Post on 27-Jun-2015
qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwerty
uiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasd
fghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzx
cvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq
wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui
opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg
hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc
vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq
wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui
opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg
hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc
vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq
wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui
opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg
hjklzxcvbnmrtyuiopasdfghjklzxcvbn
mqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwert
yuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopas
dfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklz
Emilia Pardo Bazán
Elena Bernárdez Neira
Contenido Biografía .................................................................................................................................... 4
Índice ............................................................................................................................................. 5
Traxectoria ................................................................................................................................ 6
Vencello con Galicia .................................................................................................................. 7
Pardo Bazán e Galicia ............................................................................................................ 8
A Real Academia Galega ........................................................................................................ 8
Feminismo ................................................................................................................................. 9
Obra ......................................................................................................................................... 11
Ensaio e crítica ......................................................................................................................... 11
Libros de viaxes ....................................................................................................................... 12
Lírica ........................................................................................................................................ 12
No cinema ............................................................................................................................... 13
Notas ....................................................................................................................................... 14
Galería de imaxes .................................................................................................................... 15
Vídeos ...................................................................................................................................... 16
Emilia Pardo Bazán
Nacemento: 16 de setembro de 1851
A Coruña Galicia /Galiza
Falecemento: 12 de maio de 1921 (69 anos)
Madrid España España
Nacionalidade: Galega
Ocupación: Escritora
Cónxuxe(s):
José Quiroga Pérez de Deza (10 de xullo de
1868)
Biografía
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada
en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica
literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como
figura pública.[1]
Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu
máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos.[2]
En recoñecemento polos seus
méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.[3]
Compaxinando a escritura de contos, a escritora galega decidiuse a escribir teatro, unha das súas
máximas paixóns. A partir de 1899 estreou El vestido de boda (1899), Verdad (1906) ou Cuesta
abajo(1906). A primeira fracasou e sucumbiu ante a fera crítica do seu tempo.[8]
Pardo bazán era unha figura recoñecida na vida literaria, cultural e social. En 1908 comezou a
utilizar o título de Condesa de Pardo Bazán, que lle outorgou Afonso XIII en recoñecemento á súa
importancia no mundo literario; desde 1910 foi conselleira de Instrución Pública; socio de número da
Sociedade Matritense de Amigos do País desde 1912... Dous anos despois impúxoselle a Banda da
Orde de María Luisa, e recibiu do Papa Bieito XV a Cruz Prol Ecclesia et Pontifice. En 1916 o
ministro de Instrución Pública nomeouna catedrática de Literatura Contemporánea de Linguas
Neolatinas na Universidade Central.
O 12 de maio de 1921, aos 70 anos de idade, Pardo Bazán morre debido a unha gripe[14]
que
complicou a diabete que padecía, sendo soterrada na cripta da igrexa da Concepción de Madrid.
Índice
1 Traxectoria
2 Vencello con Galicia
o 2.1 Pardo Bazán e Galicia
o 2.2. A Real Academia Galega
3 Feminismo
4 Obra
o 4.1 Ensaio e crítica
o 4.2 Libros de viaxes
o 4.3 Lírica
5 No cinema
6 Notas
7 Galería de imaxes
8 Vídeos
Traxectoria
Casa de Emilia Pardo Bazán na rúa das Tabernas (A Coruña)
Emilia Pardo Bazán e Rúa-Figueroa Somoza naceu o 16 de setembro de 1851 na vila da Coruña,
cidade que sempre apareceu nas súas novelas baixo o sobrenome de "Marineda". Foi a única filla
de José Pardo Bazán e Mosquera Rivera, avogado de profesión,[8]
e Amalia Rúa-Figueroa e
Somoza (1830-1915), casados o 30 de setembro de 1850.[9]
As orixes da familia da escritora remóntase aos séculos XIV e XV, entroncando co famoso
personaxe o mariscal conde Pardo de Cela, señor da casa de Moeche, cuxos descendentes ao
longo dos séculosXVI, XVII e XVIII chegan até Juan Pardo de Lama (1748-1797), casado con Luisa
Bazán de Mendoza (1759-1820), unión da que nace o avó de Pardo Bazán, Miguel Pardo
Bazán (1784-1839), colexial de Fonseca, tenente coronel do célebre Batallón Literario de Santiago
de Compostela, quen herda por morte do seu tío paterno Antonio Pardo Patiño, en 1813, os bens e
rendas de varias casas fidalgas espalladas por diversas parroquias e concellos das provincias
da Coruña e Pontevedra.[9]
Miguel Pardo Bazán, avó da escritora, casou con Joaquina Mosquera e Rivera, o 13 de setembro de
1813, na Coruña; deste matrimonio naceu o seu fillo José Pardo Bazán y Mosquera Rivera (1827-
1890), pai de Emilia, avogado, político liberal moderado e conde de Pardo Bazán por título pontificio
concedido polo papa Pío IX, en 1871 (autorizado en España polo rei Amadeo de Savoia mediante o
decreto do 3 de febreiro de 1872[9]
) debido á defensa que fixo da relixión católica como relixión do
estado na asemblea constitucional formada trala Revolución de 1868.[10]
Vencello con Galicia
Estatua de homenaxe a Pardo Bazán no Carballiño.
A diferenza de moitos intelectuais da época, Pardo Bazán consideraba o galego, ao igual
có castelán, unha lingua romance descendente do latín.
O galego é un romance... Filoloxicamente ningún romance pode proceder doutro romance: todos eles son corrupcións
fonéticas e renovacións dialectais do latín...
De mi tierra
Porén, nas súas obras referíase ao galego como dialecto, xa que consideraba lingua a aquel
dialecto que conseguía facerse oficial nunha terra.
Lingua nacional é tan só, no senso político, a que logra prevalecer e impoñerse a unha nación; e as demais que nela se
falen, dialectos
De mi tierra
A escritora referiuse tamén á orixe común do galego e do portugués.
O portugués na corte de España pasa por galego. E non cabe dúbida, a orixe de ambos romances é o mesmo; tal vez
foron, ao principio, unha soa lingua.
De mi tierra
Nun tempo no que moitos dos seus coñecidos galegos como Curros Enríquez e Pondal comezaban
a escribir en galego, Pardo Bazán sempre se decantou polo castelán polo feito de ser esta unha
lingua oficial, prestixiosa e cun público maior.
É mellor ser castelán que catalán, e francés que castelán para isto da publicidade e do nome.
(Oller 1985)
Pardo Bazán consideraba o galego como unha lingua popular, estreitamente vencellada á terra e ao
fogar.
Cun deixe grato e fresquísimo que impensadamente se nos sobe aos beizos cando necesitamos balbucir unha frase
amante, arrolar a unha criatura, lanzar un festivo epigrama, exhalar un !ai! de pena... Sempre sentimos a proximidade
do dialecto... co seu calor de fogar
De mi tierra
Tamén se referiu ás obras de escritores galegos contemporáneos do Rexurdimento como Rosalía
de Castro, chegando a dicir que "os poetas fan falar aos labregos". A escritora comentou a poesía
de Rosalía en Follas Novas dicindo o seguinte:
Cando nos engaiola é ao obxectivar a súa inspiración, ao impregnarse do sentimento do pobo, ao reproducilo cun sen
igual donaire, ao aceptar o carácter verdadeiro deste renacemento rexionalista, onde forzosamente domina o elemento
idílico e rústico, por virtude da lingua que, dende hai tanto tempo, soamente vive entre silvanos e ninfas agrarias.
(De mi tierra, 1888:29)
Pardo Bazán e Galicia
Está claro que no atraso de Galicia hai un problema histórico relevante que vai deixar unha fonda pegada. Despois da
amputación de Portugal quédase Galicia como membro destroncado, sen vida propia. Cando Portugal se alza e domina
o Océano... Galicia anúlase: Mentres a irmá do alén Miño vístese de brocado e ouro, a de aquén solta entristecida o
seu vello laúde, retírase á montaña, calza zocas de pastora, e soamente ao morrer a tarde e recoller os seus gandos
entoa algunha copla rústica.(De mi tierra, 1888:21)
Asemade, Pardo Bazán referiuse á situación de marxinalidade que sufriu Gaicia historicamente.
As nosas provincias levan padecendo dende tempo inmemorial pesar sobre os seus ombreiros a lei común, sen un só
momento de acougo, nin a protección que requeriría a súa pobreza e as calamidades que algunha vez as desolaron...
Galicia non foi atendida nin respectada nas súas xustas pretensións como o foron provincias máis revoltosas e malas
de contentar. (De mi tierra, 1888:40)
A Real Academia Galega
O precedente da Real Academia Galega foi a Comisión Xestora para a creación da
Academia Galega, promovida pola Pardo Bazán e Ramón Pérez Costales. Montouse
sobre a base da sociedade mencionada, El Folk-Lore Gallego, presidida pola escritora.
Feminismo
Conxunto escultórico en memoria da escritora nos Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña.
Pardo Bazán foi das primeiras españolas en amosar inquedanzas no campo dos
dereitos da muller, consciente de que unha das principais causas da posición inferior
das mulleres radicaba na ignorancia que impoñía o sistema patriarcal. Publicou varios
artigos nos cales denunciou o sexismo predominante en España e onde suxeriu
cambios a prol da muller, comezando coa posibilidade dunha educación semellante á
que recibía o home do seu tempo.
A educación da muller non pode chamarse tal, senon doma, pois proponse por fin a
obediencia, a pasividade e maila submisión.
Emilia Pardo Bazán
Para min é evidente que a educación completa e racional, totalmente humana, da muller,
non danará, antes fomentará, a verdadeira virtude. Mais admitide que sucedese o
contrario: aínda así, habería que dárllela, so pena de declarar prefirible á cultura e a
civilización o estado de barbarie primitiva, triste paradoxo dos retrógados máis ou menos
disfrazados, como Jean-Jacques Rousseau.(La educación del hombre y de la mujer)
Emilia Pardo Bazán
Este sistema educativo, onde predominan as medias tintas, e onde se evita como un
sacrilexio o afondar e o consolidar, dá o resultado inevitable; limita á muller, a estreita e
mingua, facéndoa máis pequena aínda có tamaño natural, e manténdoa nunha perpetua
nenez. Ten un carácter puramente externo; é, citando máis, unha educación de codia; e
se pode infundir pretensións e conatos de coñecementos, non acada a estimular
debidamente a actividade cerebral. (La mujer española)
Emilia Pardo Bazán
Pardo Bazán tamén se referiu ás leis do seu tempo que, permitindo á muller estudar,
non permitían a esta traballar de acordo coa súa formación académica.
Desgraciadamente en España, a disposición que autoriza á muller para recibir igual
ensinanza có home ..é letra morta nos costumes... As que permiten á muller estudar unha
carreira e non exercela son leis inicuas. (La educación del hombre y de la mujer)
Emilia Pardo Bazán
A escritora galega fundou en 1892 a publicación La Biblioteca de la mujer. Asistiu a
congresos como o Congreso Pedagógico, onde denunciou a desigualdade educativa
entre o home e a muller. Aínda consciente do sexismo dentro dos círculos intelectuais,
propuxo a Concepción Arenal á Real Academia de la Lengua, sendo rexeitada;
tampouco aceptaría esta a Gertrudis Gómez de Avellaneda nin a ela (foi rexeitada tres
veces, en 1889, en 1892 e en 1912), por máis que en 1906 chegou a ser a primeira
muller en presidir a Sección de literatura do Ateneo de Madrid e a primeira en ocupar
unha cátedra de literaturas neolatinas na Universidade Central de Madrid, aínda que
só asistiu un estudante á súa clase.
Obra
Pascual López (1879)
Un viaje de novios (1881)
La tribuna (1882)
El Cisne de Vilamorta (1885)
La dama joven (1885)
Bucólica (1885)
Los pazos de Ulloa (1886-1887)
La madre naturaleza (1887)
Insolación (1889)
Morriña (1889)
Una cristiana (1890)
La prueba (1890)
La piedra angular (1891)
La quimera (1905)
Dulce dueño (1911)
De mi tierra (1888)
Cuentos escogidos (1891)
Cuentos de Marineda (1892)
El tesoro de Gastón (1897)
El encaje roto (1897)
Cuentos sacroprofanos (1899)
La rosa (1899)
La gota de sangre (1911)
Belcebú (?)
La sierpe (?)
Cada uno... (?)
Ensaio e crítica
Lectora dos clásicos españois, interesouse polas novidades literarias estranxeiras.
Deuse a coñecer como escritora por vez primeira co Estudio crítico de las obras del
padre Feijoo (1876), co que gañou un premio, competindo nese certame coa
tamén galega Concepción Arenal. Asemade, da súa obra ensaística destaca La
revolución y la novela en Rusia (1887), Polémicas y estudios literarios (1892) e La
literatura francesa moderna (1910), nas que se amosa atenta ás novidades de finais
de século na Europa de xacando.
Estudio crítico de las obras del padre Feijoo (1876)
Ensaio que escribe co gallo do centenario da morte do Padre Feijoo e no que se da a
coñecer como escritora.
Los poetas épicos cristianos (1895)
La cuestión palpitante (1883)
Escolma de artigos —algúns dos cales xa publicara en revistas— nos que explica a
súa posición fronte ao naturalismo.
La revolución y la novela en Rusia (1887)
Ensaio sobre a influencia da novela rusa.
Nuevo Teatro Crítico (1891-92)
Revista publicada pola escritora, de carácter cultural e divulgativo que rende homeaxe
ao Feijoo.
Polémicas y estudios literarios (1892)
Lecciones de literatura (1906)
La literatura francesa moderna (1910)
La cocina española antigua (1913)
Porvenir de la literatura después de la guerra (1917)
Libros de viaxes
Al pie de la torre Eiffel (1889)
Por Francia y por Alemania (1889)
Por la España pintoresca (1895)
Por la Europa católica (1905)
Lírica
Jaime (1876)
No cinema
A vida de Emilia Pardo Bazán foi representada no filme Emilia Pardo Bazán, a
condesa rebelde, de 2011, dirixido por Zaza Ceballos e con Susana Dans como
protagonista.
Notas
1. ↑ Dona Emilia, 'a Pardo Bazán' Introducida o 28/12/2010
2. ↑ Emilia Pardo Bazán (Michigan State University) Introducida o 28/12/2010
3. ↑ González-Doria. Diccionario heráldico y nobiliario de los reinos de España.
Bitácora. San Fernando de Henares, 1987.ISBN 8486832004.
4. ↑ Historia da Real Academia Galega realacademiagalega.org. Introducida o
30/12/2010
5. ↑ 5,0 5,1 Emilia Pardo Bazán, unha defensora dos dereitos das mulleres que
naceu hai 159 anos Introducida o 28/12/2010
6. ↑ Emilia Pardo Bazán, promotora del feminismo en España (y
II) Laopinioncoruña.es Introducida 28/12/2010
7. ↑ Feminismo Michelle Wilson, Michigan State University. Introducida o
28/12/2010
8. ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Emilia Pardo Bazán (1851-1921) Wooster.edu, consultada o
12/06/09
9. ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 Familia e patrimonio de Emilia Pardo Bazán e do seu marido
José Quiroga (XXXIII) Faro de Vigo, consultado o 9/06/09
10. ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 Pattise
Galería de imaxes
Vídeos
“A condesa rebelde” (trailer da película sobre a vida da escritora Emilia Pardo Bazán)
“Repaso biográfico de la escritora Emilia Pardo Bazán” (breve resumo da súa vida)
“ ”