Post on 25-Jun-2015
MACROINVERTEBRADOSINDICADORES DA CALIDADE DA AUGA
Material de mostraxeLupa.Bandexa.
Rede de macroinvertebrados ou coador.
Botas de auga de caña alta ou vadeador.Luvas.
Claves e ilustracións de identificación.
Táboa de valoración da calidade da auga.
SELECCIÓN DA ZONA DE MOSTRAXE .Hai que ter en conta:— Que sexa de doado acceso.
— Se é posible, que corra a auga.
— Intentar que sexa unha zona con diversidade de hábitats
— Que teña zonas que non sexan demasiado profundas para poder meterse cunhas botas de auga.
PASOS A SEGUIR PARA TOMAR AS MOSTRAS
1-Localización do noso tramo.
2-Analizaremos os microhábitat que atopemos no tramo. Fondos rochosos, areosos ou fangosos, raíces e vexetación mergullada, acúmulos de follas ou madeira morta.
3-Colleremos a rede e as bandexas e visitaremos un punto concreto para cada microhábitat .
4-Tomaremos mostras en cada un destes microhábitats
5- Envorcaremos o contino da rede na bandexa branca e engadiremos un pouco de auga
Grazas a que coñecemos os requirimentos ecolóxicos das distintas especies de macroinvertebrados acuáticos; podemos asociar a súa presenza ou ausencia a unhas determinadas características de calidade da auga.
Normalmente, os índices baséanse na identificación a nivel de familia dos macroinvertebrados, en grupos, seguindo un gradiente de menor a maior tolerancia a contaminación.
Cada familia ten puntuación que oscila entre 10 e 2.
INDICE DE MACROINVERTEBRADOS
O índice de macroinvertebrados extráese da seguinte referencia :
García F., Puig A.. Día Mundial del Control de la calidad del Agua. Ministerio de Medio Ambiente Rural y Marino. Edita Adecagua, 2008).Baseado nos traballos de Alba-Tercedor que pode consultarse na siguiente referencia:
Alba-Tercedor,J. MACROINVERTEBRADOS ACUATICOS Y CALIDAD DE LAS AGUAS DE LOS RIOS, IV Simposio del Agua en Andalucía ( SIAGA), Almeria, 1996, vol. II: 2
Dípteros
Puntuación: 2
Mosquito
Quironómido
Odonatos
Teñen a cabeza máis ancha que o resto do corpo, un abdome longo e delgado e catro ás membranosas transparentes.
Puntuación: 8
Libélula Cabaliño do demo
Coleópteros
As ás dianteiras (primeiro par de ás) dos escaravellos están transformadas en duros escudos, chamados élitros. Estes forman unha armadura que protexe a parte posterior do tórax, incluído o segundo par de ás, e o abdome. As ás anteriores non son usadas no voo.Puntuación: 4
Ditisco
Escribano
Heterópteros
Teñen as ás anteriores parcialmente endurecidas (élitros), coa parte basal dura e a apical membranosa.
Puntuación 4
Escorpión de agua
Nadador de espaldas
Zapatero
Efemerópteros
Teñen ás membranosas que non poden plegarse sobre o abdome e mantéñense en posición vertical, e dous ou tres "colas" (cercos) na extremidade do abdome.
As efémeras presentan filamentos abdominais e branquias sobre o abdome.
Puntuación: 8
PlecópterosTamén chamados “moscas das pedras”, posúen unha metamorfose onde os estados ninfales son acuáticos e os adultos voadores. As ninfas son aplanadas, con aparello bucal masticador e teñen longos cercos e antenas.
Os adultos son relativamente grandes, con catro ás membranosas que en repouso se encartan sobre o abdome. Os adultos tamén posúen cercos e antenas longas. As larvas son carnívoras. Aliméntanse de oligoquetos, crustáceos, larvas de outros insectos, etc.
P
Perla madritensis
As larvas habitan ríos libres de contaminación, con auguas rápidas, frías e ben osixenadas sobre fondos de pedras. Os adultos non se alonxan moito deses medios.
É unha especie moi esixente en canto a calidade das augas, polo que pode utilizarse como indicadora de contaminación. Constitúe un importante recurso trófico para as troitas e outros peixes de augas continentais.
Puntuación dos plecópteros:10
TricópterosCaracterízanse por presentar dous pares das ás cubertas de pelos que, en posición de repouso, se pregan sobre o corpo en forma de tellado.Fabrican un estoxo característico a base de pedras, areas ou paus unidos.
Puntuación: 8
Hirudíneos
Sambesuga
Os hirudíneos (Hirudinea) son unha clase do filo anélidos, coñecidos popularmente como sambesugas. A gran maioría de especies son de auga doce. Poden medir 20 cm e pesar ata 30 g. Hirudo é capaz de tragarse enteira unha lombriz tan longa como el. Son depredadores e aliméntanse de pequenos vermes, gasterópodos, crustáceos, larvas, cágados, crías, etc.
Puntuación: 4
Oligoquetos
Miñoca de auga
Puntuación 2
Crustáceos
Corpo com caparazón e máis de 3 pares de patas articuladas, da orde Crustáceos.
Son os únicos artrópodos con dous pares de antenas, teñen polo menos un par de maxilas e pasan por períodos de muda e intermuda para poder medrar.
Puntuación 5
Gambas
Moluscos
Limneídos
Ameixas
Planórbidos
Ancílidos
Cuncha calcaria secretada polo manto. Pé muscular.
Un órgano de alimentación chamado rádula formada por ringleiras de dentes quitinosos.
Puntuación 5
RESULTADOS OBTIDOS
A puntuación de cada grupo que aparece na mostraxe,
súmase e compárase coa táboa para obter o índice de calidade.
TÁBOA DE PUNTUACIÓN
RÍO TRABACONCELLO DE LOUSAME
MOSTRA DO LUGAR DE VILACOBA23 ABRIL-2010
PUNTUACIÓN 53.
CALIDADE DA AUGA: MOI BOA
TAXÓNS
PRESENTES
PUNTUACIÓ
N
Efemerópteros 8
Plecópteros 10
Tricópteros 8
Odonatos 8
Coleópteros 4
Heterópteros 5
Crustáceos 5
Moluscos 5
PUNTUACIÓN
FINAL
53