AproximacióN Aos Blogues

Post on 09-Jul-2015

525 views 6 download

Transcript of AproximacióN Aos Blogues

Aproximación aos blogues

Un blogue (tamén chamado weblog ou caderno de bitácora) é un sitio

dinámico na rede no que se recollen artigos ou anotacións persoais de

maneira cronolóxica

Tamén ofrece opcións de interactividade para o

visitante, fundamentalmente a través dos comentarios

a) Blogroll ou lista de blogues: é o menú que se mostra nun lateral da

portada e no que aparece a listaxe de ligazóns recomendadas

b) Comentarios: son o motor da interactividade entre o autor e o lector

e o que axuda a crear coñecemento e feed-back.

c) Ligazón permanente ou permalink: cada anotación ten unha páxina propia cun enderezo específico de xeito que se pode ligar e recuperar

de xeito independente.

d) Etiquetas (tags) e categorías: son os elementos que facilitan a organización e identificación dos contidos.

e) Plugin e widget: son complementos que permiten ampliar as posibilidades do caderno: calendario, barra de vídeos, etc.

f) Post, artigo ou anotación: o corpo do contido que forma o blogue.

g) RSS, feed ou sindicación: a través destes elementos recollemos avisos e contidos cando un sitio de novas ou blogue que nos interesa

actualiza a súa información.

Cada bitácora posúe o seu enderezo (URL) propio, mais tamén cada anotación ou post (ligazón permanente), así como cada unha das páxinas, se é que dispón deses espazos complementarios. De por parte, ofrece a sindicación ou subscrición ao que se publica,

tanto post como comentarios, mediante RSS, de xeito que podemos recibir as súas novidades.