Post on 24-May-2015
Fábula ModernaFábula ModernaCLIC para Avanzar
Unha galiña encontrou uns grans de trigo e díxolles aos seus veciños:
“Se sementamos este trigo, teremos pan para comer”.
“Alguén me quere axudar a sementalo?”
“Eu non, estás tola!” – dixo a vaca.
“Nin eu. Teño outras cousas que facer!”, asegurou o parrulo.“Eu tampouco”, replicou o porco.
“Moito menos eu”, completou a cabuxa
“Entón sementarei soa ”, dixo a galiña. E así o fixo.
O trigo creceu e madurou, cuns grans dourados.
“Quen me axudará á seitura?”, quixo saber a galiña.
“Eu non; xa teño salario mínimo garantido”, dixo o parrulo.
“Non son parte das miñas funcións. Só se me dás unha compensación”, dixo o porco
“Non, despois de tantos anos de servizo”, exclamou a vaca
“Non vou arriscarme a perder o subsidio por “familia numerosa”, dixo a cabuxa
“Daquela, eu mesma farei a seitura”, dixo a galiña, e así foi.
Finalmente, chegou a hora de enfornar o pan.
“Quen me vai axudar a facer o pan?”, indagou a galiña.
“Eu fuxín da escola e non aprendín esas parvadas. Mantéñome co que me dan por asistir aos actos oficiais!”, dixo o porco
“Eu non podo arriscar a miña pensión por enfermidade”, dixo o parrulo.
“Supoñendo que só sexa para axudar, iso é discriminatorio”, refungou a cabuxa.
“Só se me pagan horas extras”, exclamou a vaca.
“Entón, eu mesma hei facelo”, exclamou a pequena galiña.
Cociñou 5 pans e púxoos nunha cesta para que os vecinos os visen.
De repente, toda a xente pasou e como quería pan, pedía un anaco. A galiña sinxelamente dixo: “Non! Vou comelos eu soa”.
“Lucros excesivos, usureira!”, gritou a vaca.
O porco rosmou: “A Paz, o Pan, a Educación, son para todos! O pobo ten dereitos!”
“Samesuga capitalista!”, exclamou o parrulo.
“Eu esixo igualdade de dereitos!”, gritou a cabuxa.
Pintaron carteis e pancartas dicindo “Inxustiza” e marcharon protestando contra a
galiña; gritaron obscenidades e toda clase de improperios.
OS MEUS DEREITOS!
INXUSTIZA!
ROUBANDO O PAN
AO POBO
FASCISTA
Chamaron a un fiscal do goberno, e díxolle á pobre galiña: “Vostede, galiña, non pode ser así tan egoísta. Vostede gañou pan por demais e por iso ten que pagar moitos impostos”
“Pero eu gañei ese pan co meu propio traballo e suor”, defendeuse a galiña“Os outros non quixeron traballar!”, replicou resentida.
“Exactamente” - dixo o funcionario do goberno. “Esa é a vantaxe da libre iniciativa”. Calquera persoa, nunha empresa, pode gañar o que queira. Pode traballar ou non traballar. Pero, de acordo coa nosa moderna lexislación “a máis moderna e adiantada do Mundo”, os traballadores máis produtivos teñen que dividir o produto do traballo cos que non fan nada.
Ademais diso, existen o IVA, o imposto ao cheque, o débito Bancario, o imposto á riqueza, o control cambiario, e demais impostos distorsivos. Todos eles para garantir a Saúde, a Educación e a Xusticia do noso pobo!
Debemos contribuír á “redistribución da riqueza!”
Agora, os veciños pasan todo o tempo preguntándose por que foi que a galiña nunca máis fixo un pan?
Esta fábula debería ser distribuída e estudada en todas as escolas.
Á xente non se lle axuda dándole de comer gratis, repartindo tarxetas para comprar comida.
Con iso, só se lle ensina que para vivir non é necesario facer ningún tipo de esforzo e quedan convencidos de que os
demais están obrigados a mantelos.
Á xente axúdaselle
dándolle traballoe só se pode xerar traballo nun país onde se estimula os
sectores produtivos, non onde se estimula a corrupción.
Un país onde non se estimula a produción non pode xerar nin recursos nin traballo para os seus cidadáns.