A Auga Maxica

Post on 03-Jul-2015

660 views 6 download

Transcript of A Auga Maxica

A auga máxicaCONTO ILUSTRADO POLOS NENOS E NENAS DE

PRIMEIRO DE PRIMARIA (09/10)

Texto: adaptación do orixinal da Editorial Santillana.

En certa ocasión, nunha pequena aldea, unha muller púxose gravemente enferma.

Os seus dous fillos trouxeron médicos dos arredores, mais ningún deles conseguía curala.

Un bo día, un veciño que foi visitar á pobre señora, díxolles aos dous fillos da muller:

- Se a vosa nai bebese da auga máxica do bosque encantado, seguro que melloraba axiña. Está máis aló da vosa aldea, pero din que quen se adentre neste bosque, nunca dará saído. Tamén din que a fonte está vixiada por unha horrible serpe.

Se a vosa nai bebese

da auga máxica...

Xulián, o máis vello dos irmáns decidiu ir buscar a auga máxica. Preparou unha bolsa de comida para o camiño e partiu cara o bosque encantado.

Camiñou unha chea de tempo e esgotado, deitouse debaixo dunha árbore e quedou durmindo.

Cando espertou, encontrouse cunha velliña que se dirixiu a el dicíndolle:-Ei, rapaz, podes axudarme a apañar estas pinas do chan? Estou moi vella e cústame moito agacharme.

Ei, rapaz! Podes

axudarme...?

Xulián respondeu:-Síntoo señora. Teño présa e non me podo entreter.

Síntollo señora.

Teño présa...

Pero aquela velliña era a meiga do bosque encantado e decidiu darlle unha lección polo seu comportamento pouco bondadoso.

Enviou un refacho de vento e lanzou a Xulián a un barranco do que o rapaz non foi capaz de saír.

Pasaran xa moitos días e Martiño, o irmán máis novo, como viu que Xulián non regresaba, decidiu saír el na procura da auga máxica.

Andou e andou polo bosque encantado, e, esgotado, deitouse ao pé dunha árbore e quedou durmindo.

Cando espertou tamén se atopou coa mesma velliña que lle pediu o mesmo favor. Martiño apañou moitas pinas e deullas á velliña.

Axúdasme,

rapaz?

A meiga do bosque díxolle: “Es un rapaz de bo corazón. Eu sei que andas buscando a fonte da auga máxica e quero axudarche.

Es un rapazMoi

bo...!

Toma esta pequena póliña de xesta. Se a apertas forte coa man, faraste invisible. Así, a serpe que vixía a fonte non verá que te achegas para coller a auga.

Toma esta

poliña...

Toma tamén esta folla de carballo. Así que collas a auga, pasa a folla pola fronte e poderás ir voando a onde desexes”.

Toma esta folla

de carballo...

Martiño seguiu o camiño e non tardou en dar coa fonte. Agochado detrás dun carballo, viu a terrible serpe que a rodeaba.

Apertou a xesta na man, e sen problema ningún puido coller unha botella de auga.

Despois, pasou a folla pola fronte, e, ao momento saíu voando e apareceu a carón do leito de súa nai.

A nai, nada máis tomar dúas pingas da auga milagreira, saltou da cama recuperada. Que felices estaban nai e fillo! Pero a ledicia non era completa, pois nada sabían de Xulián...

Daquela, Martiño, lembrou o poder da folla que lle dera a meiga. Fretou a fronte coa folla de carballo e desexou ir voando a onde estivera seu irmán.

E axiña se atopou co barranco onde Xulián quedara atrapado.

Despois, os dous fretáronse coa folla e volveron voando á casa onde os agardaba a nai.

E coa auga máxica e a folla voadora, este conto rematou agora.

A auga máxicaCONTO ILUSTRADO POLOS NENOS E NENAS DE

PRIMEIRO DE PRIMARIA (2009/2010)

Texto: adaptación do orixinal da Editorial Santillana.