Post on 13-Jun-2015
A BIOMASAÉ a enerxía almacenada polos seres vivos. Ten como ponto de partida a fotosíntese, polo tanto, a materia orgánica é enerxía solar almacenada.
FORMAS DA BIOMASA
Biomasa vivaseres vivos.
Biomasa residual palla, serraduras, esterco, residuos de matadoiros, residuos urbáns.
Biomasa fosil carbón, petróleo, gas natural.
BIOMASA
APROVEITAMENTODIRECTO
APROVEITAMENTO INDIRECTO
ALIMENTOTRANSFORMACIÓN
EN BIOGÁS, BIOCOMBUSTIBLES…
COMBUSTIBLE
É unha enerxía química almacenada nos seres vivosLibérase cando teñen lugar reaccións químicas.
As reaccións químicas máis importantes que se utilizan para producir enerxía a partir da biomasa son as combustións.
Os seres humanos utilizaron o lume desde tempos remotos para quecerse, preparar alimentos, fundir metais, cocer cerámica, fabricar vidro... Utilizaban como combustibles restos vexetais, graxas de animais... Non se coñece exactamente cando se utilizou o lume por primeira vez, pero existen vestixios do seu uso polos habitantes das cavernas na Idade de Pedra.
Pepe Carreiro
A FOTOSÍNTESE
Por medio da FOTOSÍNTESE as plantas converten substancias inorgánicas (auga, CO2 e minerais) en materia orgánica. Elaboran moléculas complexas, como as proteínas e os lípidos, que lle proporcionan os materiais necesarios para a formación das súas estruturas e o crecemento dos seus órganos.
As plantas absorben a enerxía luminosa do Sol na fotosíntese, o comezo de toda a cadea de materia e enerxía que vai circulando duns seres a outros
O carbono é o elemento básico dos combustibles e o compoñente fundamental da materia viva. Circula na natureza nun ciclo constante e almacénase como enerxía aproveitable na biomasa e nos combustibles fósiles. Pasa dos vexetais aos animais a través dos alimentos. Os animais e os vexetais na respiración, as combustións e as bacterias liberan CO2 á atmosfera.
Os animais obteñen enerxía, para produciren calor e traballo muscular, a partir da combustión dos alimentos (azucres, hidratos de carbono, graxas...) co osíxeno (nutrición celular).Cando se queiman os alimentos no corpo dun animal libérase a enerxía química almacenada neles que o corpo emprega para facer funcionar o cerebro e os nervos, para moverse, para manterse quente...
CADEAS ALIMENTICIAS
PRODUTORES PRIMARIOS(VEXETAIS)
HERBÍVOROS CARNÍVOROS
OMNÍVOROS
Os distintos tipos de alimentos producen distinta cantidade de enerxía (que se mide en quilocalorías). Os máis enerxéticos son as graxas, seguidos dos hidratos de carbono e das proteínas.
alimentos enerxéticos
As persoas empregamos os músculos (coa enerxía dos alimentos) para realizar todo tipo de traballos e inventamos máquinas e ferramentas para obter un maior rendemento e facer un uso máis eficaz da nosa forza. Tamén aproveitamos as capacidades dos animais.
PROCESO UTILIDADE
Combustión Cociñar, calefacción, auga quente, xeradores eléctricos
Fermentación aeróbica
Etanol
Dixestión anaeróbica
Metano
Gasificación Auga quente, xeradores eléctricos, metano, metanol, amoníaco
Redución química Aceites
Hidrogasificación Metano, etano, carbón vexetal
Pirólise Aceites, gas, carbón vexetal
DISTINTOS PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN DA BIOMASA
madeira
leña
pallets
Briquetas feitas con resíduos de madeira.
Bosta a secar para ser usada como combustible
Briquetas feitas con resíduos de papel.
PROCESOS TERMOQUÍMICOS: Dous tipos de combustións, unha con exceso de aire, e outra en ausencia del: -a gasificación emprega pequenas cantidades-a pirolise (rotura de moléculas pola calor) faise sen negún aire.
Os materiais máis axeitados son a madeira, a palla, as cascas...
Elaboración tradicional de carbón vexetal facendo arder madeira con pouco osíxeno. Cubríase unha morea de leña cunha capa de terra e controlábase a combustión.
Planta que produce enerxía eléctrica utilizando como combustible resíduos vexetais procedentes da limpeza do monte.
PROCESOS BIOQUÍMICOS: cando a biomasa contén un alto grao de humidade pode transformarse por fermentación alcohólica en etanol e por dixestión anaerobica (ausencia de aire) en metano. Para a fermentación alcohólica emprégase materiais azucrados (remolacha, caña de azucre ...).Para a dixestión anaeróbica emprégase a biomasa cun alto contido en celulosa como son os resíduos agrícolas, gandeiros, industriais e urbanos, plantas acuáticas...
Os resíduos urbanos ou industriais poden ser tratados por distintos métodos para obter enerxía.
A dixestión anaeróbica. O biogás.A dixestión anaeróbica é a fermentación de materia orgánica realizada por microorganismos sen aire e durante longo tempo. Por descomposición desa materia obtéñense productos gasosos coñecidos como biogás, e unha suspensión sólida (lodos e fangos) que contén nitróxeno, fósforo e outros elementos minerais.A biomasa está composta por moléculas complexas (polisacáridos, proteínas, lípidos e lignina) que se van a descompoñer en moléculas máis sinxelas: metano (50-70 %), dióxido de carbono (50-30 %), e outros gases (Nitróxeno, Osíxeno, Hidróxeno, ácido sulfídrico).
Planta de Nostián-A Coruña. Producción de biogás e xeración de enerxía eléctrica a partir de resíduos urbanos.
Planta de NostiánA Coruña.
Xeradores eléctricos
Dixestores
Obtención de biogás nunha granxa porcina
xerador
fertilizante
Depósitode xurro
Planta de biogás a partir de lodos de augas residuais
Os biocombustibles elabóranse a partir da biomasa. En xeral melloran a combustión e reducen as emisións contaminantes dos combustibles derivados do petróleo.O biodiésel: elabórase a partir de aceites vexetais usados ou graxas animais. Habitualmente mestúrase con gasóleo en proporcións inferiores ao 50%. Tamén se podería elaborar a partir de resíduos vexetais por pirólise.
O bioetanol (gasohol) obtense de cultivos como a cebada, o trigo, o millo e a remolacha. Utilízase mesturado coa gasolina nunha proporción de ata un 10%. Pódese utilizar como único combustible en vehículos deseñados especialmente.
O principal problema é que compite coa produción alimentaria.
planta de bioetanol en Teixeiro
BIODIÉSEL A PARTIR DAS ALGASAs algas están compostas básicamente por proteínas, carbohidratos, ácidos nucleicos e ácidos graxos. Son estos últimos os que son convertidos en biodiésel, cun rendemento de máis do 50%.
VANTAXES INCONVENIENTES
-Produce menos contaminación que os combustibles fósiles.
-É unha forma útil de desfacerse de moitos resíduos forestais, urbanos, industriais…
-Os cultivos enerxéticos ocupan terras en países menos desenvolvidos que podería servir para producir alimentos. Ademais alteran os prezos.
-Altos custes da tecnoloxía
MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Internet.DEBUXOS: Mon Daporta,