Post on 13-Aug-2015
ACTIVIDADE COMPETENCIAS
A señora Vilanova recibiu esta carta na que a informan do próximo vencemento do
contrato de mantemento da súa caldeira de calefacción e auga quente.
CALDEGAL S.A.
SERVIZO TÉCNICO
Avda. Castelao, 1
Teléf.: 667111111
Fax 981222222
www.caldegal.com
MARÍA VILANOVA LAMEIRO Rúa do Mar, 2 - esq.
Muros Carballo, 4 de xaneiro de 2013
Estimado cliente:
O próximo 17/02/2013 vence o seu contrato n.o 47SP/1997041983 (S) que ten
subscrito para o mantemento da súa caldeira de calefacción e auga quente.
O importe de renovación para unha nova temporada é de 94,52 euros e seralle
presentado no seu banco segundo os datos de domiciliación que obran no
noso poder (rogámoslle nos comunique calquera posible cambio na súa conta
bancaria). Se a súa forma habitual de pagamento é outra, o recibo estará coma
sempre á súa disposición nas nosas oficinas.
Aproveitamos a ocasión para comunicarlle que, con esta renovación,
incluímoslle totalmente gratis un seguro Multiservizo (reparacións urxentes de
fontanaría, cerrallaría e electricidade). Tamén a informamos de que, co desexo
de que os nosos contratos se adapten aínda máis ás súas necesidades, e en
resposta ás súas peticións, incorporamos novas coberturas.
Chámenos e informarémoslle amplamente. Interesaranlle.
Grazas pola súa confianza. Reciba un cordial saúdo.
DEPARTAMENTO DE CONTRATOS DEPARTAMENTO DE CLIMATIZACIÓN. AIRE ACONDICIONADO, INTERESANTES CONDICIÓNS ECONÓMICAS, IMPORTANTES DESCONTOS, FINANCIAMENTO. MÁIS INFORMACiÓN
667111111.