Post on 28-May-2020
O B R A S D E A L I C E M U N R O
Dance oftheHappyShades, 1968, contos. A vida das mulleres (LivesofGirls and Women, 1971), Lumen, 2011, novela. SomethingI’ve Been Meaning to Tell You, 1974, relatos entrelazados. Who Do YouThinkYou Are? o The BeggarMaid, 1978, contos. As lúas de Xúpiter (The MoonsofJupiter, 1982), De Bolsillo, 2010, contos. O progreso do Amor (The ProgressofLove, 1986), RBA, 2009, contos. Amizade de xuventude (FriendofMyYouth, 1990), De Bolsllo, 2010, contos. Segredos a voces (Open Secrets, 1994), RBA, 2008, contos. O amor dunha muller xenerosa (The Loveof a GoodWoman, 1998), RBA, 2009, contos. Odio, amizade, noivado, amor, matrimonio (Hateship, Friendship, Courtship, Loveship,
Marriage, 2001), RBA, 2007, contos. Escapada (Runaway, 2004), RBA, 2005, contos. A vista desde Castle Rock (The ViewfromCastle Rock, 2006), RBA, 2008, relatos enlaza-
dos sobre a sua familia. Demasiada felicidade (Too MuchHappiness, 2009), Lumen, 2010, contos. A miña querida vida (DearLife, 2012), Lumen, 2013, contos.
Alice AnnMunro
Alice Ann Munro, nada co nome de Alice Ann Laidlaw en Wingham (Ontario) o 10 de xullo de 1931, é unha narradora canadiana, sobre todo de relatos. Está considerada como unha das escritoras actuais máis destacadas en lingua inglesa. En 2013 foille outorgado o Premio Nobel de Literatura.
PREMIO NOBEL
DE LITERATURA 2.013
Relata a historia dunha pequena que vive
cos seus pais no pobo de Jubilee e narra o seu
día a día, a su relación coa familia, os veciños
e os amigos. A través dos seus ollos observa-
mos o mundo e compartimos o proveito que
saca do que ve. A pequena compadécese do
pai, admira a nai e comprende que tarde ou
cedo chega o momento no que hai que elixir
entre unha mediocridade riseira-fogar, igrexa,
matrimonio, fillos- e outras opcións máis intere-
santes e arriscadas.
A vida das mulleres. Ficción moderna e contemporánea, 1971.
Cuarta edición en DEBOLSILLO, 2013. 373 Páxinas.
As lúas de Xúpiter Contos, 1982.
Edición en DEBOLSILLO, 2013. 286 Páxinas.
“Pasabamos os días á
beira do río Wawasnash
axudando o tío Benny a
pescar. Atrapábamos ras
para él. Perseguiámolas,
axexabámolas, acercabá-
monos moi amodo a elas,
o longo da beira lodosa
baixo os salgueiros e nos
pantanosos fondais cu-
bertos de xuncos e espa-
danas que deixaban finí-
simos cortes, ó principio
invisibles, nas nosas
pernas núas....”
Indaga na vida de mulleres atrapadas
na rutina, invisibles, abnegadas e aparente-
mente conformadas con ser un satélite do ma-
rido ou o pai enfermo o que coidan, pero es-
perando, sempre, encontrar un instante de
paixón, por breve que sexa, que devolva un
pouco de brillo asua existencia. Munro ofréce-
nos un catálogo de mulleres ó borde do abis-
mo: frías, infieis, insensatas ou desesperadas,
pero todas tocadas por un pálido raio de es-
peranza.
“A curmá Iris de Filadel-
fia era enfermeira, a
curmá Isabel de Des Moi-
nes tiña unha floristería,
a curmá Flora de Winn-
peg era mestra, a curmá
Winifred de Edmonton,
contable. Chamábaselles
señoras solteiras...
Naqueles tempos o pare-
cer a cuestión era que o
corpo da muller engorda-
ra e madurara ata chegar
a unha boa talla corenta
e seis...”
Amizade de xuventude Contos, 1990.
Ediciónen DEBOLSILLO, 2013. 318 Páxinas.
“Soñaba a miúdo coa
miña nai e, aínda que
os detalles do soño
variaban, a sorpresa
era sempre a mesma.
O soño detíñase, supo-
ño que porque era
demasiado transparen-
te na súa esperanza,
demasiado compra-
cente no seu perdón...”
Ofrece as historias de distintas mulleres
derrotadas por unha existencia mediocre. A
viúva que visita o escenario das glorias milita-
res do seu marido, a muller que soña cada
noite coa súa nai morta ou a que se obsesio-
na por unha poetisa menor, asisten impoten-
tes o derrube paulatino das súas vidas. Unha
serie de relatos extraordinarios nos que Mun-
ro desprega o seu asombroso dominio narrati-
vo eo seu talento para crear novos universos
a través da sutileza dos detalles.