdendo languidecendo no máis profundo esquecemento.
Por último, a modo de remate final, queremos concluír dicindo que a Museo
do mar de San Ciprián participa do proxecto común da Rede Museística de
construír “un museo para todos, entre todos”, somos fieis a esa máxima e
intentamos cumprila o mellor posible. Somos conscientes de que os museos
entraron nunha nova dimensión que é a social, pola cal nos apostamos pois
somos conscientes de que os museos decimonónicos forman parte dun vetusto
pasado, ao que nós non queremos continuar vencellados.
Museo Provincial do Mar
4
2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES.
Xaneiro Nº total de visitantes 779
5 grupos escolares 88
Visitas individuais 691
Febreiro Nº total de visitantes 671
3 grupos escolares 47
3 grupos adultos 40
Visitas individuais 584
Marzo Nº total de visitantes 1334
9 grupos escolares 168
4 grupos adultos 77
Visitas individuais 1089
Abril Nº total de visitantes 1045
3 grupos escolares 56
5 grupos adultos 108
Visitas individuais 811
Maio Nº total de visitantes 1176
9 grupos escolares 190
13 grupo adultos 308
Museo Provincial do Mar
5
Visitas individuais 678
Xuño Nº total de visitantes 1581
14 grupos escolares 323
22 grupos adultos 662
Visitas individuais 596
Xullo Nº total de visitantes 2382
11 Obradoiros 209
35 grupos adultos 747
Visitas individuais 1426
Agosto Nº total de visitantes 3018
5 Obradoiros 144
17 grupo adultos 429
Visitas individuais 2445
Setembro Nº total de visitantes 1338
14 grupos adultos 377
Visitas individuais 961
Outubro Nº total de visitantes 1242
1 grupos escolares 20
17 grupo adultos 404
Visitas individuais 818
Novembro Nº total de visitantes 859
3 grupos escolares 25
8 grupos adultos 206
Museo Provincial do Mar
6
Visitas individuais 628
Decembro Nº total de visitantes 919
4 grupos escolares 52
17 Grupos adultos 329
Visitas individuais 538
Total visitantes anuais 16344
Gráfica comparativa dos anos 2012-2013
653 572
969 1038
916 1321
2334
2868
1321 1238
850
639 779
671
1334 1045
1176
1581
2382
3018
1338 1242
859
919
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Ano 2012Ano 2013
Museo Provincial do Mar
7
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500
779 671
1334
1045 1176
1581
2382
3018
1338 1242
859 919
Por número de visitantes
12%
3% 2%
4%
16%
45%
18%
Por idades
0-10
11-14
15-18
19-25
26-40
41-65
66
Museo Provincial do Mar
8
0
1000
2000
3000
4000
5000
6000
7000
8000
1309
7062
2611
197 43
1362
13 21 164 163
1070
143 228 26
1259
38 64 23 51 495
Por Procedencias
LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIAANDALUCIA ARAGON ASTURIASBALEARES CANARIAS CANTABRIACATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LA MANCHAEUSKADI EXTREMADURA MADRIDMURCIA NAVARRA LA RIOJAVALENCIA ESTRANXEIROS
85
2077
2330
2510
2529
4259
2554
0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 4500
Por días da semana
DOMINGO
SABADO
VENRES
XOVES
MERCORES
MARTES
LUNS
Museo Provincial do Mar
9
Museo Provincial do Mar
10
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO
Conservación de infraestruturas
Reposición de sistema de iluminación, por parte do persoal do Museo durante
todo ano 2012
Router novo para poñer intranet, aínda que non o conectaron.
Pintado e fixación de pezas expostas no xardín traseiro “Antenas de Goneos”
Mantemento de toda a zona axardinada do recinto “corte de céspede e poda
de árbores”
4. PROGRAMA DIDÁCTICO
4.1. Actividades escolares
Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas:
guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación
previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica.
Visita de iniciación:
Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos
que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo.
Duración aproximada de 60 minutos.
Para un mellor aproveitamento do Museo Provincial do Mar, xa que existe
unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto de visita
máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que implique
Museo Provincial do Mar
11
a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos no 2010 un programa
de itinerarios os distintos niveis de ensino:
Tea mariñeira
¿As baleas comen ou engulan?
Arriba a bandeira
Descubre a balea
Mergúllate
Nada coa balea
Pinta mariñeiro
Sae a navegar
Sopa de aleta
Vento mareiro
Visita de iniciación
Nivel: Todos os ciclos
Data: Curso escolar
Obxectivo: Comprender o oficio do mar e como as sociedades actuais están
condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas mariñeiras e
analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas
para outras xeracións.
Museo Provincial do Mar
12
Tea mariñeira
Nivel: 3º e 4º da ESO e BAC
Data: Curso escolar
Obxectivo: Fomentar o interese polas materias vinculadas coa navegación.
Asentar conceptos vistos anteriormente na visita guiada.
Metodoloxía: Actividade que consiste en unir con frechas. Relacionaranse fotos
de obxectos da Sala de Navegación coas definicións que teñen noutra columna.
UNE CON FRECHAS E NOMEA CADA OBXECTO
Museo Provincial do Mar
13
Aparato que permite ó capitán comunicar as
ordes ó que está na sala de máquinas.
Serve para gobernar o barco, facéndolle
cambiar o rumbo. Pode ser de caña ou de
roda.
Caixa cilíndrica fixa na cuberta que leva no
seu interior o compás ou búsola.
Fiestra redonda que se abre e que está
situada en distintas alturas nos costados do
buque. Serve para que entre a luz e se
ventilen os camarotes da tripulación.
Elemento do equipo propulsor dun barco
movido mediante unha máquina ou motor e que
permite o movemento cara adiante ou atrás
do barco.
Instrumento para coñecer a situación.
Consiste en medir a altura do sol ou das
estrelas con respecto do horizonte. Mide a
latitude.
Antigamente facíanas os carpinteiros de
ribeira antes de construír o barco .
Servía para ver as formas que ía ter o barco.
Museo Provincial do Mar
14
¿As baleas comen ou engulan?
Nivel: 5º e 6º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e á cultura dun modo atractivo.
Potenciar o traballo e a participación en equipo. Inculcar a protección
conservacionista do medio ambiente mariño.
Metodoloxía: Na Sala das Baleas, os nenos en grupos estarán sentados no
chan, onde escoitarán unha pequena explicación sobre se as baleas mastigan ou
non. De seguido responderán verdadeiro ou falso a unhas frases e terán unha
folla de consulta ante as posibles dúbidas.
Museo Provincial do Mar
15
Museo Provincial do Mar
16
Museo Provincial do Mar
17
Arriba a bandeira
Nivel: 3º e 4º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Dar a coñecer como se transmite información codificada entre barcos
próximos. Aínda que agora, se utilizan algunhas bandeiras, que as novas
tecnoloxías as deixaron en desuso.
Metodoloxía: Sentados diante das bandeiras que forman o Código de Sinais
escoitarán o significado e utilidade deste. Como un grupo de bandeiras
representan o abecedario, cada neno debuxará nunha cartolina branca, tamaño
folio, a bandeira que lle corresponda coa súa inicial. Para iso terán un panel
informativo de consulta. Despois pegarán un pau a un extremo da mesma. Os
nenos agruparanse polas súas iniciais e realizarán un xogo como se fosen barcos
comunicándose en alta mar.
Museo Provincial do Mar
18
Museo Provincial do Mar
19
Descubre a balea
Nivel: 1º e 2º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e ó mundo do mar dunha maneira
amena e atractiva. Fomentar a expresión oral e artística. Potenciar o interese pola
cetoloxía.
Metodoloxía: Na Sala das Baleas repartiranse follas co debuxo dunha balea
animada con números. Os rapaces terán que coloreala segundo as cores que
levan asociadas os números. Así cando rematen descubrirán a balea.
Museo Provincial do Mar
20
Museo Provincial do Mar
21
Mergúllate
Nivel: 1º e 2º da ESO
Data: Curso escolar
Obxectivo: Fomentar a capacidade de asimilar novos conceptos mediante un
xogo atractivo. Achegar os rapaces á cultura dunha forma práctica e divertida.
Metodoloxía: En parellas, cubrirán o pasatempo coas palabras que adiviñen.
Sempre axudados polo persoal do museo.
MERGÚLLATE
HORIZONTAL:
1- Instrumento de medición da latitude no que o seu arco é a sexta parte dun círculo.
2- Principal método para calcular a velocidade no mar. Mide nós ou millas.
3- Instrumento que serve para saber a situación do barco, neste caso, en todo momento.
Tamén se pode chamar compás.
4- Sosterse na superficie da auga.
5- Parte principal dun barco, que pode ser de madeira ou doutro material. Calquera
embarcación pode flotar e desprazarse grazas a el.
6- Lazo que se fai con cabos. Utilízase nas actividades cotiás dun barco.
Museo Provincial do Mar
22
VERTICAL:
1- Instrumento que servía para a comunicación dentro do barco. Había dous: un na ponte e
outro na sala de máquinas.
2- Serve para gobernar ou orientar o barco, facéndolle cambiar o rumbo ou a dirección.
Pode ser de cana ou de roda.
3- Instrumento de ferro forxado con figura dun arpón ou dun anzol que está suxeito a
unha cadea e se arrebola ó fondo do mar para fondear o barco.
4- Peza de tea ou doutro material que, unha vez despregada, recibe do vento o impulso
necesario para navegar.
5- Parte posterior dun barco.
6- Parte de diante dun barco.
Museo Provincial do Mar
23
Nada coa balea
Nivel: Ed. Infantil
Data: Curso escolar
Obxectivo: Potenciar o desenvolvemento educativo achegando os rapaces ós
museos. Fomentar a participación en grupo. Familiarizarse coa representación
plástica.
Metodoloxía: Na Sala das Baleas haberá un panel onde está debuxada unha
balea. Os nenos formarán grupos collendo cada un seis pezas revoltas do
quebracabezas. Terán que colocalas ordenadamente ata completar a imaxe que
teñen diante.
Museo Provincial do Mar
24
Museo Provincial do Mar
25
Museo Provincial do Mar
26
Pinta mariñeiro
Nivel: 1º e 2º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Achegar ós rapaces ó mundo da navegación dunha maneira amena
e sinxela. Fomentar tanto as aptitudes creativas como a expresión oral. Espertar o
interese polo mundo náutico.
Metodoloxía: Os nenos, sentados no chan, na Sala de Navegación pintarán un
debuxo dun veleiro en alta mar. Colorearán este coas cores que eles queiran,
para fomentar o desenvolvemento artístico. Cando rematen, os mariñeiros
responderán unhas sinxelas preguntas referidas ao barco: ás súas partes e
porque se move no auga.
Museo Provincial do Mar
27
Museo Provincial do Mar
28
Sae a navegar
Nivel: Ed. Infantil
Data: Curso escolar
Obxectivo: Potenciar o interese creativo e construtivo. Coñecemento dos
distintos elementos que constitúen un barco: casco, ponte de mando, portillos,
áncora, … Familiarizar os nenos coas formas dun barco montando as pezas do
quebracabezas.
Metodoloxía: Na sala de navegación haberá un panel grande cun debuxo dun
barco. Os nenos formarán pequenos grupos. Cada un terá seis pezas revoltas
que colocarán ordenadamente ata formar a imaxe que teñen diante.
Museo Provincial do Mar
29
Museo Provincial do Mar
30
Sopa de aleta
Nivel: 3º e 4º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e a cultura mariña. Engadir
coñecementos elementais da bioloxía mariña. Fomentar o aprendizaxe mediante
un xogo didáctico.
Metodoloxía: Na Sala das Baleas repartiranse follas coa sopa de letras onde
terán que atopar partes da anatomía externa e interna da balea. Na outra sopa de
aleta encóntranse agochados os familiares das baleas como son: o arroaz,
rorcual, candorca, cachalote, golfiño e balea vasca.
Museo Provincial do Mar
31
Vento mareiro
Nivel: 5º e 6º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Recoñecer as partes principias dun barco. Potenciar o interese polo
mundo do mar. Coñecer o deseño dunha embarcación tradicional galega. Valorar
a historia, cultura e tradicións galegas.
Metodoloxía: Entregarase unha folla cun debuxo con números dunha Traiñeira a
cada alumno. Debaixo desta haberá unha listaxe con nomes referidos ás partes
dunha embarcación. Os rapaces teñen que relacionar os números da imaxe cos
nomes.
Museo Provincial do Mar
32
Museo Provincial do Mar
33
Talleres escolares
Tras moitos anos de experiencias compartidas nos que o Museo Provincial
de Lugo e o resto dos museos que se foron integrando na Rede Museística da
Deputación de Lugo foron pioneiros na elaboración de programas didácticos para
o mundo escolar, toca agora revisar metodoloxías, actualizar conceptos e poñer
en práctica novas ideas arredor do sempre suxestivo tema da educación desde os
museos.
Nestes últimos quince anos, con máis ou menos acertos, e tamén con
moitos erros, desde os departamentos de didáctica intentamos achegarnos á
escola desde os museos, propuxemos actividades que tiveron enorme éxito entre
os docentes e o seu alumnado, e outras, hai que recoñecelo, que non gozaron
desa estima. Así e todo entre todos fomos abrindo un camiño que agora xa é,
afortunadamente, moi frecuentado por outras institucións museísticas.
Pero sempre debemos estar alerta para renovar motivacións e estímulos,
para repensar e establecer novos obxectivos que conduzan á meta desexada: a
intercomunicación entre o mundo da escola e o mundo dos museos. Os museos
máis ca obxectos, atesouramos experiencias, historias, creatividade, modelos,
campos nos que, precisamente, os mozos e mozas das escolas poden precisar
un implemento na súa formación.
O lema escollido para esta nova etapa “A ver se te ves! Míranos!” reclama
esa atención bidireccional entre os dous mundos. Os museos precisamos que nos
vexan, que nos miren, que a sociedade faga uso libre do que posuímos, e a
escola, que ten a fundamental misión de formar individuos para o futuro, debe
entender que toda a bagaxe cultural que herdamos é un tesouro relativamente
Museo Provincial do Mar
34
doado de atopar e de conseguir: abonda entrar nos museos e dispoñer
pedagoxicamente.
Desde os museos da Rede Museística, xestionada pola Área de Cultura e
Turismo, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, pretendemos ofrecer
ao profesorado e ao seu alumnado unha atención personalizada e achegar os
recursos básicos imprescindibles para que este intercambio resulte engaiolante
para o alumnado. Con esta fórmula pretendemos, sobre todo, abrir as nosas
portas de par en par a toda a sociedade pero, especialmente, aos que teñen a
enorme misión de seguila construíndo desde os alicerces da infancia.
Os obxectivos que pretendemos, en resume, son:
-Axudar a comprender dunha forma práctica o significado das obras expostas nos
museos
-Estimular as facultades perceptivas e imaxinativas do alumnado
-Que cada actividade resulte unha experiencia proveitosa.
-Fomentar a aprendizaxe integral.
Os departamentos de didáctica de cada un dos catro museos integrados na
Rede Museística elaboraron un programa organizado en tres percorridos-guía ou
bloques temáticos. O programa está suxeito, necesariamente a un calendario, o
do curso escolar 2012-2013, pero flexible e adaptable ás necesidades concretas
que o día a día do docente nos demande.
BLOQUE TEMÁTICO 1.-CREA O TEU MUSEO
Metodoloxía e desenvolvemento
Parte teórica: Que é un museo? Para que nos sirve un museo? Podemos crear o
noso propio museo? O MPMar, as súas coleccións e funcionamento
Parte práctica: Podemos crear o noso propio museo? Queres propoñernos un
modelo diferente de museo do futuro?
Ciclos: E. Infantil, E. Primaria e 1º ciclo de ESO.
Periodización: Curso escolar 2012-2013.
Museo Provincial do Mar
35
Duración da actividade: Aproximadamente, 60 minutos.
Recursos didácticos:
-Caixa decorada simulando o edificio do museo, fichas adaptadas, fotografías …
etc.
Nota: É conveniente que cada alumno/a traia a fotocopia dunha fotografía súa,
tamaño carné.
A actividade na Rede
O departamento de didáctica do MPMar poñerá a disposición do profesorado e
alumnado que participe nestas actividades un blog no que se irán intercambiando
documentación, imaxes e experiencias arredor desta actividade.
Concurso: Un museo para o futuro
Co obxectivo de motivar o aproveitamento posterior na aula desta actividade
podedes remitir ao blog as vosas propostas, elaboradas individualmente ou en
grupo, para crear un hipotético museo para o futuro.
Entre todas as propostas recibidas premiaremos aquelas que resulten máis
imaxinativas e orixinais.
BLOQUE TEMÁTICO 2.-ESCOITA: OS MUSEOS TAMÉN CONTAN HISTORIAS
Cada peza ten a súa historia
Parte teórica: Que historia conta esta peza? É real ou é de ficción? Podemos
inventarlle outra historia?
Parte práctica: Canda os obxectos expostos nos museos viaxa as súas historias,
ás veces íntimas e descoñecidas. Desvelaremos algúns dos seus segredos.
Ciclos: E. Infantil e E. Primario.
Periodización: Curso escolar 2012-2013.
Duración da actividade:De 45 a 60 minutos.
Museo Provincial do Mar
36
Recursos didácticos:
-Material para a elaboración dun cómic.
A actividade na Rede
O departamento de didáctica do MPMar poñerá a disposición do profesorado e
alumnado que participe nestas actividades un blog específico no que se irán
intercambiando documentación, imaxes e experiencias desta actividade.
Concurso: E ti, podes contarnos unha historia dun museo?
Co obxectivo de motivar o aproveitamento posterior desta actividade na aula
podedes remitir ao blog de didáctica da Rede Museística as vosas propostas
individuais ou colectivas para elaborar un libro virtual de historias de museos.
Premiaremos as máis imaxinativas e mellor elaborados.
BLOQUE TEMÁTICO 3.-NO RETROVISOR: O SÉCULO XV TEN HISTORIA
O pasado escríbese no presente grazas, entre outros recursos, aos materiais e
documentos custodiados nos museos da Rede Museística. En cada un destes
catro museos fixaremos a atención nun referente histórico do século XV por
proximidade xeográfica ou por seren os propios edificios parte desa historia.
Aínda que cada un dos museos vai centrar a actividade nun dos seguintes
epígrafes e temas, lembramos que promoveremos o coñecemento de todas as
experiencias, así que, sempre que sexa posible, animaremos a profesorado e
alumnado a visitar os catro museos e así coñecer esa parte da historia da que é
protagonista.
Un tema en cada museo:
Os franciscanos e as ordes mendicantes (Museo Provincial de Lugo)
Os irmandiños (Museo Etnográfico San Paio de Narla, Friol)
Pardo de Cela e o seu tempo (Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo)
Os Lemos (Pazo de Tor,)
Museo Provincial do Mar
37
Pardo de Cela e o seu tempo (Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo)
Metodoloxía e desenvolvemento
Parte teórica: Que pasou na Mariña de Lugo desde a ano 1401 ao 1500? A que
chamamos feudalismo? Quen era o Mariscal Pedro Pardo de Cela?
Parte práctica: Dramatización do papel das distintas clases sociais neste
momento histórico. Experimentaremos tarefas que se experimentaron no edificio
ou na súa contorna naquela época.
Ciclos: E. Primario e E. Secundario.
Periodización: Curso escolar 2012-2013.
Duración da actividade: De 45 a 60 minutos
Recursos didácticos:
-Fichas didácticas
-Vestiario de época para todos os integrantes do grupo.
A actividade na Rede
O departamento de didáctica do MPMar poñerá a disposición do profesorado e
alumnado que participe nestas actividades un blog específico no que se irán
intercambiando documentación, imaxes e experiencias desta actividade.
Concurso
Co obxectivo de motivar o aproveitamento posterior na aula desta actividade
podedes remitir ao blog as vosas opinións, imaxes e experiencias sobre esta
actividade.
Entre todas as propostas recibidas premiaremos aquelas que resulten máis
imaxinativas e orixinais.
Museo Provincial do Mar
38
Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da
Museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor
a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha
experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue
formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de
construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao
noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro.
A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 3 grandes
bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica. Os
bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus
estrutural:
Bloque 1. O Museo como contedor achéganos á idea de que é un museo. O
museo non só como contedor de obras de arte, senón máis alá: o museo como un
espazo de traballo onde ademais de conservar e expoñer o noso patrimonio,
tamén se estuda, se investiga e se divulga o caudal artístico e cultural, patrimonio
de todos. Construída esta idea, que se erixe como os cimentos dunha casa, o
seguinte
Museo Provincial do Mar
39
Bloque 2: O Museo como relator de historias pretende ofrecer un catálogo
aberto de visitas no que a estrutura veña marcada polo concepto de Museo como
relator de historias. As obras de arte, ademais da información técnica, nárrannos
e suxírennos historias infinitas segundo a persoa coa que interactúen. As pezas
falan por si mesmas e todas en conxunto constitúen unha colección. Unha
proposta na que o diálogo coas obras de arte e cos espazos naturais volven ser
os protagonistas.
Bloque 3: O Museo como retrovisor pon a énfase no espello retrovisor como
metáfora. Viaxamos polo presente avanzando cara ao futuro pero no que
centramos a mirada no retrovisor que nos mostra o noso pasado cunha
perspectiva arqueolóxica.
Para completar os tres bloques teóricos, na programación escolar fíxanse
unha serie de obradoiros que pretenden afondar en determinados contidos, unha
maneira práctica de afianzar os coñecementos. Crear experiencias motivadoras
para os escolares constitúese coma a mellor maneira de desenvolver a
capacidade de expresión e a creatividade no alumnado, sen esquecer o
compoñente lúdico que favorece que a aprendizaxe se realice dunha maneira
espontánea.
CONCURSO-REDE
Finalmente, e como unha das grandes novidades para este novo curso escolar
2013/2014, queremos presentar unha nova experiencia, o CONCURSO-REDE,
que nace cun dobre obxectivo: por unha banda achegar o novo público escolar á
Rede Museística e fidelizalo, así como fidelizar o xa existente. Vai dirixido a
escolares de 6.º de Primaria, pertencentes a centros educativos de toda a
provincia de Lugo. Para participar é necesaria a inscrición previa que se
formalizará cunha visita a algún dos 4 museos da Rede.
Museo Provincial do Mar
40
4.5 Obradoiros de verán
Museo Provincial do Mar
41
Este verán ven ExpresARTE na Rede Museística
Chegou o verán, o veranum tempus dos antigos romanos, meses que
adoitan traer calor e, sobre todo, uns días de merecido descanso. Como cada
verán, os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo elaboramos para
todos e todas, desde os máis cativos ata os máis medrados, un programa amplo
de actividades que, coma sempre, combinan o lúdico co aproveitamento cultural e
educativo.
Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo a través da
Rede Museística e os museos que a integran, tentamos con este programa
atender a crecente demanda social de actividades de tipo cultural. Entendemos a
xestión dos museos públicos como un servizo permanente á sociedade que os
sostén, como espazos de comunicación e coñecemento, de intercambio de
saberes e experiencias, como un elo que enlaza a memoria do pasado co futuro.
Neste senso, o programa que ofrecemos para este verán 2013 reivindica e
estimula a capacidade que todas e todos temos para expresar sentimentos,
sensacións, pensamentos, para crear e construír, cos matices propios de cada
individuo, coa súa capacidade e cos seus coñecementos, unha realidade
diferente.
Cada día do verán hai algo que ver ou que facer neste e en todos os
museos da Rede. Propoñemos arredor de 30 obradoiros para grandes e
pequenos que teñen nas coleccións expostas e nas historias que cada peza ou
obxecto nos transmiten o eixo vertebrador; concertos, exposicións, visitas guiadas
ou programas como EnREDarte que nacen para dar cabida a novos proxectos
creativos. Coñecer, conservar, concienciar, experimentar, expresar, crear … son
realidades prácticas do noso abecedario de traballo.
Confiamos en seguir contando coa sempre agarimosa resposta dos amigos
e amigas dos museos integrados na Rede Museística, coa aprobación e
participación dos que facedes uso regular das nosas instalacións e participades
activamente nas nosas iniciativas. Pensando en vós e nos nosos visitantes, que
son cada vez máis afortunadamente, tratamos de confeccionar un programa que
pretende, non te enganamos, EnREDARTE.
Museo Provincial do Mar
42
Un ano máis, desde a xerencia da Rede Museística Provincial e os
departamentos de didáctica deseñamos e programamos para o verán un
obradoiro para os máis pequenos arredor do patrimonio cultural. Os museos,
verdadeiros espazos de comunicación, son os lugares axeitados para coñecer a
nosa herdanza cultural, para estimular o agromar das nosas capacidades
expresivas, e para, en definitiva, construírmos un futuro desde o berce do saber.
Temos moito que aprender para ter moito que contar.
Responsable: Encarna Lago, xerente da Rede, e persoal do departamento de
Didáctica.
Idades: de 4 a 12 anos.
Horario: 11:00 a1 13:30 h.
Prazas: 20 asistentes, por orde inscrición.
Datas: meses de xullo e agosto, de martes a sábado.
Cronograma de contidos semanais:
Martes Xestual A través do corpo e das súas posibilidades comunicativas
Mércores Plástica A través das diversas manifestacións artísticas presentes na
Rede Museística Provincial
Xoves Lingüística A través do poder da palabra e das linguas
Venres Natural A través dos elementos da Natureza (sons, olores, formas,
fauna e flora …)
Sábado Infantil
A través do concepto de infancia, entendido como a
expresión máis libre, auténtica e espontánea, afastada de
prexuízos e estereotipos sociais. Un momento no que nos
expresamos a través do xogo e as relacións entre iguais
Campamento de Arqueoloxía
A historia constitúe un percorrido polo tempo. Cada etapa e cada fenómeno
nace do anterior e sirve de paso a outra nova etapa que, ademais, amosa
Museo Provincial do Mar
43
obxectos, construcións, formas culturais e materias propias do momento. Esta
bagaxe cultural pode ser gardada en “caixóns” que se amorean uns enriba dos
anteriores para conformar a historia. No Museo Provincial do Mar destaparemos o
“caixón” da memoria dos Indianos.
Responsable: Enrique Alcorta Irastorza, departamento de Arqueoloxía e
Historia do MPLugo.
Idades: de 8 a 12 anos.
Datas: do 27 ao 29 de agosto.
Museo Provincial do Mar
44
Museo Provincial do Mar
45
Museo Provincial do Mar
46
Pintando o mar. Aproximación á paisaxe e ás formas orgánicas do hábitat
mariño a través do debuxo e a pintura
Neste obradoiro aproximarémonos a unha selección de pezas das
coleccións do MP do Mar. Observaremos con atención cada unha delas.
Buscaremos formas escondidas, xeometrías e simetrías. Valoraremos tamén o
entorno privilexiado do museo e, finalmente, facendo uso de diversos recursos
plásticos, crearemos novas paisaxes de mar.
Responsable: Lucila Yáñez, departamento de Belas Artes do MPLugo.
Idades: de 6 a 12 anos.
Datas: do 8 ao 12 de xullo.
Museo Provincial do Mar
47
Museo Provincial do Mar
48
Os obradoiros de Cipriana, a balea concienzada
A mascota do Museo Provincial do Mar, a balea Cipriana, convídate a
gozar do verán e, de paso, coñecer a morfoloxía, hábitat, costumes, usos,
anécdotas e curiosidades dos cetáceos mariños. Faremos manualidades
(chaveiros, lámpadas de aceite …), teremos concursos por equipos, contaremos e
recrearemos lendas (a da Maruxaina e a da Serpe do Coído) e veremos que
podemos facer nós polo Medio Ambiente mariño.
Coñecendo a Cipriana e á súa familia
Museo Provincial do Mar
49
Datas: 3 de xullo.
Neste primeiro obradoiro cada participante fixo un bonito chaveiro con
forma de cetáceo.
Museo Provincial do Mar
50
Á caza de Cipriana
Datas: 24 de xullo
Acudimos á sala das balease, onde os nenos e nenas podrán ver os
diferentes tipos de arpóns que nas diversas épocas se foron usando na caza da
balea.
Construiron un arpón réplica dos que hai no museo, e usando un taboleiro
con casillas que representan todos os portos da Mariña, dende Ribadeo ata
Vicedo, ademáis de casillas con preguntas sobre cetáceos, a súa caza, os seus
usos, os seus costumes,..,
Museo Provincial do Mar
51
Museo Provincial do Mar
52
O aceite de Cipriana
Datas: 26 de xullo
Os rapaces que participaron nos obradoiros do Museo do Mar descubren
como se alumaba o home aprobeitando o aceite, nalgún caso de balea, antes do
descubrimiento da electricidade.
Museo Provincial do Mar
53
Os amigos fantásticos de Cipriana
Datas: 31 de xullo
San Cibrao terra de mar e de mariñeiros, conta con seres fantásticos que
habitaban as súas costas, como a Maruxaina e a Serpe de Coído. Neste
obradoiro os nenos e nenas encargáronse de darlle forma a eses seres de lenda
e de inventar unha fin a historia da Serpe de Coído, convertíndose así en
escritores e ilustradores.
Museo Provincial do Mar
54
Museo Provincial do Mar
55
Os veciños de Cipriana
Datas: 21 de Agosto
os nenos e nenas participantes coñeceron, coa axuda do mariñeiro Ramón
Rivas, algunhas das artes de pesca utilizadas en San Cibrao.
Museo Provincial do Mar
56
Coidando do mar de Cipriana
Datas: 23 de Agosto
No derradeiro obradoiro de Cipriana, a balea mascota do Museo do Mar,
que se chamou "Coidando do mar de Cipriana", os nenos e nenas participantes
concienciáronse da necesidade de coidar e respetar o mar.
Personalizaron unhas papeleiras que a partir de agora usaran para votar o
lixo cando vaian á praia, e deixáronvos fermosa mensaxes e propositos nos
panéis.
Museo Provincial do Mar
57
Museo Provincial do Mar
58
Museo Provincial do Mar
59
4.3 Obradoiros de Nadal
Museo Provincial do Mar
60
Museo Provincial do Mar
61
Museo Provincial do Mar
62
Museo Provincial do Mar
63
Museo Provincial do Mar
64
O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de
Lugo, Mario Outeiro, xunto coa xerencia da Rede Museística, presentan para este
Nadal 2013 un amplo e variado programa de actividades para os 4 museos
integrados. Para que ademais da visita do Apalpador, que baixa nestas datas
desde as montañas do oriente lucense, do Courel ou dos Ancares, coa súa fartura
de castañas quentiñas e con un sorriso agarimoso, poidades participar en
obradoiros para todas as idades e temas (xoias, contos e lendas, debuxos, xogos,
fías, tapices, pergameos, reciclaxe …), exposicións, cine, concertos e o nº 35 da
revista oral “O pazo das musas”.
Aproxímase o solsticio de inverno e canda el o Natalicio que o mundo
cristián conmemora nestes días. As nosas actividades cotiás deixan paso a un
tempo diferente no que medra como herba ventureira a ilusión. Reencóntranse as
familias, ofrecemos bos desexos, intercambiamos agasallos, participamos da
festa para despedir un ano e iniciar outro, a ser posible, mellor.Pero como,
seguramente, terás tempo sobro para atender máis quefaceres, os museos
xestionados pola área de Cultura e Turismo e integrados na Rede Museística da
Deputación de Lugo, ao tempo que che desexamos as mellores festas e un moi
feliz ano 2014, queremos propoñerche para estas datas un abano moi completo
de actividades. Un programa guiado pola fantasía pois temos a sorte de contar co
Apalpador como embaixador da alegría.
Pero ademais da visita do Apalpador, que baixa nestas datas desde as
montañas do oriente lucense, do Courel ou dos Ancares, coa súa fartura de
castañas quentiñas e con un sorriso agarimoso, temos moitas máis propostas que
ofrecerche. Desde obradoiros para todas as idades e temas (xoias, contos e
lendas, debuxos, xogos, fías, tapices, pergameos, reciclaxe …), ata exposicións,
cine, concertos e o nº 35 da revista oral “O pazo das musas”. Son actividades
para case todos os días deste Nadal, en todos os museos da Rede, para que te
achegues aos nosos centros como lugares de encontro, pero tamén de lecer e
aprendizaxe.
Non esquezas solicitar toda a información que precises no museo da Rede
da Deputación de Lugo máis próximo á túa residencia.
Obradoiro: Desexos para o Nadal
Museo Provincial do Mar
65
Fixemos árbores de cartón que decoramos con tarxetas nas que os nenos
e nenas escribiron os seus desexos de Nadal. Ademais, facilitamos tarxetas para
que quen o desexe puidera expresar os seus desexos e deixalos na árbore de
Nadal do Museo.
Museo Provincial do Mar
66
Obradoiro: Propósitos de Aninovo
Elaboramos un almanaque para decorar cos bos propósitos para o ano que
chega.
Museo Provincial do Mar
67
Museo Provincial do Mar
68
Obradoiro: O saqueto do mariñeiro
Confeccionaremos un saco como o que levaban os mariñeiros para recoller
os regalos que veñen vindo nestas datas
Museo Provincial do Mar
69
Obradoiro Reciclando no Nadal
Descubriron a técnica do "grabado", aprenderon a importancia de reciclar e
lograron uns fermosos resultados cos que poder agasallar ós seus.
Museo Provincial do Mar
70
Obradoiro O mar nunha burbulla
Repasamos as partes dun barco e os diferentes tipos de velas, fixemos
barquiños con cascaras de noces e para rematar bonitas burbullas nas que
gardamos un pouquiño de mar que teremos preto de nos cando queiramos
lembralo.
Museo Provincial do Mar
71
Museo Provincial do Mar
72
4.4. Obradoiros del Club Pequeamigos
Obradoiro Escoita! Os muesos tamén contan historias
Como complemento da exposición “Marionetas e contos do mundo.
Colección de Pedro Lavado” o único requisito para participar neste obradoiro foi
traer un calcetín.
Obradoiro Antefaces para o Entroido nos museos da Rede Museística
Fixose unha introducción na que se amosará ós rapaces e rapazas
participantes no obradoiro, algún dos entroidos máis significativos do mundo, pero
con especial incidencia nos galegos.
Dando paso á súa propia creatividade os rapaces e rapazas decorarán e
fabricarán máscaras e antifaces propios do Entroido.
Museo Provincial do Mar
73
Obradoiro Sentindo cos cinco sentidos
Museo Provincial do Mar
74
Obradoiro Mariscando pola Ribeira
Os rapaces e rapazas fixeron ourizos e outras especies mariñas, tales
como estrelas de mar, anémonas, minchas, etc, que, como o ourizo,habitan nas
rochas.
Museo Provincial do Mar
75
Obradoiro Mensaxe co corazón.
Cada neno ou nena fará con cartulina unha tarxeta que dirixirá a quen el ou
ela desexe, e na que escribirá ou debuxará a mensaxe que lle pareza oportuna.
Museo Provincial do Mar
76
Obradoiro Caleidoscopio
Cada neno construirá seu propio caleidoscopio partindo de materiáis de
refugallo como poden ser os rollos de papel de cociña, ou os prismas feitos de
dcartulina prateada brillante.
Museo Provincial do Mar
77
Obradoiro Decorando Ovos de Pascua
Cada neno e nena contou con varios ovos de porespán que debía decorar
con diferentes materiáis e sempre dando renda solta á súa creatividade.
Museo Provincial do Mar
78
Museo Provincial do Mar
79
Obradoiro Peque-fotógrafos
Con materiais reciclados e témperas recrearemos unha cámara fotográfica
e debuxamos un “negativo” no que cada un contou unha historia imaxinada co
que vimos nas salas do museo.
Museo Provincial do Mar
80
Museo Provincial do Mar
81
Obradoiro Arriba o Periscopio
Como nos verán os peixes e o resto das criaturas mariñas que habitan nas
profundidades do mar? A través das lentes do periscópio vamos a coñecer esta
perspectiva, como un medio para aprender a valorar os nosos recursos naturais e
crear conciencia da importancia que teñen para o noso futuro.
Unha experiencia para aprender en familia, xuntos construiremos un
periscopio.
Museo Provincial do Mar
82
Obradoiro Un mar de Mosaicos
Unha vez coñecida a teoría da técnica dos mosaicos, fixeron un pequeno
mosaico de goma eva con motivos mariñeiros.
Museo Provincial do Mar
83
Obradoiros flores a mares
Utilizando diferentes elementos, cada neno fará unha u máis flores e
decorará e escribirá unha tarxeta con dedicatoria para aquela persoa a quen lle
decida regalar a súa flor.
Museo Provincial do Mar
84
Obradoiro Facedores de Maios
Despois de falar da tradición dos maios, entregaráselle a cada neno e nena
unha estructura piramidal que terán que decorar con figuras de animáis mariños
recortados en goma eva, con flores secas e con cunchas.
Museo Provincial do Mar
85
O mesmo tempo tamén terán que aportar algún animal mariño recortado en
goma eva para o maio de maior tamaño que quedará no museo e que será unha
obra conxunta de tódolos participantes no obradoiro.
Museo Provincial do Mar
86
Obradoiro Flores e cunchas.
Neste obradoiro recoñeceremos diversos tipos de cunchas de moluscos
que nisturadas con flores secas, serviramnos para facer un collage, técnica
artística na que se mezclan elementos.
Museo Provincial do Mar
87
Obradoiro Ave Ciprianvs
Con diferentes materiais, como bolsas de basura de cores, goma eva.
cartulina, follas de tela,... fixemos traxes de romano e romana.
Obradoiro Festa Pirata
Como o seu propio nome indica, neste caso o obradoiro é en realidade
unha festa, na que o máximo obxetivo éque os nenos e nenas que veñen
Museo Provincial do Mar
88
participando nos nosos talleres o pasen en grande, poñéndolle así un broche de
ouro a este ciclo de obradoiros que remata deste seito tan marino. Os piratas
eran unhas das persoaxes que se encargaban de percorrer os mares canda os
mariñeiros e os navegantes, aínda que con outras intencións, e nesta festa,
pretendemos recrear a súa iconografía, con parches no ollo, bandeiras negras
con tivias e calaveiras, panos na cabeza, canóns , e os seus típicos abordaxes,
loitas de espadas, búsquedas de tesouros ou o seu castigo de atravesala
pasarela de madeira sobre a auga ateigada de tiburóns famentos.
Museo Provincial do Mar
89
Obradoiro Samaín
Construímos a nosa propia cabaza, recortamos bruxas en vasoiras,
pantasmas de ollos saltóns, e esqueletes de osos brancos e algodonados.
Tamén contamos historias e unha bruxa repartíu cabaziñas con larpeiradas
ós pequeamigos.
Obradoiro O Magosto no museo
Nel, lembramos o primeiro poema de Cantares Gallegos de Rosalía de
Castro, onde lle ofrece zonchos á “neniña gaiteira”.
Museo Provincial do Mar
90
Tamén aprendimos que a flor do castiñeiro é a candea, ou que a castaña
seca chámase pilonga.
Logo, os nenos e nenas, fixeron colares de zonchos e cucuruchos que
encheron de castañas asadas pola nosa castañeira Cipriana.
Obradoiro no museo
Chegou o outono, e recollimo-las colleitas, e cos froitos da Natureza
fixemos os nosos collages mariñeiros.
Museo Provincial do Mar
91
Museo Provincial do Mar
92
Obradoiro Adopta a túa peza
Obradoiro Muesos e integración social
O Clube Pequeamigos da Rede do Museo do Mar celebrou o Día da
Discapacidade realizando estas creativas mans solidarias.
Obradoiro O cofre do Tesouro
Antigamente a xente gardaba en cofres ou baúles as súas escasas
pertenzas, e tamén era en cofres onde o mariñeiro levaban nas súas travesias
Museo Provincial do Mar
93
unha lixeira equipaxe e unha grande esperanza de traelos cheos de tesouros. Por
iso nos elaboramos o noso propio cofre.
Museo Provincial do Mar
94
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL
5.1. Programa de ocio-turístico
Equipo Unión deportivo Las Rozas Boadilla Madrid
5.2. Programa da Terceira Idade
Ninguén como as persoas maiores de San Cibrao, isto é a terceira idade,
pode valorar o patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa
que era o seu medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os
encomendados de traspasar o noso legado a outros conecllos, iso é o que imos a
facer cos nosos visitantes da terceira idade, como o xeriátrico de Viveiro que nos
visitou neste ano.
Museo Provincial do Mar
95
Despedindo o ano cos nosos maiores
Museo Provincial do Mar
96
5.3. Semana dos museos
Os museos integrados na Rede Museística Provincial, xestionados desde
a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, conmemoramos un ano máis
o Día Internacional dos Museos. Desde 1977, o ICOM propón a celebración
desta data o 18 de maio, unha xornada para difundir o importante papel dos
museos no desenvolvemento social.
Museo Provincial do Mar
97
Como cada ano, o ICOM escolle un lema para chamar a atención sobre as
relacións entre os museos e a sociedade, e para este ano 2013 o reclamo
escollido é MUSEOS (memoria + creatividade) = PROGRESO SOCIAL, unha
oportuna e necesaria reivindicación, por mor da crise que nos anestesia, da
relevancia que a memoria debe ter no desenvolvemento intelixente das culturas
do mundo.
O calendario decidiu que este ano coincida esta celebración coa novena
edición de A Noite dos Museos, unha proposta do Ministerio de Cultura e
Comunicación de Francia que desde o 2005 vai gañando adeptos e presenza
mediática. Á tardiña, cando chegan as horas nocturnas, os museos abren as súas
portas ofrecendo unha percepción diferente dos seus espazos visitables.
Ademais, nesta semana que se prolonga desde o 13 ata o 19 de maio, temos
o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este ano para homenaxear ao
dramaturgo e actor compostelán Roberto Vidal Bolaño (1950-1987). Concertos e
representacións teatrais, amais de actividades creativas son as propostas que
ofrecemos nos catro museos integrados na Rede. E aínda teremos un recuncho,
aproveitando que o día 15 de maio é o Día Internacional das Familias, para
convocar e reunir a todos os que se animen; aos que acumulan, por idade, máis
memoria e, e aos que, tamén por idade, aínda teñen o saco baleiro de
experiencias.
En definitiva, unha semana, desde o 13 ao 19 de maio, con múltiples
propostas para todos os públicos, desde os obradoiros para os máis pequenos,
para os adolescentes (lipdup, photocall) ou para os maiores, concertos, encontros
e representacións teatrais, exposicións e experimentos que teñen os nosos
museos como escenario.
Pero, e, sobre todo, son días, como nos encomenda o lema do ICOM, para
a memoria e creatividade, pasado e futuro prendidos (por ti, por todos e todas)
polo elo que os pode unir; os museos da Rede Museística Provincial.
Museo Provincial do Mar
98
Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4
museos da Rede Museística Provincial.
Museo Provincial do Mar
99
Photocall
Durante toda a semana que foi do 14 ao 19 de maio, tendo como fondo un
modesto escenario, quen o desexesaba podía caracterizarse co chapeu e o nariz
de pallaso (que identifica a R. Vidal Bolaño) e fotografarse cun cartelón coa
palabra en galego que máis lle gustaba.
Museo Provincial do Mar
100
Museo Provincial do Mar
101
Museo Provincial do Mar
102
Expresión e artes da palabra na música popular galega
Obradoiro de expresividade oral, dramática e musical que desde diversas
manifestacións da música popular galega nos permite explorar a dimensión
creativa e comunicativa da palabra. Coordina: Pepa Yáñez Anllo
Enlace video: http://www.youtube.com/watch?v=VqJgaEI6wJI
Museo Provincial do Mar
103
Lipdup da Rede Museística
A continuación gravaremos un lipdub, ou dobraxe de labios, un vídeo
musical nun só plano-secuencia no que van participar moitas persoas dobrando
en play-back o tema Logo chega o día do grupo Lamatumbá. O produto final será
difundido a través das redes sociais. Colaboran na gravación os equipos técnicos
de campUSCulturae da USC. Coordina:Begoña Rodríguez Cacharrón.
Enlace video: http://www.youtube.com/watch?v=1BpKHXXpXt4
Concerto das Letras -Megara
Blues-rock en galego, en formato acústico
Museo Provincial do Mar
104
Museo Provincial do Mar
105
Concerto da Noite dos Museos
Alejandro Canoura (Guerrera). Blus-rock.
5.4. Museoloxía social
Día Mudial do Alzheimer
Dende a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da
Rede Museística e os museos que a integran, levamos anos traballando e
Museo Provincial do Mar
106
efendendo a idea duns museos abertos a toda a sociedade, converténdose en
espazos para a participación e o diálogo a través da arte.
O vindeiro 21 de setembro, “Día Internacional do Alzheimer”, queremos
sumarnos a esta efeméride presentando unha actividade que dende anos se leva
desenvolvendo nos outros tres museos da rede (Pazo de Tor, San Paio de Narla
e Museo provincial do Mar) e estender este ano ao Museo de Lugo unha
experiencia obradoiro dirixida a persoas diagnosticadas de Alzheimer e a todas
aquelas persoas que, por uns ou outros motivos, conviven con esta enfermidade.
O Alzheimer afecta a un gran número de persoas e, por extensión, a todas
aquelas que as rodean. Actualmente tense sabido que o avance da nfermidade
depende moito do contorno no que a persoa con Alzheimer desenvolva a súa vida
cotiá. De aí, que un contorno o máis favorable posible xerará unha mellor calidade
de vida. Desde a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo,
comprometémonos con este traballo xa que consideramos que require do esforzó
e implicación de todos os sectores sociais, culturais, educativos e sanitarios da
sociedade.
Dende a Rede Museística concibimos os museos como espazos de
memoria. Unha memoria que, ao igual que os recordos das persoas, debe ser
compartida para que se transfira, se contaxie e, en último caso, non fique no
esquecemento.
Por todo isto, convidamos a todas as persoas vinculadas a esta
enfermidade a participar nesta experiencia que leva por título Álbum de memoria
compartida e que, con esta primeira visita ao Museo, poidan iniciar un diálogo
coas pezas expostas, que evoquen a reminiscencia das súas vidas para poder
compartir ese caudal de memoria.
[Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo]
[Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da
Deputación de Lugo]
Álbum de memoria compartida é unha experiencia-obradoiro dirixida a
persoas enfermas de Alzheimer e aos seus familiares que dende o ano 2007, e de
maneira continuada, se leva desenvolvendo en tres dos museos da Rede
Museo Provincial do Mar
107
Museística (Museo Pazo de Tor, Museo Provinvial do Mar e Museo-Fortaleza San
Paio de Narla).
Un dos principais retos que nos formulamos, dentro do ámbito da
museoloxía social, é traballar o campo das emocións a través do contacto
vivencial coas pezas que atesouran os nosos museos. Os museos son espazos
de memoria que, a través dos obxectos e dos diálogos que se xeran coas
persoas, se van espallando e conservando.
Queremos, nesta ocasión, estender a liña de actuación e desenvolver esta
actividade no Museo Provincial de Lugo.
O Alzheimer é unha enfermidade que afecta ás conexións neuronais e que
as persoas van perdendo progresivamente, deixando de ter acceso aos seus
recordos. A través da memoria queremos provocar emocións que evoquen
lembranzas e se erixan coma pontes entre o pasado e o futuro.
Con motivo do “Día Internacional do Alzheimer”, que se celebra o 21 de setembro,
regalarase o Álbum de memoria compartida para traballar nun primeiro momento
no museo e despois na casa. Na visita ao museo, seralles entregado a todas as
persoas diagnosticadas con esta afección converténdose, dende ese momento,
nunha ferramenta para a comunicación e narración de historias. A partir dunhas
fichas coas que poidan traballar xuntos: enfermo-coidador e enfermo-museo,
recolleranse imaxes, obxectos, lugares, palabras –en esencia– recordos que
completen as páxinas deste álbum. Pero esta actividade tamén nace como unha
oportunidade para que os posuidores deste álbum compartan a reminiscencia da
súa historia de vida cos seus familiares, coidadores e seres queridos xa que serán
estes quen, en último caso, a través das súas lembranzas axuden a completar
esas follas en branco de recordos esquecidos.
Entre as mans, sostéñense follas de experiencias e historias que ben
poden ser comparadas coas catros estacións: a primavera representa unha época
na que, como as árbores, nacemos e nos preparamos para dar os nosos mellores
froitos; o verán, época na que a luz ilumina anos de novas experiencias e
sensacións; o outono, como as follas das árbores que descenden lentamente,
representa unha época máis sosegada na que avanzamos cara a un inverno no
Museo Provincial do Mar
108
que as nubes e os claros comparten protagonismo nas nosas vidas e nos nosos
recordos.
En definitiva, Álbum de memoria compartida é un compromiso que dende
hai anos a Xerencia da Rede Museística ten adoptado coas persoas maiores na
súa aposta por defender “Un museo para todos, entre todos, onde o valor da
memoria constitúe un tesouro tan valioso que merece defender e conservar.”
[Encarnación Lago González, xerente da Rede Museística]
Museo Provincial do Mar
109
Museo Provincial do Mar
110
Museo Provincial do Mar
111
Museo Provincial do Mar
112
Museo Provincial do Mar
113
Museo Provincial do Mar
114
Museo Provincial do Mar
115
Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero
O 25 de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra
a muller, e desde a Rede Museística queremos ser partícipes activos desta
efeméride, queremos actuar como axentes de cambio na loita contra os malos
tratos. Segundo a ONU, ata un 70% das mulleres sofren violencia ao longo da súa
vida. Para rematar con esta lacra a prevención é esencial, e para previr, a nosa
obriga como axentes sociais é a de educar en valores, educar en igualdade.
A data do 25 de novembro foi escollida para honrar a memoria das irmás
Mirabal, tres activistas políticas brutalmente asasinadas en 1960 polo dictador
dominicano, Rafael Trujillo (1930 – 1961).
Así pois, desde o 25 de novembro ata o 1 de decembro, trataremos de
abordar o tema da violencia contra as mulleres ó longo da historia, buscando
entre as pezas que forman parte das nosas coleccións, a través da iconografía
relixiosa, o concepto de pecado, de castigo físico como expiación, etc. Coñecendo
o pasado trataremos de entender o presente e comezar a construír un futuro en
igualdade. Esta é unha actividade para reflexionar xuntos, plantexada para
realizar en familia. Ao remate da visita, farémoslle unha foto a todo aquel que
Museo Provincial do Mar
116
queira manifestarse publicamente contra o maltrato, e a súa imaxe incluirase
simbolicamente no blog “Plántalle cara aos malos tratos”.
Desde o Clube Senior, os seus membros levarán a cabo a actividade
“Plántalle cara aos malos tratos”, os días 14, 21, 25 e 28 de novembro, en horario
de 17:00 a 18:30 horas. A actividade desenvolverase nas salas do MPLugo e terá
como referente de estudo e investigación obras que se exhiben nas súas salas
nas que se evidencien situacións de maltrato sexista, por exemplo as obras que
representan martirios como os de Santa Águeda ou Santa Lucía.
A historia e as lendas tamén serán obxecto da nosa análise. Desde os
catro museos contaremos unha historia que forma parte da memoria do museo de
San Paio de Narla:
“Don Vasco das Seixas é un home cruel e desapiadado cos seus vasalos.
Contrae matrimonio con dona Catalina Santiso, filla do nobre asturiano don
Sancho López de Santiso. Ela representa para os veciños das Torres o exemplo
de beleza, virtude, dozura e amabilidade. O cariño que esperta entre a veciñanza
faille gañar o alcume de dona das Torres. Consonte vai crecendo o afecto da
veciñanza por dona Catalina vai nacendo a xenreira en Vasco das Seixas, quen
constata que a súa muller intervén sempre a favor dos labregos. Buscando un
xeito de se desfacer dela dá en acusala de adulterio e trata de envelenala. Unha
vez que a noticia do intento de asasinato se estende entre os veciños, estes xuran
acabar co seu señor se algo lle acontece á dona das Torres. Ao pouco tempo
cúmprense os seus peores agoiros e Catalina aparece morta. Vasco das Seixas,
sabedor do destino que o agarda, foxe cunha presa de homes que aínda lle son
fieis.
Os veciños de Narla toman o pazo e envían, por unha banda, a Xan de
Rodís a pedir xustiza perante o rei e, por outra, unha comitiva que debe informar a
don Sancho do tráxico suceso. A veciñanza é a encargada do enterro de dona
Catalina no mosteiro de Sobrado. Vinte días despois deste chega o seu pai,
Sancho López de Santiso quen, acompañado por un delegado do rei e polo abade
e algúns dos monxes de Sobrado, abre o cadaleito e descobre o corpo incorrupto
da dona das Torres, coas mans postas sobre as dúas feridas que lle causara o
Museo Provincial do Mar
117
seu home. Ao mesmo tempo Vasco das Seixas, refuxiado na casa do duque de
Bragança, é asasinado polos homes deste”.
Día da muller traballadora
A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR
Historias de Mulleres e homes na Rede Museística
Con motivo do Día Internacional da Muller, comezouse a traballar nesta
actividade prevista para visibilizar o Día Internacional dos Museos o 18 de maio
cuxo eixo principal era nun inicio salientar a figura feminina a través da creación
de historias inspiradas nas obras e obxectos de cada un dos catro Museos da
Rede Museística:
Museo Provincial de Lugo
Museo do Mar en San Cibrao
Pazo de Tor en Monforte de Lemos
Museo-Fortaleza San Paio de Narla en Friol
Museo Provincial do Mar
118
Museo Provincial do Mar
119
Nunha fase previa de traballo de campo recolleronse multitude de relatos,
poemas, cancións, fotografías e vídeos que falan da muller en tódalas facetas
posibles: que traballa, que coida, que ri, que crea, que espera,… Un total de 785
historias nos catro museos.
Queremos agradecer a participación de colectivos de artistas ,de persoas
con capacidades diferentes , asociacións de mulleres do ámbito rural e mariñeiro
como ALUME, COGAMI Lugo, ASPNAIS, AFAMON, AUXILIA Monforte, Asoc. de
Mulleres de San Cibrao, Mulleres Redeiras "Cabo Burela" e A Mariña COGAMI.
Dentro do traballo de campo que se fixo no Museo de San Paio de Narla
baixo a coordinación de Francisca Abuín traballamos historias de mulleres no
ambito rural.
Nesta nova fase traballando o concepto de Museo aberto (un museo para
todos, un museo enfocado aos seus públicos, un museo enfocado a diversidade,
un museo que vai hacia unha sociedade de saberes multiples, donde traballamos
o coñecemento compartido)
A través de este proxecto de Contidos Revertidos do Museo buscouse a
participación de todo tipo de públicos:
Que sintes cando te achegas aos museos da Rede?
Que te inspira este obxeto?
Que pensas da validez das miradas sobre os obxetos?
Sintes que formas parte deste museo?
Gustaríache compartir a túa mirada con nos?
Nunha fase previa de traballo de campo recolleronse multitude de relatos,
poemas, cancións, fotografías e vídeos que falan da muller en tódalas facetas
posibles: que traballa, que coida, que ri, que crea, que espera,… Un total de 785
historias nos catro museos.
Queremos agradecer a participación de colectivos de artistas ,de persoas
con capacidades diferentes , asociacións de mulleres do ámbito rural e mariñeiro
Museo Provincial do Mar
120
como ALUME, COGAMI Lugo, ASPNAIS, AFAMON, AUXILIA Monforte, Asoc. de
Mulleres de San Cibrao, Mulleres Redeiras "Cabo Burela" e A Mariña COGAMI.
Dentro do traballo de campo que se fixo no Museo de San Paio de Narla
baixo a coordinación de Francisca Abuín traballamos historias de mulleres no
ambito rural.
Nesta nova fase traballando o concepto de Museo aberto (un museo para
todos, un museo enfocado aos seus públicos, un museo enfocado a diversidade,
un museo que vai hacia unha sociedade de saberes multiples, donde traballamos
o coñecemento compartido)
A través de este proxecto de Contidos Revertidos do Museo buscouse a
participación de todo tipo de públicos:
Que sintes cando te achegas aos museos da Rede?
Que te inspira este obxeto?
Que pensas da validez das miradas sobre os obxetos?
Sintes que formas parte deste museo?
Gustaríache compartir a túa mirada con nos?
Museo Provincial do Mar
121
Día internacional das persoas co discapacidade
O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio
Veiga, Encarna Lago González (xerente da Rede Museísitica) e Ángeles
Miguelez (departamento de Didáctica da Rede Museística) presentaron o luns, 2
de decembro, no Museo Provincial do Mar de San Cibrao, Cervo, o
proxecto MUSEOS SOCIALMENTE RESPONSABLES, un programa cuxas
actividades se desenvolverán nos catro museos da Rede Museística da
Deputación de Lugo desde o 3 de decembro (Día Internacional das Persoas
con Discapacidade) ata o final da primavera de 2014. No mesmo acto
presentouse o catálogo da primeira edición, unha iniciativa realizada por persoas
cegas, pioneira en Galicia e no estado español.
MUSEOS SOCIALMENTE COMPROMETIDOS
REDE MUSEÍSTICA DE LUGO
Museo Provincial do Mar
122
A través dos catro museos que compoñen a Rede Museística (Museo-
Fortaleza San Paio de Narla, Museo-Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar e
Museo Provincial de Lugo) apostamos e defendemos unha Museoloxía Social:
museos que manteñen un diálogo permanente co seu entorno, museos
comunitarios onde as voces das e dos cidadáns teñen moito que dicir, museos
solidarios e accesibles.
Dende o departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da
Rede Museística seguimos traballando en proxectos a prol da igualdade, a
intermediación, interxeración e a interculturalidade. Nesta ocasión, un ano máis
por estas datas, aproveitamos o mes de decembro para facer fincapé nunha
programación de MUSEOS SOCIALMENTE COMPROMETIDOS.
Con motivo da celebración o 3 de decembro do Día Internacional das
Persoas con Discapacidade deseñamos unha programación aberta cun dobre
obxectivo: ofrecer unha accesibilidade integral aos museos que compoñen a Rede
Museística, así como a visibilidade de grupos socias que carecen deses espazos
na actualidade. O programa desenvolverase ao longo de todo o mes de
decembro, ampliándose ata marzo de 2014 con propostas diversas (exposicións,
obradoiros, artes escénicas, cine, xornadas de reflexión, etc) que se engloban en
4 áreas de actuación:
1.-Capacidades diferentes
2.-Accesibilidade e integración
3.-Diálogo Intercultural
4.-Xénero e Igualdade
Dende a participación, a colaboración e a cooperación poñemos a
disposición de todas e todos os catro museos da Rede Museística como espazos
de convivencia e diálogo; lugares abertos onde as minorías sociais gocen da
importancia e relevancia magna que merecen, onde o diferente se naturalice e
converxa co normal.
Museo Provincial do Mar
123
Plural é a palabra Museos, como plural é a palabra Persoas. Museos para
todas e todos, entre todas e todos, por unha sociedade máis xusta, social e
igualitaria.
PRESENTACIÓN DA 2º EDICIÓN DO CURSO FOTOGRAFÍA A CEGAS E
PRESESNTACIÓN DO CATÁLOGO DA 1ª EDICIÓN “CURSO FOTOGRAFÍA A
CEGAS.
Museo Provincial do Mar
124
5.5. Programa de Exposicións
Exposición: O Entroido en imaxes
Fotografías de José Manuel Blanco Prado dos Entroidos máis
espectaculares da provincia de Lugo.
As caras do Entroido. Proxección audiovisual de vídeos e fotografías
antigas e actuais dos Entroidos Ribeirao, Salcedao e da Terra Chá.
As fotografías pertencen aos arquivos J. M. Blanco Prado, IESCHA, B.
Barreiro e área de Cultura e Turismo da Deputación. Os vídeos foron realizados
por Carme Pernas e Rosa Brañas, bolseiras de patrimonio inmaterial da área de
Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, e pola Asociación Cultural en Defensa
do Patrimonio “LugoPatrimonio”.
A proxección foi continúa durante os días do período de Entroido.
Enlace video-montaxe: http://vimeo.com/59045452
RESUMO
Neste artigo faise mención dalgúns rituais que se empregan na festividade do
Entroido por algunhas comunidades da provincia de Lugo. O mesmo tempo o traballo
vai ilustrado cunha serie de fotografías sobre a devandita festividade que serviron de
base para unha exposición fotográfica levada a cabo polo autor.
1.- LIMIAR.
Acomezos do mes Abril do 2004, D. José Manuel Blanco Pradol profesor de Filosofía
do I.E.S. “Xoan Montes” de Lugo realizou unha exposición etnográfica sobre diferentes
trazos con respecto ó Antroido na provincia de Lugo. Esta exposición tivo lugar no
Museo Provincial do Mar
125
mesón “O Fomo”, sito na C/ Río Ser e propiedade do Sr. Carreira.
Afinalidade que pretendía o autor era amosar dun xeito directo por medio da fotografía
algunhas peculiaridades do Antroido na devandita provincia. Polo tanto, nesta primeira
exposición, o autor tentaba reflectir por medio de vintetrés fotografías diferentes
rituais sobre esta festa, que tiñan e seguen tendo lugar en distintas comunidades lucenses:
Lugo, a Ribeira de Chantada, a Térra Cha e o Val de Lemos. Ademáis incorporou
nun folleto unhas breves considerancións teóricas sobre o desenvolvemento desta festa
nas comunidades citadas para que poidesen servir de guía a tódalas persoas ,que visitasen
a exposicíón.Tanto a exposición como a guía que acompañou a mesma serviranlle de
fundamento para inmediatas investigacións, que ten pensado levar a cabo sobre outros
Antroidos nesta provincia.
Finalmente o autor pretende exponer neste artigo os contidos do folleto, que realizou
para tal evento, así como as fotografías da exposición máis relevantes.
2.- O CICLO DO ANTROIDO.
O entroido é unha expresión latina, que sifiifíca no ámbito cristián “ adeus á carne”,
xa que se refire os derradeiros días nos que se podía comer carne antes de que chegáse a
Coaresma. Así o manifesta a seguinte cantiga: // “ Adiós, martes de Antroido / adiós,
meu amiguiño / hasta el Domingo de Pascua / non comerei máis touciño”//.
O entroido - segundo Marino Ferro — “es una fiesta de libertad, de licencia, de
inversión de valores y de parodia”. Caro Baroja fálanos déla “como una fiesta de
paso de año concebida desde una sociedad urbana pero aún lo bastante allegada a
la agricultura y al pastoreo como para que subsista en ella un hondo sentido de la
vinculación con los ritmos vitales de la planta cultivada y el animal doméstico”.
Segundo Vicente Risco o ciclo máis xeralizado do entroido era o seguinte:
1. O “Domingo Fareleiro”. Por ex. “Ribeira de Chantada” (Vilauxe...).
2. O “Xoves de Compadres”. Concellos da Terra de Lemos (Bóveda, Monfórte de
Lemos, Pantón, Pobra de Brollón, o Saviñao...). O máis importante Monfórte de
Lemos.
3. O “Domingo Corredoiro”. Por ex. “Ribeira de Chantada” (Vilauxe,
Nogueira...).
4. O “Xoves de Comadres”. Concellos da Térra de Lemos. O máis importante
Monfórte de Lemos.
5. O “Domingo, Lúns e Martes do Entroido”. En moitas parroquias e pobos da
provincia de Lugo celébranse bailes e concursos de disfraces. De tódolos xeitos
compre distinguirmos:
5.1. Lúns do Entroido. “O oso de Salcedo” (A Pobra de Brollón).
5.2. Martes do Entroido. “ O enterro do Entroido” en Vilauxe (Chantada), no Val
do Franco (Castro de Rei), en Tirimol (Lugo) etc. Neste día tamén é importante
“O sermón e o xuizo ó Entroido” no Val do Franco.
6. O “Mércores de Cinza. Enterros da sardina na cidade de Lugo e nos pobos de
Burela, Monfórte de Lemos, Sarria, Vilalba, Viveiro ...
Tamén nalgunhas comunidades da provincia celébrase o Domingo de Piñata: P. ex.
“A queima do Entroido” en Ribadeo, que é o que ten maiores proporcións da provincia.
3.- BREVE REFERENCIA OS ENTROIDOS REFLECTIDOS ÑAS
FOTOS DA EXPOSICIÓN.
3.1.- O Entroido da Ribeira de Chantada.
Antaño, o entroido celebrouse ñas parroquias de Santiago de Arriba, S. Pedro de
Líncora, Camporramairo, A Zariña, Nogueira do Miño, Vilauxe etc. Pero nos derradeiros
anos, debido á perda de xente nova nestas parroquias, so se segué celebrando algo en
Nogueira do Miño e Vilauxe. Esta última parroquia recuperou a tradición do Entroido no
ano 1998.
Todo isto motivou que no ano 2001 se constituíse a “ Asociación do Entroido
Ribeirao de Chantada”, que ten como finalidade salvar unha tradición que estaba a piques
de desaparecer. Por tal motivo os seus integrantes tentan proxectar o entroido non so a aquelas
parroquias con raígame carnavalesca, senón tamén á propia capitalidade do concello.
O entroido nestas térras celébrase durante cinco días: os domingos de Lambedoiro,
Corredoiro e Antroido, e o lúns e martes do Entroido. Nestas datas saen unha serie de persoas
disfrazadas do seguintes xeito:
Museo Provincial do Mar
126
1. Os volantes.
Son as figuras máis chamativas. Levan unha camisa branca cunhas vendas cruzadas
desde os nocellos ós xeonllos; por riba da camisa levan posto uns grandes panos de
muller, cruzados por cada ombro; na cintura portan un cinto, que sostén vintecatro campaiñas,
chamadas “machos” ou “femias”, segundo causen un son grave ou agudo; por
riba da súa cabeza levan “o pucho”, un armazón de fío de aramio e madeira, provisto de
cintas e frores de papel de tódolas cores, que remata nunha boneca de xoguete e dous
penachos.
Os volantes, sempre do sexo masculino, van saltando, o que da lugar a que as cintas
de papel voen polo aire e as campaiñas orixinen un constante e rítmico son. Estes, acompañados
dalgúns “peliqueiros”, son os encargados de anunciar o comezo dun oficio no
que adoitan intervir un bo número de “mecos”.
2. Os peliqueiros.
Van provistos dunha pelica - pel fina de cameiro ou cabrito- que levan por riba da
roupa. Ademáis portan un pao o un látego, para ímpediren que algúns observadores dos
oficios tenten desfácelos.
3. Os mecos.
Son os personaxes máis numerosos. Visten con roupa vella e son os que se encargan
de representar os diferentes oficios, que teñen como finalidade dos server de parodia dos
distintos traballos e comportamentos sociais.
Neste últimos anos fundouse en Chantada a “ Asociación do Antroido Ribeirao”, que
debido á progresiva perda do Antroido de Santiago de Arriba, A Sariña, San Pedro de
Líncora e outras parroquias da Ribeira, defende o traslado desta manifestación festiva á
vila de Chantada como vía para sálvala. Pola contra a comunidade parroquial de Vilaúxe
quere seguir organizándoo por si mesmo. A este respecto Juan Carlos González, presidente
da Asociación do Entroido Ribeirao, manifesta: “Se os de Vilaúxe poden, perfecto,
pero o resto das parroquias non temos medios”.
3.2.- O Oso de Salcedo (A Pobra de Brollón).
O lúns do Entroido, na localidade de Salcedo (A Pobra do Brollón), sae polas corredoiras
e rúas do pobo o oso, un personaxe vestido con peles de cordeiro e máscara de
plantígrado.Éste, axudado por uns criados -normalmente catro- dedícase a “cazar” a tódalas
persoas, que atopa no seu camino, para tisnarlles a cara con cinsa recollida dalgunhas
cociñas do pobo, e, ás veces, con brea.
O profesor francés Yvon Dupouy - investigador das diferentes manifestacións do oso
en Europa- indícanos o carácter ambiguo do oso, xa que mentres en Salcedo -coincidente
dalgún xeito coa Cataluña francesa- o oso non é perigoso senón que é un animal que
serve para anunciar a primavera e ó mesmo tempo é símbolo da fertilidade e ledicia, en
Rumania, o oso é unha figura vinculada a algo maléfico.
En Salcedo, -segundo Mercedes Vázquez- o oso apareceu sempre vestido con peles
na compaña dos criados que o levaban atado cunha corda e, cando o soltaban, tirábase
nos charcos, e logo, tirábase á xente tocando o esquilón, as chocas, segundo comenta o
Quinto de Salcedo. No Entroido galego, o oso acostumbra a ir so, pola contra en Salcedo,
aparece en compaña dos criados que noutrora o axudaban a emporcar á xente, aínda que
hoxe confórmase con tiznar e tirar ó chan a máis dun2.
3.3.- O Xoves de compadres e omadres.
Tanto os compadres como as comadres son bonecos, realizados con palla, ben comprimidos
e vestidos con roupas de homes e mulleres, respectivamente. Hai anos, nalgúns
barrios de Monforte de Lemos pendían estes bonecos, o día antes da festa, nun lugar de
difícil acceso e logo os vixíaban toda a noite; así, mentres os homes estaban pendentes
des comadres, as mulleres estábano das compadres, xa que era doado de recoñecer o sexo
da persoa representada por mor das roupas que lle foran postas. A finalidade era recuperar
o boneco, o que daba lugar a unha loita simbólica entrámbolos dous sexos.
Na actualidade na Térra de Lemos, que abrangue os concellos de Bóveda, Monforte,
Pantón, O Sabiñao, A Pobra do Brollón, Sober, tentase facer diversas parodias, tanto o
xoves de compadres como o de comadres, usando bonecos dámbolos dous sexos, que
representan diferentes comportamentos e tarefas da vida cotiá.
Este antroido foi analizado, entre outros, por Hermida Balado, Germán Vázquez e
Moure Mariño3.
3.4.- O entroido no “Val de Francos”.
Museo Provincial do Mar
127
Dende o ano 1992 as parroquias de Ansemar, Balmonte e Gobernó celebran neste fermoso
val o entroido como reflicten as seguintes estrofa:
“ Xa que tres pobos se uniron, “ Balmonte, Gobernó e Ansemar
con unha grande ilusión , xuntas o Antroido van festexar
nunha tarde de harmonía , ¡é tan fermosa esta unión
fan esta celebración”, que mesmo agranda o corazón”4.
Os actos máis representativos deste entroido son o sermón, o xuizo e a queima do
entroido.
1. O Sermón.
Trátase dun conxuncto de estrofas, pronunciadas normalmente por un home ,e as
veces tamén por unha unha muller, nas que se satirizan preferentemente diferentes eventos
que tiveron lugar no concello, e nesas parroquias en particular. Entre algúns sermoeiros
de sona irnos distinguir os seguintes: Laxe de Loentia, Elias da Concha de Ansemar,
Salvador de Aguiar de Samartiño de Gobernó, Hipólito e Eleuto de Ansemar, Edelmiro
de Samartiño de Gobernó e Serafín de Tito de Quíntela5.
2. O Xuizo ó Eentroido.
Neste acto interveñen tres persoas, que simbolizan a un xuiz, un fiscal e un avogado
defensor, que levan a cabo o seu rol, utilizando, ó igoal que no sermón, unha serie de
estrofas ñas que ó remate o fiscal condena ó antroido a ser queimado.
Finalmente é importante facer mención do Antroido do ano dous mil, xa que ,por primeira
vez nesta comarca, foi planificado por tres mulleres: Ana María Canto Rodríguez,
da parroquia de Gobernó; María Luisa Alonso, de Balmonte e Montserrat Flores
Fernández, de Ansemar.
3.5.- O enterro da sardina.
Na cidade de Lugo e nalgúns pobos da provincia: Burela, Chantada, Monforte, Sarria,
Vilalba...celébrase no solpor do mércores de cinza este enterro, no que interveñen confrades,
plañideiras e devotos, que levan nos seus ombros o cadaleito da sardina ata a
praza maior, onde un representante dos confrades pronuncia un discurso satírico.
Na nosa cidade, o acto é organizado pola asociación cultural Pepe Barreiro, persoa
que noutrora impulsou en Lugo esta celebración. Na procesión fúnebre participan máis
de cen persoas, que saen do Círculo das Artes e percorren varias rúas, cantando as estrofas,
escritas no seu día polo fundador da confraría. O percorrido remata na praza maior,
onde o carón da Casa Consistorial un representante da comitiva lee uns ferretes - estrofas-,
que aluden a diferentes eventos da política estatal, autonómica e municipal6.
No ano dous mil catro a estrofa cantada polos confrades e demais persoas asistentes
ó acto foi a seguinte:
“ E xa temos unha ponte,
fíxerona os romanos
e agora que se biquen
o alcalde e o señor Cascos”
As diferentes estrofas que se cantan neste día, son elaboradas en galego por todas as
persoas da confraría que o estimen conveniente. En anos vindeiros tense pensado facer
un concurso público de “estrofas satíricas” para seleccionar as máis axeitadas.
Exposición Obxectos para Comunicar
Exposición de obxectos escollidos entre os fondos deste museo e que
tiveron no seu momento histórico unha función asociado á comunicación entre os
seres humanos.
Museo Provincial do Mar
128
Exposición: Galiza nun tempo de seu
O presidente da AS-PG, Xoán Costa, e Marcos Maceira, coordina a
exposición Galiza nun tempo de seu que consiste nun pequeno percorrido pola
Galiza medieval centrándose en tres momentos que mostran cal foi o noso
desenvolvemento no periodo baixomedieval.
A información que se ofrece a través dos paneis permite ao visitante non
especializado obter unha visión xeral e sinxela deste período histórico. Esta
exposición, que percorrerá o resto dos museos da Rede Museística da
Deputación de Lugo ata o 17 de marzo de 2014, está dividida en 3 partes
cronolóxicas. Na primeira abordarase a liñaxe dos Castro, unha familia á fronte do
Reino de Galiza, que logo se desprazará ao Pazo de Tor polo seu vencellamento
xeográfico coa zona. Noutra parte afondarase nas causas e consecuencias dos
movementos irmandiños na Galiza do século XV, sección que logo da súa
exposición en Lugo pasará ao Museo-Fortaleza de San paio de Narla, en Friol. E
por último, no Museo do Mar de San Cibrao exporase a parte destinada a explicar
o período de resistencia á monarquía dos Reis Católicos onde a figura central é o
mariscal Pardo de Cela.
Museo Provincial do Mar
129
Exposición redeiras
Museo Provincial do Mar
130
Museo Provincial do Mar
131
EXPOSICIÓN: Marionetas e contos do mundo. Colección de Pedro Lavado
Paradinas.
A colección de monicreques e marionetas de Pedro Lavado Paradinas, que
configuran o seu singular Museo Utoplía, non é só un conxunto de obxectos
procedentes de todo o mundo, senón que lle engade á rareza das pezas e á súa
procedencia exótica contos e lendas que forman parte da tradición oral e teatral
de moitas culturas.
Monicreques e marionetas formaron parte da versión didáctica e amena de
historias do Mahabarata e do Ramayana hindú, de ritos e maxia no mundo
africano, anécdotas e historietas de pícaros como Nasredin, Yehá, Guignol,
Arlequín, Gorgorito, Punch Kasperle, Petrouska ou Wolf, por só citar algúns dos
protagonistas máis famosos do elenco teatral e naturalmente de todas as fábulas
e contos que oímos de pequenos e que nos chegaron a través das recompilacións
de Fedro, Esopo, Iriarte, Samaniego, Fenelón, os irmáns Grimm, Andersen ou
Perrault.
Por todo isto, esta exposición, presentada hoxe no Museo de Lugo, quere
ofrecerlle ao gran público, e non só aos pequenos senón tamén aos máis
maiores, unha mostra de como as historias se van adaptando aos novos tempos e
creando novas personaxes, entre as que destacan as actuais marionetas de
Barrio Sésamo, os Fraggle, Dora, Pocoyó, Trancas e Barrancas e outros mil
personaxes habituais xa nos programas de televisión.
A exposición Marionetas e Contos do mundo, no Museo de Lugo, ofrece
pezas de madeira tallada e policromadas con pan de ouro procedentes de
Birmania. Outras de gran formato de Sri Lanka, unha curiosa colección de pezas
de madeira, cabaza e vestidos de tela reciclados procedente de Togo, Benin e
Mali. Pezas a cabalo entre o rito e a maxia e como nalgún caso usadas para os
rituais tras o nacemento, coñecidas como máscaras gueledé. Hai pezas de
Uzbekistán, México, checas, inglesas, alemás, francesas e españolas e, como
non podía faltar nestas próximas festas, marionetas co tema do Belén e en
especial as do Belén animado de Tirisiti en Alcoi, Alacante, un dos exemplos máis
curiosos da tradición e patrimonio intanxible na España actual.
Museo Provincial do Mar
132
A colección de Pedro Lavado, que conta con máis de dúas mil marionetas
e monicreques de todo o mundo, e das que aquí se mostran duascentas, busca
un lugar onde asentarse definitivamente para que nenos e adultos sigan soñando
con esas historias e contos.
Museo Provincial do Mar
133
5.6 Servizo do museo para outras actividades
Sorteo Reis Acia
Sinatura convenio APNED
Museo Provincial do Mar
134
Reunión de Antonio Veiga co Club piragüismo
Sinatura de convenios de teleasistencia do vicepresidente da deputación de
Lugo, Antonio Veiga, e o delegado de cultura, Mario Outerio, con Alcaldes
da Mariña.
Museo Provincial do Mar
135
Reunión do Grupo de Acción Costeira, A Mariña-Orgegal (GAC)
Museo Provincial do Mar
136
5.7. Programa de conferencias.
O ciclo “A Arqueoloxía e o Mar: Navegando na nosa historia”, cunha
conferencia a cargo de Pau Sureda Torres, investigador do mundo fenicio no
Mediterráneo, e que leva por título “O comercio e a navegación fenicia no
Mediterráneo antigo”. Os relatorios deste ciclo, organizado por Marián Cueto
(Instituto Internacional de Investigacións Prehistóricas de Cantabria, IIIPC) e
Edgard Camarós (Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social,
IPHES), e patrocinado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a
Rede Museística Provincial, teñen por obxectivo valorar o papel do mar ao longo
da nosa historia.
A Arqueoloxía e o Mar: Navegando na nosa historia
Introdución
O obxectivo deste ciclo de conferencias é valorar o papel que o mar tivo ao
longo da evolución humana, non só nos momentos máis recentes da historia,
senón xa dende a Prehistoria. O mar sempre estivo presente como fonte de
recursos, proporcionou alimentos dende a prehistoria, serviu como vía de
comunicación dende a antigüidade, e é unha fonte inesgotable de sorpresas na
actualidade en tanto que esconde unha parte da nosa historia, pecios afundidos,
covas que foron habitadas antes da transgresión mariña, restos de batallas.
Por iso, eliximos unha serie de profesionais cuxos estudos abranguen cronoloxías
diversas, de maneira que, con este ciclo, poidamos cubrir un período amplo, así
como temas variados, dende investigacións sobre os recursos mariños ata
prospeccións subacuáticas.
Conferenciantes
Pau Sureda Torres.- Universitat Pompeu Fabra, Barcelona. Investiga o mundo
fenicio no mediterráneo.
Museo Provincial do Mar
137
Ignacio Crespo Liñeiro.- Empresa Argos (A Coruña). Realiza prospeccións
subacuáticas na Mariña e descubriu recentemente varios pecios afundidos nas
rías de Ribadeo e Viveiro.
Museo Provincial do Mar
138
Edgard Camarós.-Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social. A
súa investigación céntrase no Plistoceno final.
Museo Provincial do Mar
139
Víctor Bejega García.- Universidade de León. Realizou as escavacións do Faro de
San Cibrao e o estudo dos restos mariños encontrados.
Museo Provincial do Mar
140
Esteban Álvarez Fernández.- Universidade de Salamanca. Especialista en
recursos mariños, estuda os restos encontrados en depósitos arqueolóxicos de
época prehistórica.
Museo Provincial do Mar
141
Museo Provincial do Mar
142
5.8. Programa de cine
Proxección película “O Apóstolo”
O Apóstolo (2012), o primeiro filme de animación europeo stop-motion en
3D, guionizado e dirixido por Fernando Cortizo, producido por Artefacto
Producciones, nominado aos Premios Goya, foi protagonista nos catro museos da
Rede Museística.
Un dos motivos é que desde o 15 de febreiro o Museo Pazo de Tor
custodia e amosa aos visitantes parte das maquetas dos decorados desta
película; outro motivo é que esta películaestivo nominada nos Premios Goya con
opción a Mellor Película de Animación. E a terceira, e máis importante das razóns,
consiste en ofrecer aos nosos visitantes a oportunidade de visionar totalmente
gratis este excelente filme.
Xunto coas proxeccións que se realizarán nos catro museos conforme ao
calendario que se achega, tamén haberá ocasión de escoitar e partillar co seu
director, Fernando Cortizo, e coa responsable da produtora, Isabel Rey, para
coñecer as interioridades dunha rodaxe moi complexa.
Sinopse
Un preso que acaba de fugarse do cárcere intentará recuperar un botín agochado
anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que
alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns,
estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo
arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense,
humor e fantasía.
Museo Provincial do Mar
143
Director: Fernando Cortizo
Productores: Artefacto producciones
Guionistas: Fernando Cortizo
Actores: Paul Naschy, Jorge Sanz, Carlos Blanco, Xosé Manuel Olveira 'Pico'
Duración: 80 min.
Festival Internacional Euroárabe Amal
A Fundación Araguaney – Puente de Culturas ten como prioridade
fundamental promover o intercambio cultural entre España, América Latina e o
Mundo Árabe cunha clara vocación universal. Fomentar a comprensión do mundo
árabe a través do cine e fomentar o sétimo arte é un compromisos do Festival
Amal ao que un ano máis se quere sumar a Rede Museística ofrecendo a maiores
e pequenos un ciclo de cine que ofreza unha visión global, cosmopolita e
intercultural do mundo.
Este ano teremos a oportunidade de ver as mellores películas da última
edición de Amal. O ciclo Amal 2013
PROGRAMA 1:
LE THÉ OU L´ELECTRICITÉ
Premio Amal 2012 á mellor longametraxe documental
Dirección: Jérôme le Maire
Duración: 93 min.
País: Bélxica, Marrocos.
Museo Provincial do Mar
144
PROGRAMA 2:
RABAT
Premio Amal 2012 á mellor longametraxe de ficción; mellor direcció e á
mellor interpretación masculina.
Dirección: Jim Taihuttu e Victor Pontem
Duración: 65 min.
País Holanda.
EID
Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe documental.
Dirección: Saaheb Collective
Duración: 9 min.
País: Palestina.
PROGRAMA 3:
BROMAS APARTE
Dirección: Vanessa Rousselot.
Duración: 54 min.
País: Francia, Palestina.
ENSEMBLE
Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe de ficción.
Dirección: Mohamed Fekrane
Duración: 17 min.
País: Francia.
Museo Provincial do Mar
145
5.9. Programa de recurso educativos
Charla divulgativa: Que celebramos no Entroido? Algúns Entroidos
singulares da provincia de Lugo
Por Carme Pernas Bermúdez, bolseira de patrimonio inmaterial da área de
Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
5.10. Programa discapacidade
Visita da Asociación Síndrome de Down de Lugo
6. PROGRAMA DE PERSOAL
Xerencia: Encarna Lago González
Vixianza-guía: Ángeles Miguélez Martínez
Vixiancia: Amelia Pernas García
Servizo de limpeza: María José López
Museo Provincial do Mar
146
7. PROGRAMA ECÓNOMICO